Xoán García Manrique
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xoán García Manrique[1], finado en Coímbra en 1416, foi un eclesiástico e home de estado castelán.
Remove ads
Traxectoria
Segundo fillo de García II Fernández Manrique de Lara, que foi V señor de Amusco e adiantado maior de Castela, e de Urraca de Leyva.[2]
Foi arcediago de Talavera e bispo de Ourense baixo a protección do seu tío paterno o arcebispo de Toledo Gómez Manrique; á morte deste unha parte do cabido toledano elixiulle para ocupar a arquidiocese toledana, mentres a outra se decantou en favor de Pedro Cabeza de Vaca, mais o papa Gregorio XI resolveu a disputa nomeado para ese efecto a Pedro Tenorio.[3][4] Juan García Manrique ocupou entón o bispado de Sigüenza, sendo á vez chanceler maior dos reis Henrique II e Xoán I; de alí pasou á diocese de Burgos, e desta foi promovido ao arcebispado de Santiago de Compostela, onde destacou como líder nos enfrontamentos armados habidos durante a crise de 1383-1385.[5][6][7][8]
A finais do século XIV, posto a mal co arcebispo toledano Pedro Tenorio e descontento porque o rei castelán Henrique III recoñecese o papado de Aviñón, emigrou a Portugal, onde coa mediación do rei portugués Xoán I foi nomeado arcebispo de Braga e bispo de Coímbra.[9][10]
Predecesor: Juan Martínez de la Sierra[11] |
Bispo de Ourense 1370 – 1375 |
Sucesor: Martín[12] |
Predecesor: Juan de Salas |
Bispo de Sigüenza 1376 – 1381 |
Sucesor: Juan de Castromocho |
Predecesor: Domingo de Arroyuelo |
Bispo de Burgos 1381 – 1382 |
Sucesor: Gonzalo de Mena y Roelas |
Predecesor: Rodrigo de Moscoso |
Arcebispo de Santiago 1383 – 1388 |
Sucesor: Lope de Mendoza |
Predecesor: Lorenzo Vicente |
Arcebispo de Braga 1397 - 1398 |
Sucesor: Martín Alfonso de Miranda |
Predecesor: João Afonso Esteves de Azambuja |
Bispo de Coímbra 1403 - 1407 |
Sucesor: Gil Almada |
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads