Arenito
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os arenitos[1][2] son rochas sedimentarias de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da lulita, é a rocha sedimentaria máis importante.

Aspecto
Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda o dunha lixa. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á meteorización (cuarzo principalmente, micas, feldespatos e óxidos) e fragmentos de rochas.
Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, feldespatos e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitos os de cuarciarenitas (arenitas de cuarzo), as arcosas (arenitos de feldespatos), grauvacas (rochas con máis do 15% de matriz) e litaneritas (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as calcarenitas (formadas por fragmentos de rochas carbonatadas).
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.