Remove ads
arquidiocese católica con sé en Braga From Wikipedia, the free encyclopedia
A arquidiocese de Braga é unha arquidiocese con sé eclesiástica na catedral de Braga.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 990.700 (2018) (346,76 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua portuguesa | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.857 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | século XII | ||||
Catedral | Catedral de Braga | ||||
Sitio web | diocese-braga.pt | ||||
Data do século III, sendo coñecido do primeiro período da súa historia só o Bispo Paterno cuxo nome figura nas actas do Concilio de Toledo de 400. Non obstante, a tradición fai de San Pedro de Rates o primeiro bispo da cidade, cerca do ano 45 da nosa era.
Xa neste primeiro período tiña dignidade metropolítica, con xurisdición sobre todo o noroeste da Península (Galécia), e dela dependían os bispados de Conímbriga, Viseu, Dume, Lamego, Porto e Egitânia. Do período suévico-visigótico coñécense os nomes de 12 Prelados bracarenses. Canda a invasión musulmá, Braga ficou no dominio dos infieis: e os seus bispos pasaron a residir en Lugo.
Tras a reconquista cristiá, foi definitivamente restaurada a Arquidiocese (1070) polo rei García de Galiza, tomando o seu arcebispo o título de metropolita de Braga. Despois de contendas coa sé de Compostela, o papa Pascual II dá en 1103 a Braga como sufragáneas as dioceses de Porto, Coímbra, Lamego e Viseu (en Portugal), e cinco máis no territorio actual de España.
Célebre ficou tamén a contenda con Toledo sobre a primacía. Aínda hoxe o arcebispo de Braga usa o título de Primaz das Espanhas. Nos fins do século XIV, as dioceses dos reinos de León e Galiza deixaron de prestar obediencia a Braga. A área da arquidiocese foi posteriormente reducida coa creación das dioceses de Miranda (1545), Braganza (1770), Vila Real (1922) e Viana do Castelo (1977) e aínda pola anexión á de Braganza-Miranda do Arcediagado de Moncorvo (1881). De igual forma, a elevación de Lisboa a arquidiocese en 1394 subtraeu do seu control as antigas sufragáneas do sur do país.
Entre as particularidades máis notábeis desta sé, considerada das máis antigas da Península Ibérica, está a de posuír un rito litúrxico propio (bracarense), semellante ao romano; cando da reforma litúrxica tridentina, Braga puido manter os seus libros, por teren máis de 200 anos e polo coidado que tivo niso o Arcebispo D. Frei Bartolomeu dos Mártires. Despois dalgunhas terxiversacións resultantes da tentativa de introducir o rito romano, o bracarense foi restaurado polo Sínodo de 1918: os novos breviario e misal, aprobados por bulas de 1919 e 1924 respectivamente, tornáranse obrigatorios en toda a arquidiocese en 1924.
O rito bracarense permanece válido, mesmo despois da reforma litúrxica do Concilio Vaticano II, mais o seu uso tornou facultativo, desde esta reforma, o 18 de novembro de 1971.
Actualmente, a arquidiocese cínguese ao distrito de Braga e ás trinta parroquias do Porto situadas ao norte do río Ave, nos concellos de Santo Tirso, Póvoa de Varzim e Vila do Conde. Abrangue 551 parroquias, agrupadas en 14 arciprestados, nunha área de 2.832 km², con cerca de 1 000 000 de habitantes. Os arciprestados, á súa vez, forman tres zonas pastorais. Esta organización conflúe para o vértice da pastoral na arquidiocese, con tres órganos consultivos (Consello Presbítero, Consello Pastoral e Colexio Arciprestal) e un executivo (o Consello Episcopal).
A seguir, preséntase unha listaxe co nome dos bispos da arquidiocese de Braga. Os bispados considerados lendarios van sinalados cun asterisco:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arquidiocese católica latina de Braga |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.