Remove ads
parroquia civil do concello de Padrón From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Iria Flavia é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.996 habitantes (947 homes e 1.049 mulleres) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.356 habitantes.
Iria Flavia | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Iria Flavia. | |
Concello | Padrón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°44′45″N 8°39′20″O |
Poboación | 1.996 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 30[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situada na confluencia dos ríos Sar e Ulla, Iria foi unha cidade portuaria, poboación principal da tribo celta Capori. Os romanos nomearon o porto como Iria Flavia para eloxiar ao emperador romano Vespasiano, primoxénito da dinastía Flavia.
Non máis tarde do ano 561, quizais a partir do 400, Iria foi a sé dun bispado, tamén coñecido en latín como Locus Sancti Iacobi ('lugar de Santiago'), que se converteu en sufragáneo do metropolitano da Arquidiocese de Braga e, máis tarde, compartiu a súa sé con Compostela, que se converteu no principal destino de peregrinación de Iberia (rivalizando con Roma e Xerusalén) ao ser completamente trasladado alí en 1095.
Iria Flavia coñécese popularmente co nome de Adina.[2] Rosalía de Castro referiuse nos seus versos ó cemiterio anexo:
Ou
e foi enterrada no mesmo á súa morte en 1885, onde permaneceu ata que en 1891 os seus restos foron trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago.
Lugares da parroquia de Iria Flavia no concello de Padrón (A Coruña) | |
---|---|
A Aduana | Anteportas | Arretén | O Barco | A Calzada | Cambelas | O Couto | A Horta | Iria Flavia | Lestido | Luáns | A Matanza | O Montiño | O Muelle | O Paraíso | Pazos de Iria | Pedreda | O Piñeiro | O Pombal de Abaixo | O Pombal de Arriba | A Ponte | A Porta dos Mariños | A Pousa | Quintáns | Romarís | O Roucón | A Rúa | O Rueiro | O Souto | Vista Alegre |
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón | |
---|---|
Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.