centro educativo en Vilaframil, Ribadeo From Wikipedia, the free encyclopedia
A Granxa Escola Pedro Murias foi un centro dedicado á experimentación e a difusión de técnicas agropecuarias de ensino agrícola situada na parroquia de Vilaframil (Ribadeo), nun terreo de 14 hectáreas. Foi construído a comezos do século XX por Pedro Murias, indiano de Ribadeo establecido en Cuba, quen destinou boa parte dos seus bens á constitución da Fundación Agrícola Pedro Murias[1], que deu lugar á construción dunha granxa escola agrícola[2].
Granxa Escola Pedro Murias | |
---|---|
Acceso ó edificio principal. | |
Tipo | granxa escola |
Nomeado en referencia a | Pedro Murias |
En | Vilaframil |
País | Galicia |
43°32′33″N 7°04′59″O | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O obxectivo da Granxa Escola era a formación dos agricultores e o progreso da súa terra natal. Inicialmente estivo xestionada por unha fundación, que quedou constituída o 13 de xullo de 1913. O primeiro director da fundación foi Enrique Suárez Couto[2][3]. En 1919 constituíuse a primeira Comisión Delegada do padroado na parroquia da Devesa. No 1922 comeza a funcionar unha escola primaria no seu interior, da man de Gregorio Sanz[3], que tamén quedaría como director á morte do anterior, ese mesmo ano.[1]
A fundación de patrocinio foi dotada con varios edificios na Habana, así como con accións da Nueva Fábrica de Hielo y Cerveza de Puentes Grandes, máis a cantidade de dez mil pesos de ouro para a adquisición de terreos, edificios e mobiliario. Entre o persoal docente estivo Gregorio Sanz. A raíz da revolución cubana de 1959 a fundación tivo dificultades, e a granxa pechou en 1961.
O 24 de xuño de 1987 a Xunta de Galicia fíxose cargo do centro co Decreto 170/87, que declaraba de interese galego a Fundación Escuela Agrícola Pedro Murias, e a Consellería de Agricultura pasou a ser protectora da mesma. En 1991 a Xunta recuperou a granxa escola como centro de capacitación agrícola, e actualmente funciona como o Centro de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.