From Wikipedia, the free encyclopedia
A cuarcita, ás veces chamada metacuarcita, é unha rocha metamórfica dura cun alto contido de cuarzo,[1][2] de textura non foliada.[3] A súa coloración pode ser branca, gris, rosada o avermellada.[1][4]
Na súa composición, a maioría das cuarcitas chegan a ter máis do90 % de cuarzo e algunhas incluso 99 %.[1]
O termo cuarcita a miúdo é usado erroneamente[5] para designar á cuarzoarenita ou ortocuarcita, rocha sedimentaria cementada con sílice que precipitou de augas intersticiais durante a súa diaxénese.[1][2]
A cuarcita fórmase por recristalización a altas temperaturas e presións.[1] É unha rocha carente de foliación.[3] Se presenta capas de folliñas paralelas de mica branca a rocha adquire unha estrutura xistosa e pasa a chamarse xisto de cuarzo.[1][4]
A súa meteorización é lenta e produce solos infrecuentemente delgados. A súa resistencia á erosión fai que formacións de cuarcita sobresaian na paisaxe, como é o caso de numerosas cristas nos montes Apalaches,[1][4] ou, a menor escala, no val do río Ulla no lugar de Gundián.
A cuarcita pura emprégase como unha fonte natural de cuarzo para procesos metalúrxicos e para fabricar ladrillos de sílice.[1][4]
Na industria úsase cuarcita de alta pureza para fabricar ferrosilicio, aliaxes de ferro e silicio nas que o contido en silicio varía entre o 15 e o 90 %, sendo as máis utilizadas as que conteñen o 75 % de silicio, xa que representan os 3/4 do uso do silicio (excluíndo o SiO 2) e o 20 % da produción de aliaxes ferrosas.[6] A este respecto cabe destacar que a fábrica da FerroAtlántica de Cee, a de maior antigüidade e cabeceira do complexo industrial Cee-Dumbría, ten unha capacidade anual de produción de 18.000 t de ferrosilicio (ademais de 37.000 de silicomanganeso, 55.000 de ferromanganeso, 6.000 de pasta de eléctrodos e 3.000 de microsílice).[7]
As cuarcitas úsanse tamén como balasto* en camiños e vías férreas.[1] Outros usos son como rocha ornamental na construción e para facer esculturas.[2][3]
Cómpre dicir tamén que, durante a Idade de pedra a cuarcita era usada como un substituto de menor cualidade para o sílex.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.