O alcanforeiro[1], tamén coñecido como alcanforeira ou canforeira[2] (Cinnamomum camphora), é unha árbore da familia das lauráceas que acada dimensións de até vinte e cinco metros de altura, de copa piramidal e follas alternas, orixinaria de Extremo Oriente, da madeira do cal se obtén o alcanfor por destilación.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Alcanforeiro

Un alcanforeiro senlleiro e vello, cunha idade estimada de 1000 anos, no Xapón
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Laurales
Familia: Lauraceae
Xénero: Cinnamomum
Especie: C. camphora
Nome binomial
Cinnamomum camphora
(L.) J.Presl
Pechar

Os alcanforeiros do Pazo de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Ilustración

Hábitat e distribución

A planta procede do Extremo Oriente, sendo moi común na China, no Xapón e en Taiwán. Cultívase tamén en numerosos países de clima cálido e nas rexións costeiras do Pacífico nos Estados Unidos.

Descrición

É unha árbore grande que pode acadar os vinte e cinco metros de altura coas pólas febles. As folla son persistentes, alternas, pecioladas, de forma ovalada, coriáceas e acuminadas, de cor verde brillante e con tres nervios principais que presentan na súas axilas unhas pequenas glanduliñas. As flores son brancas amarelentas e aparecen en maio-xuño agrupadas en panículas corimbosas dispostas nas súas axilas. O froito é unha baga en forma de globo de cor arroibada que torna a negro cando vai chegando.

Principios activos

Propiedades

  • En grandes doses é narcótico e irritante, porén, en doses miúdas é sedante, antiespasmódico, diaforético, antihelmíntico e balsámico.
  • En aplicación externa pode aliviar as dores de cabeza e neuralxias. (preferentemente con alcol alcanforado).
  • Tamén se utiliza o alcol alcanforado para aliviar as dor de moas.
  • Cómpre utilizarse baixo control médico pois a súa intoxicación produce dor gástrica e vómitos, febleza e rixidez muscular. Os paxaros son moi sensíbeis aos seus vapores e se se expoñen a eles poden finar en só 15 minutos.[3]
Thumb
Ramallada dun alcanforeiro.

Taxonomía

Cinnamomum camphora foi descrita por (L.) J.Presl e publicado en O Prirozenosti rostlin, aneb rostlinar 2: 47. 1825.[4]

Etimoloxía

Cinnamomum: nome xenérico que provén do grego Kinnamon o Kinnamomon, que significa madeira doce. Este termo grego probabelmente provén do hebraico quinamom, o cal ten orixe nunha versión anterior ao termo Kayu manis, que na linguaxe de Malaisia e Indonesia tamén quere dicir madeira doce.

camphora: epíteto latino que significa "alcanfor".[5]

Sinonimia
  • Camphora camphora (L.) H.Karst.
  • Camphora hahnemannii Lukman.
  • Camphora hippocratei Lukman.
  • Camphora japonica Garsault
  • Camphora officinarum Nees
  • Camphora officinarum Bauh.
  • Camphora officinarum var. glaucescens A.Braun
  • Camphora vera Raf.
  • Camphorina camphora (L.) Farw.
  • Cinnamomum camphoriferum St.-Lag.
  • Cinnamomum officinarum Nees ex Steud.
  • Laurus camphora L. basónimo
  • Laurus camphorifera Salisb.
  • Laurus gracilis G.Don
  • Ocotea japonica (Garsault) Thell.
  • Persea camfora Spreng.
  • Persea camphora (L.) Spreng.[6]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.