From Wikipedia, the free encyclopedia
Norman Graham Hill, OBE[1] nado en Hampstead (Londres) o 15 de febreiro de 1929 e finado preto de Arkley o 29 de novembro de 1975, foi un piloto inglés, dúas veces campión mundial da Fórmula 1 (1962 e 1968).
(1969) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Norman Graham Hill 15 de febreiro de 1929 Hampstead (Reino Unido) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 29 de novembro de 1975 (46 anos) Arkley (Reino Unido) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | Acidente aéreo de Embassy Hill, accidente ou incidente de aviación | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | St Botolphs (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, autor, mariño, enxeñeiro, piloto de automobilismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Empregador | Smiths Group (en) Embassy Hill | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Carreira militar | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rama militar | Royal Navy | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Damon Hill | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Obálky knih, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
É o único piloto en gañar a tripla coroa do automobilismo, as 24 Horas de Le Mans, Indianápolis 500 e, ou ben o Gran Premio de Mónaco ou o campionato mundial de pilotos de Fórmula 1.[2][3] Tamén apareceu na televisión na década de 1970 nunha variedade de programas non deportivos, incluíndo xogos de panel. Gustáballe a pintura no seu tempo libre.
Hill e o seu fillo Damon son a única parella de pai e fillo na que ambos gañaron o Campionato Mundial de fórmula 1. O neto de Hill Josh, fillo de Damon, tamén participou en carreiras ata que se retirou da Fórmula Tres en 2013 á idade de 22 anos.
Nado en Hampstead, Londres, Hill asistiu á Hendon Technical College e uniuse a Smiths Instruments como aprendiz de enxeñeiro antes de ser recrutado na Royal Navy, no cruceiro lixeiro HMS Swiftsure , chegando ao rango de suboficial. Logo de saír da Mariña, volveu a Smiths Instruments.[4]
Debutou na F1 aos 29 anos, idade á que hoxe en día os pilotos xa pensan na retirada, pero é que Hill non aprobou o exame de conducir ata que cumpriu 24 anos, e mesmo describiu o seu primeiro coche como "Un desastre. Un piloto en ciernes debería posuír un automóbil deste tipo, xa que ensina delicadeza, equilibrio e anticipación, sobre todo isto último, creo!" Interesarase nas motocicletas, pero en 1954 viu un anuncio para o Universal Motor Racing Club en Brands Hatch ofrecendo voltas por 5 xilins. Fixo o seu debut nun Cooper 500 de Fórmula 3 e comprometeuse a competir a partir de entón. Hill uniuse a Team Lotus como mecánico pouco despois, pero rapidamente buscou sitio como piloto. A presenza de Lotus na Fórmula Un permitiulle facer a súa debut no Gran Premio de Mónaco de 1958, retirándose cunha rotura do palier.
En 1960, Hill uniuse a BRM, e gañou o campionato do mundo con eles en 1962. Hill tamén formou parte da chamada 'invasión británica' de pilotos e autos nas 500 Millas de Indianápolis, a mediados da década de 1960, triunfando alí en 1966 nun Lola - Ford.
En 1967, de volta en Lotus, axudou a desenvolver o Lotus 49 co novo motor Cosworth-V8. Despois de que os seus compañeiros de equipo Jim Clark e Mike Spence morreran a principios de 1968, Hill lideró o equipo e gañou o seu segundo campionato mundial en 1968. O Lotus tiña unha reputación de ser moi fráxil e perigoso nese momento, especialmente coas novas axudas aerodinámicas que causaron choques similares ao de Hill e Jochen Rindt no Gran Premio de España de 1969. Nun accidente no Gran Premio dos Estados Unidos de 1969 en Watkins Glen rompeu ambas pernas e interrompeu a súa carreira. Cando se lle preguntou pouco despois do accidente, se quería transmitirlle unha mensaxe á súa esposa, Hill respondeulle: "Só dille que non podereir bailar durante dúas semanas".[5]
Logo de recuperarse Hill seguiu correndo na F1 durante varios anos máis, pero nunca máis co mesmo nivel de éxito. Colin Chapman, crendo que Hill estaba acabado, colocouno no equipo de Rob Walker durante 1970, endulzando o trato cun dos novos coches Lotus 72). Aínda que Hill anotou puntos en 1970 comezou a tempada lonxe de encaixar completamente e o 72 non se desenvolveu completamente ata finais da tempada. Hill fichou por Brabham para 1971-1972. A súa última vitoria na Fórmula Un fóra de campionato foi no International Trophy en Silverstone en 1971 co Brabham "lobster claw" (pinza de lagosta). O equipo estaba en cambios continuos logo das retiradas de Sir Jack Brabham e a venda de Ron Tauranac a Bernie Ecclestone e Hill non permaneceu no equipo.
Hill fíxose famoso durante a última parte da súa carreira polo seu enxeño e converteuse nunha personalidade popular, foi un invitado regular na televisión e escribiu unha notable autobiografía franca e enxeñosa, Life at the Limit,[6] ao recuperarse do seu accidente de 1969. Hill tamén foi irreverentemente inmortalizado nun episodio de Monty Python ("It's the Arts (ou: Intermission)" sketch chamado "Historical Impersonations"), no cal un Gumby aparece preguntando para "ver a personificación de Juan o Bautista de Graham Hill." A cabeza de Xoán o Bautista aparece (cun bigote alargado estilo Hill) nun prato de prata, que corre ao redor do chan facendo ruído, putt-putt, como un motor de carreiras.
Hill participou en catro películas entre 1966 e 1974, incluíndo aparicións en Grand Prix e Caravan to Vaccarès, no cal aparece como piloto de helicóptero.[7]
Hill morreu aos 46 anos cando o avión bimotor de seis prazas Piper Aztec que pilotaba estrelouse e incendiouse en condicións de néboa pola noite preto do campo de golf de Arkley no norte de Londres. Hill, Tony Brise, e outros catro membros do equipo de carreiras de Hill regresaban das probas no Circuíto de Paul Ricard en Francia e debían aterrar en Elstree Airfield. Os seis morreron.[8][9][10]
Carreiras en letra grosa indican pole position.
(key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1957 | Cooper Car Company | Cooper T43 (F2) | Climax FPF 1.5 L4 | SYR | PAU | GLV | NAP | RMS | CAE | INT 13 |
MOD | MOR | ||||||||||||
1958 | Team Lotus | Lotus 12 | Climax FPF 2.0 L4 | GLV Ret |
SYR | INT 8 |
CAE | |||||||||||||||||
Lotus 12 (F2) | Climax FPF 1.5 L4 | AIN 7 |
||||||||||||||||||||||
1959 | Team Lotus | Lotus 16 | Climax FPF 2.5 L4 | GLV Ret |
AIN 11 |
INT Ret |
OUL 5 |
SIL Ret |
||||||||||||||||
1960 | Owen Racing Organisation | BRM P48 | BRM P25 2.5 L4 | GLV 5 |
INT 3 |
SIL 2 |
LOM 9 |
OUL 3 |
||||||||||||||||
1961 | Owen Racing Organisation | BRM P48/57 | Climax FPF 1.5 L4 | LOM | GLV 2 |
PAU | BRX | VIE | AIN 3 |
SYR NC |
NAP | LON | SIL 13 |
SOL | KAN | DAN | MOD 7 |
FLG | OUL Ret |
LEW | VAL | RAN | NAT | RSA |
1962 | Owen Racing Organisation | BRM P57 | BRM P56 1.5 V8 | CAP | BRX DSC |
LOM 2 |
LAV | GLV 1 |
PAU | AIN Ret |
INT 1 |
NAP | RMS 2 |
SOL | OUL 2 |
MEX | RAN Ret |
NAT NC |
||||||
R.R.C. Walker Racing Team | Lotus 18 | Climax FPF 1.5 L4 | MAL 3 |
CLP | ||||||||||||||||||||
Lotus 24 | Climax FWMV 1.5 V8 | KAN Ret |
MED | DAN | ||||||||||||||||||||
1963 | Owen Racing Organisation | BRM P57 | BRM P56 1.5 V8 | LOM 1 |
GLV 9 |
PAU | IMO | SYR | AIN 1 |
INT Ret |
ROM | SOL | KAN | MED | AUT | OUL 3 |
RAN | |||||||
1964 | Owen Racing Organisation | BRM P261 | BRM P60 1.5 V8 | DMT Ret |
NWT Ret |
SYR | AIN 2 |
INT 2 |
SOL Ret |
MED | ||||||||||||||
John Willment Automobiles | Brabham BT11 | BRM P56 1.5 V8 | RAN 1 |
|||||||||||||||||||||
1965 | Owen Racing Organisation | BRM P261 | BRM P60 1.5 V8 | ROC Ret |
SYR | SMT 2 |
INT Ret |
MED | RAN | |||||||||||||||
1966 | Owen Racing Organisation | BRM P83 | BRM P75 3.0 H16 | RSA | SYR | INT | OUL Ret |
|||||||||||||||||
1967 | Team Lotus | Lotus 48 (F2) | Ford Cosworth FVA 1.6 L4 | ROC | SPR 8 |
OUL 3 |
||||||||||||||||||
Lotus 33 | BRM P60 2.1 V8 | INT 4 |
SYR | |||||||||||||||||||||
Lotus 49 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ESP 2 |
||||||||||||||||||||||
1968 | Gold Leaf Team Lotus | Lotus 49 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ROC Ret |
INT Ret |
|||||||||||||||||||
Lotus 49B | OUL Ret |
|||||||||||||||||||||||
1969 | Gold Leaf Team Lotus | Lotus 49B | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ROC 2 |
INT 7 |
MAD | ||||||||||||||||||
Lotus 59B (F2) | Ford Cosworth FVA 1.6 L4 | OUL Ret |
||||||||||||||||||||||
1970 | Rob Walker Racing Team | Lotus 49C | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ROC 5 |
||||||||||||||||||||
Brooke Bond Oxo Racing - Rob Walker | INT 9 |
|||||||||||||||||||||||
Lotus 72C | OUL Ret |
|||||||||||||||||||||||
1971 | Motor Racing Developments Ltd | Brabham BT34 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ARX | ROC Ret |
QUE 26 |
SPR | INT 1 |
RIN | OUL | VIC 8 |
|||||||||||||
1972 | Motor Racing Developments Ltd | Brabham BT37 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ROC 7 |
BRA | INT | OUL | REP | VIC Ret |
|||||||||||||||
1973 | Motor Racing Developments Ltd | Brabham BT37 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ROC Ret |
INT | |||||||||||||||||||
1974 | Embassy Racing with Graham Hill | Lola T370 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | PRE | ROC Ret |
INT Ret |
||||||||||||||||||
1975 | Embassy Racing with Graham Hill | Hill GH1 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ROC | INT 11 |
SUI |
|
|
Ano | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Ranq | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1964 | Brabham BT4 | LEV | PUK | WIG | TER | SAN | WAR 4 |
LAK | LON 1 |
6º | 12 |
1965 | Brabham BT11A | PUK 1 |
LEV | WIG | TER | WAR 5 |
SAN Ret |
LON 4 |
7º | 14 | |
1966 | BRM P261 | PUK 1 |
LEV | WIG | TER | WAR 2 |
LAK 1 |
SAN (3) |
LON 2 |
2º | 30 (34) |
1967 | Lotus 48 | PUK | WIG | LAK | WAR Ret |
SAN | LON | NC | 0 | ||
1968 | Lotus 49T | PUK | LEV | WIG | TER | SUR 2 |
WAR 2 |
SAN 3 |
LON 6 |
4th | 17 |
1969 | Lotus 49T | PUK Ret |
LEV Ret |
WIG 2 |
TER 2 |
LAK 4 |
WAR 11 |
SAN 6 |
5º | 16 |
Ano | Equipo | Co-Piloto | Coche | Clase | Voltas | Pos. na xeral |
Pos. na clase |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1958 | Team Lotus | Cliff Allison | Lotus XV-Climax | S 2.0 | 3 | Ret | Ret |
1959 | Team Lotus | Derek Jolly | Lotus XV-Climax | S 2.0 | 119 | Ret | Ret |
1960 | Porsche KG | Jo Bonnier | Porsche 718/4 RS | S 2.0 | 191 | Ret | Ret |
1961 | North American Racing Team | Stirling Moss | Ferrari 250 GT SWB | GT3.0 | 121 | Ret (Fuga auga) | |
1962 | David Brown Organisation | Richie Ginther | Aston Martin DP212 | Exp 4.0 | 78 | Ret | Ret |
1963 | Owen Racing Organisation | Richie Ginther | Rover-BRM | ACO Prize | 310 | (8º)* | (1º)* |
1964 | Maranello Concessionaires | Jo Bonnier | Ferrari 330P | P 4.0 | 344 | 2º | 2º |
1965 | Owen Racing Organisation | Jackie Stewart | Rover-BRM | P 2.0 | 284 | 10º | 2º |
1966 | Alan Mann Racing | Brian Muir | Ford GT Mk.II | P 7.0 | 110 | Ret | Ret |
1972 | Equipe Matra-Simca Shell | Henri Pescarolo | Matra-Simca MS670 | S 3.0 |
344 | 1º | 1º |
Predecesor: Phil Hill |
Campión da Fórmula 1 1962 |
Sucesor: Jim Clark |
Predecesor: Denny Hulme |
Campión da Fórmula 1 1968 |
Sucesor: Jackie Stewart |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.