Un monumento natural é un elemento da natureza que ten un valor paisaxístico, xeolóxico, histórico ou social e é único a causa da súa rareza, das súas cualidades estéticas, ou do seu significado cultural.
Os monumentos naturais están nalgúns países suxeitos a unha protección legal, que define as características dos monumentos, identifícaas, e realiza o inventario dese patrimonio para logo reforzar a protección ofrecida.
En España
En España, un Monumento Natural é unha figura de protección legal establecida pola lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade[1].
No seu artigo número 33 a devandita lei establece a definición dos Monumentos Naturais tal como segue[1]:
- Os Monumentos Naturais son espazos ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza, que merecen ser obxecto dunha protección especial.
- Consideraranse tamén Monumentos Naturais as árbores senlleiras e monumentais, as formacións xeolóxicas, os xacementos paleontolóxicos e mineralóxicos, os estratotipos e demais elementos da xea que reúnan un interese especial pola singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos.
- Nos Monumentos con carácter xeral estará prohibida a explotación de recursos, salvo naqueles casos que por razóns de investigación ou conservación se permita a mesma, previa a pertinente autorización administrativa.
Monumentos Naturais en Galiza
De acordo coa lei 42/2007 a Xunta de Galicia desenvolve a figura de protección, declarando sete espazos como Monumentos Naturais en Galicia. En 2012 ampliouse a listaxe a oito:[2]
- Praia das Catedrais en Ribadeo, Provincia de Lugo.
- Carballa da Rocha en Rairiz de Veiga, Provincia de Ourense.
- Costa de Dexo-Serantes en Oleiros, Provincia da Coruña.
- Fraga de Catasós en Lalín, Provincia de Pontevedra.
- Pena Corneira en Leiro, Carballeda de Avia e Avión, Provincia de Ourense.
- Souto da Retorta en Viveiro, Provincia de Lugo.
- Souto de Rozabales en Manzaneda, Provincia de Ourense.
- Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós en Quiroga, Provincia de Lugo, declarado en 2012.[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.