Xiraldo de Braga

relixioso gascón From Wikipedia, the free encyclopedia

Xiraldo de Braga

Xiraldo de Braga, máis coñecido como san Xiraldo de Braga,[1] naceu en Gascuña, no século XI, e faleceu en Bornes de Aguiar en 1108. De familia nobre, profesou entre os bieitos do mosteiro de Moissac, onde ocupou os cargos de bibliotecario, mestre de oblatos e cantor. Máis tarde, foi arcebispo de Braga, cidade da que é padroeiro.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Xiraldo de Braga
Thumb
Nome orixinal(fr) Gérald de Moissac
Biografía
Nacementoséculo XI
Cahors, Francia
Morte5 de decembro de 1109
Bornos, España
Lugar de sepulturaCatedral de Braga
Arcebispo
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico
Orde relixiosaOrde de San Bieito
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa5 de decembro

Descrito pola fonteEnciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930) (pt) , (vol:XXVI, sec:Giraldo de Braga (San), p.162)
Pechar

Traxectoria

O bispo Bernardo de Toledo conseguiu levalo á súa catedral para desempeñar alí as funcións de mestre e cantor.

Foi nomeado arcebispo de Braga, daquela pertencente ao reino de Galicia.[1] Presúmese que introduciu o dígrafo "lh" na escrita galaico-portuguesa, oriundo do provenzal.[2]En 1100 viaxou a Roma para obter do papa Pascual II a dignidade metropolitana definitiva para a sé de Braga, ameazada polo impulso de Santiago de Compostela.[1]

En 1101, Diego Xelmírez é nomeado bispo de Santiago e, no seu afán de ampliar o poder compostelán, prodúcense enfrontamentos.[1] Por exemplo, Xelmírez leva a cabo en 1102 o pío latrocinio, isto é, o roubo das reliquias dalgúns santos como Covade, Froitoso, Silvestre ou Susana, traizoando a confianza depositada nel por Xiraldo.[1]

A autonomía eclesiástica de Braga será o presaxio da independencia do Condado Portucalense. En 1103 marcha de novo a Roma para obter a confirmación da xurisdición sobre todas as dioceses de Galicia (Astorga, Mondoñedo, Ourense, Lugo e Tui) e tamén as de Portugal (Porto, Coimbra, Lamego e Viseu).[1] Porén, Santiago terá xurisdición sobre Lisboa, Évora, Idanha, A Guarda, Salamanca e Mérida.[1]

Tivo un goberno breve pero intenso, no que levou a cabo unha serie de reformas a nivel eclesiástico, moral e administrativo. Reorganizou a escola e o capítulo catedralicio, continuou as obras da Catedral, recuperou os bens eclesiásticos usurpados e reformou o culto e a liturxia coa introdución do rito romano.

Morreu o 5 de decembro de 1108 en Bornes de Aguiar, concello de Vila Pouca de Aguiar.[1] Foi sepultado na capela de San Xiraldo, na Catedral de Braga.[1]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.