From Wikipedia, the free encyclopedia
Richard Jochen Mass[1] (nado o 30 de setembro de 1946 en Dorfen, Baviera) é un expiloto de carreiras de Alemaña. Participou en 114 grandes premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 14 de xullo de 1973, no Gran Premio do Reino Unido. Gañou unha carreira o (Gran Premio de España de 1975), non logrou ningunha pole position, logrou 8 podios, e anotou un total de 71 puntos no campionato. Tamén obtivo 32 vitorias no Campionato Mundial de Resistencia, destacando as 24 Horas de Le Mans de 1989 e as 12 Horas de Sebring de 1987, e foi subcampión en 1984, 1985, 1989 e 1990.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1946 (78 anos) Dorfen, Alemaña (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Páxina web | jochen-mass.de |
Mass é quizais máis coñecido pola súa parte de culpa na morte de Gilles Villeneuve. O 8 de maio de 1982, a só 10 minutos para o final da sesión de clasificación para o Gran Premio de Bélxica de 1982 en Zolder, Villeneuve chocou con Mass ao intentar adiantarlle. Os dous entraron á par nunha curva super rápida a esquerda, (Mass diante, detrás Villeneuve) Jochen arrimouse á parte dereita da pista para que Villeneuve pasara. Villeneuve intentaba pasar tamén pola dereita, e os dous coches tocáronse cas rodas, o canadense saíu voando. O coche de Villeneuve caeu ao chan violentamente de morro. O seu asento desprendeuse e botouno do coche, caendo pesadamente entre as barreiras no lado oposto da pista. Mortalmente ferido, a Villeneuve retiráronlle o soporte vital esa noite.
Logo de abandonar a Fórmula Un, Mass tivo un grande éxito nas carreiras, gañando fama internacional coa súa actuación nos campionatos de turismos e resistencia na década de 1980.
En 1972, con Hans-Joachim Stuck pilotando un Ford Capri RS2600 gañaron as 24 Horas de Spa a carreira de resistencia de Bélxica. Ese ano gañou o Campionato Europeo de Turismos.
Mass obtivo o segundo lugar tras Jean-Pierre Jarier nunha carreira de Fórmula Dúas en Nivelles, en xuño de 1973. Terminou segundo na primeira manga e terceiro na segunda.[2] Mass terminou a súa primeira carreira de Fórmula Un no Gran Premio de Alemaña de 1973 en Nürburgring, chegou en sétimo lugar nun Surtees.[3] E logrou unha terceira posición cun McLaren-Ford no Gran Premio do Brasil de 1975 en Interlagos.[4]
Mass gañou o Gran Premio de España de 1975 despois de que o coche do líder, Rolf Stommelen batera contra unha barreira de protección, estalara en chamas, e catapultarase sobre a multitude no Circuíto de Montjuïc. Catro espectadores resultaron mortos e doce feridos. Stommelen sufriu múltiples fracturas e quedou en estado crítico despois do accidente. Mass foi declarado o gañador no seu Texaco McLaren-Ford, cando a carreira foi detida inmediatamente despois do accidente.[5]
Mass deixou de competir con coches de Fórmula Un logo dun accidente con Mauro Baldi no Gran Premio de Francia de 1982 en Paul Ricard. O seu March e o Arrows de Baldi tocáronse a máxima velocidade no final da longa recta de Mistral entrando na curva de Signes, os dous coches voaron fóra da pista a través dunha barreira de contención, golpeando unha barreira de protección de pneumáticos, os obstáculos encontrados conseguiran frear o impulso do coche, que saíu da pista a unha velocidade de 275 km/h aproximadamente, finalmente foi a parar ao revés e no lume, nunha área de espectadores. Sorprendentemente escapouse soamente con queimaduras leves, e Baldi resultou ileso.[6]
Entre as súas moitas vitorias, en 1985 gañou a carreira dos 1.000 km. no Circuíto de Mugello en Italia pilotando un Porsche 962C e en 1987 formando equipo con Bobby Rahal alzouse coa vitoria na carreira das 12 Horas de Sebring de 1987. Mass e Bobby Rahal combináronse para gañar a Champion Spark Plug Grand Prix no Mid-Ohio Sports Car Course, en Lexington, Ohio.[7] Mass gañou a máis prestixiosa carreira de resistencia, as 24 Horas de Le Mans en 1989 pilotando un Sauber Mercedes C9. Foi o segundo triunfo de Mercedes-Benz en Le Mans, a súa vitoria anterior fora en 1952.
Jochen Mass pilota agora os coches históricos do museo Mercedes-Benz. No 2004 participou na Mille Miglia, co Mercedes-Benz 300 SLR orixinal que Stirling Moss levara á vitoria na carreira de 1955. Para recadar diñeiro para a caridade, o asento do pasaxeiro ao seu lado foi poxado ao mellor ofertante.
De 1994 a 1998, retransmitiu tamén as carreiras de Fórmula Un para a cadea alemá RTL .
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
(chave) (carreiras en italica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 |
---|---|---|---|---|---|---|
1974 | Team Surtees | Surtees TS16 | Cosworth V8 | PRE 4 |
ROC NTS |
INT 2 |
1975 | Marlboro Team Texaco | McLaren M23 | Cosworth V8 | ROC Ret |
INT |
SUI 3 |
1978 | ATS Racing | ATS HS1 | Cosworth V8 | INT DNA |
||
1979 | Warsteiner Arrows | Arrows A1 | Cosworth V8 | ROC 4 |
DIN |
|
1980 | Warsteiner Arrows | Arrows A3 | Cosworth V8 | ESP 2 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.