Serra do Eixe
cadea montañosa de orientación NO-SL no leste de Galiza From Wikipedia, the free encyclopedia
cadea montañosa de orientación NO-SL no leste de Galiza From Wikipedia, the free encyclopedia
A serra do Eixe[1][2][3][4][5][6] ou serra do Eixo[7] é unha cadea montañosa de orientación NO-SL situada no leste de Galicia, a cabalo entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras. Fai parte do macizo de Pena Trevinca.
Tipo | montaña Lugar de importancia comunitaria | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mazico de Pena Trevinca | |||
Localización | ||||
División administrativa | A Veiga, España e Carballeda de Valdeorras, España | |||
Localización | A Veiga | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 2.127 m | |||
Punto máis alto | Pena Trevinca (2.127 m ) | |||
Nela atópanse as alturas máis elevadas de Galicia: Pena Trevinca con 2127 m, Pena Negra con 2121 m, e Pena Surbia con 2116 m de altitude. Separa as concas do río Xares e do río Sil. Dun extraordinario interese natural, nela está O Teixedal, espazo único en Europa e vales glaciares. A aldea de Xares é dun gran valor arquitectónico e etnográfico e padece un lamentable abandono. Parte da Serra está incluída como lugar de importancia comunitaria proposto para a Rede Natura 2000. Encóntrase moi danada por explotacións de lousa e ameazada pola construción de parques eólicos. Limita cun parque natural de Seabra da provincia de Zamora pero a Xunta de Galicia carece dun proxecto de creación dun parque similar no territorio galego. Porén os seus atractivos propiciaron investimentos en turismo rural e de natureza e a declaración da Veiga como municipio turístico de Galicia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.