From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio do Brasil de 1976 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 25 de xaneiro de 1976 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a primeira carreira da tempada de 1976. A carreira foi o quinto Gran Premio do Brasil e o cuarto, que se válido para o Campionato do Mundo de Pilotos. A carreira levouse a cabo sobre 40 voltas ao circuíto de 7´87 quilómetros de lonxitude para unha distancia total da carreira de 315 quilómetros.
Tipo | Gran Premio do Brasil |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976 |
Distancia do evento | 40 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) 23°42′04″S 46°41′50″O |
Lonxitude | 4,309 km |
País | Brasil |
Data | 25 de xaneiro de 1976 |
Competición | |
Primeiro posto | Niki Lauda |
Pole position | James Hunt |
Volta máis rápida | Jean-Pierre Jarier |
A carreira foi gañada polo campión do mundo, Niki Lauda, pilotando un Ferrari 312T. O piloto austríaco gañou o seu oitavo Gran Premio de Fórmula Un por 28 segundos sobre o francés Patrick Depailler nun Tyrrell 007. O segundo lugar foi o mellor resultado de Depailler en case dous anos cando rematou segundo no Gran Premio de Suecia de 1974. Tom Pryce terminou terceiro nun Shadow DN5B no seu segundo podio en seis meses. Foi o punto culminante da tempada de Pryce e Shadow Racing Cars. Foi o seu único podio na tempada e Pryce non pisou o podio outra vez.
Na primeira rolda da tempada, James Hunt logrou a pole position no seu McLaren M23 co actual campión Niki Lauda, ó seu lado co seu Ferrari (que marcou a pauta para a tempada). Clay Regazzoni no segundo Ferrari tomou a dianteira no inicio. Regazzoni, Lauda, Hunt e o Shadow de Jean-Pierre Jarier loitaban entre eles. Regazzoni e Jarier chocaron, e o primeiro tivo que entrar en boxes para facer reparacións. Lauda lideraba agora sobre Hunt e Jarier, pero Hunt estrelouse debido o bloqueo do acelerador e Jarier fixo o mesmo unha volta máis tarde logo de derrapar nun pouco de aceite na pista. Lauda comezou así a súa defensa do título cunha vitoria, con Patrick Depailler segundo no Tyrrell, e Tom Pryce completando o podio no outro Shadow. Finalizaron 14 coches incluíndo a Carlos Reutemann cuxo Brabham BT45 quedou sen combustible a tres voltas para o final.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Niki Lauda | Ferrari | 40 | 1:45:16.78 | 2 | 9 |
2 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 40 | + 21.47 | 9 | 6 |
3 | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 40 | + 23.84 | 12 | 4 |
4 | 34 | Hans-Joachim Stuck | March-Ford | 40 | + 1:28.17 | 14 | 3 |
5 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 40 | + 1:56.46 | 13 | 2 |
6 | 12 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 40 | + 1:58.27 | 6 | 1 |
7 | 2 | Clay Regazzoni | Ferrari | 40 | + 2:15.24 | 4 | |
8 | 20 | Jacky Ickx | Wolf-Williams-Ford | 39 | + 1 volta | 19 | |
9 | 21 | Renzo Zorzi | Williams-Ford | 39 | + 1 volta | 17 | |
10 | 8 | Carlos Pace | Brabham-Alfa Romeo | 39 | + 1 volta | 10 | |
11 | 31 | Ingo Hoffmann | Fittipaldi-Ford | 39 | + 1 volta | 20 | |
12 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Alfa Romeo | 37 | Sen gasolina | 15 | |
13 | 30 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 37 | + 3 voltas | 5 | |
14 | 10 | Lella Lombardi | March-Ford | 36 | + 4 voltas | 22 | |
Ret | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 33 | Accidente | 3 | |
Ret | 11 | James Hunt | McLaren-Ford | 32 | Accidente | 1 | |
Ret | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 15 | Fuga aceite | 7 | |
Ret | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 14 | Transmisión | 11 | |
Ret | 5 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 10 | Accidente | 18 | |
Ret | 6 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 6 | Accidente | 16 | |
Ret | 28 | John Watson | Penske-Ford | 2 | Sistema combustible | 8 | |
Ret | 14 | Ian Ashley | BRM | 2 | Bomba aceite | 21 |
|
|
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1976 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1976 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1975 |
Gran Premio do Brasil | Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1977 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.