especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Cunninghamia lanceolata, é unha especie de conífera da familia das taxodiáceas. De orixe chinesa, emprégase en Galiza coma ornamental, sendo común na xardinaxe palaciana e de arboredos.
Cunninghamia lanceolata | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cunninghamia lanceolata | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Cunninghamia lanceolata (Lamb.) Hook. |
Árbore orixinaria do centro e sur da China, no seu estado natural. Ten unha gran capacidade para regromar de cepo, a madeira é de calidade regular.
É de hábito monopodial, posúe copa piramidal, angosta, conserva as súas pólas inferiores, que se estenden horizontalmente. O seu toro é recto. A súa altura oscila entre os 10 e os 25 m. As follas son simples, dispostas en espiral ou en dous planos máis ou menos diverxentes, lineares lanceoladas, falcadas (2,5 –7 cm x 0,4-0,7 cm), coa face verde brillante, e o envés claro, con anchas fitas estomáticas abrancazadas separadas pola nervadura media, marxe finamente serrada. É unha árbore de folla persistente.
Os seus froitos son conos (estróbilos) ovoide globosos, de 3 a 5 cm de longo, terminais, formados por numerosas escamas triangulares, agudas e imbricadas e subleñosas dentadas.
Esta especie de árbore non é hermafrodita, polo tanto pódese diferenciar o sexo de cada un segundo os seus conos.
Atura o clima cálido e chuvioso, con precipitacións uniformes. Soporta algo o frío. Prefire solos liviáns, profundos, mais tamén medra nos pobres, sempre que estean ben provistos de humidade.
Durante os primeiros anos medra amodo, despois acelera.
A respecto da madeira, a cerna é castaña amarelenta, de textura fina e homoxénea, gran dereito, veado macío, sen cheiro, mol, lixeira, estábel, doada de traballar e pouco durábel en contacto co chan.
Dous exemplares desta especie aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia:
Cunninghamia lanceolata foi descrita por (Lamb.) Hook. e publicado en Botanical Magazine 54: , pl. 2743. 1827.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.