Cemiterio de Adina
camposanto da parroquia de Iria Flavia, no concello de Padrón From Wikipedia, the free encyclopedia
O cemiterio de Adina é un camposanto situado en Iria Flavia. En 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que o cemiterio de Adina forma parte.[1][2]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Adina.
Cemiterio de Adina | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | cemiterio | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Padrón | |||
Parroquia | Iria Flavia | |||
[ Wikidata ] |
Historia
O simiterio da Adina |
Encóntranse en Adina sartegos datados entre os séculos VI e X que conforman unha necrópole cristiá[4] de época romana tardía e sueva.[1][5][6]
Rosalía de Castro dispuxo ser soterrada neste cemiterio trala súa morte en 1885,[7] non obstante os seus restos foron exhumados en 1891 para ser trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres.[8] No camposanto de Adina foi tamén soterrado o mestre e filántropo José María Vidal Cepeda.[9] No cemiterio quixo Camilo José Cela ser enterrado o pé dunha oliveira e a carón dos seus devanceiros,[10] entre os que se atopan John Trulock e Camilo Bertorini.[11]
O 23 de agosto de 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que forman parte o cemiterio de Adina e a casa dos cóengos, ó ser un conxunto arqueolóxico, histórico e artístico singular.[1][2] As oliveiras centenarias de Adina están consideradas árbores senlleiras de Galicia.[12]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.