Souto de Rozavales
fraga galega From Wikipedia, the free encyclopedia
O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales[1], é un souto de castiñeiros que se atopa na parroquia de San Martiño de Manzaneda (Manzaneda). Neste souto destaca o castiñeiro de Pumbariños, declarado árbore senlleira, que é a súa árbore máis singular xa que ten un perímetro basal de 13 metros e unha base de 1,90 metros. Este souto adevesado e en xeral enxertado empregouse para obter madeira e castañas e pode ter preto de 1.000 anos.[2][3]
- Véxase tamén: Castiñeiro de Pumbariños.
Tipo | Bosque primario Monumento natural Árbores senlleiras de Galicia | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | San Martiño de Manzaneda, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 1,8 ha | |||
Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro e incluído no catálogo de árbores senlleiras en 2007.[2][3]
Características
O souto ten unha extensión aproximada de 1,8 ha. Os exemplares do souto son enxertados e durante séculos foron aproveitados para a recollida de castañas. O souto está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia.
Castiñeiro de Pumbariños
O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro da especie Castanea sativa Mill. O castiñeiro é de máis de 13 metros de perímetro e cunha base, da base ata as pólas, de 1.90 metros. Ten un perímetro medio de 12,15 m (entre 13 e 15 en función da altura do toro)[4] As súas polas principais son de entre 6 e 8 metros e a súa copa abrangue un diámetro de 20 metros. Calcúlaselle unha idade de 500 anos, polo que sería unha das árbores galegas coñecidas máis vella.[3][5]
Notas
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.