No mundo, foi unha época en que se atoparon grandes mudanzas en varios aspectos do cotián, na saúde, nas ciencias, na economía. No escenario económico, ocorreu unha exuberancia significativa, decorrente da circulación de riquezas ocorrida coa migración dalgunhas industrias para pequenos países asiáticos.
1 de maio, morre a primeira vítima da intoxicación por aceite de colza desnaturalizado, a intoxicación alimentaria máis grave de tódolos tempos, con máis de 20000 afectados.
6 de febreiro - Trasládase a Klaus Barbie ao forte de Montcluc (Francia), para ser xulgado como autor dos crimes cometidos por forzas alemás baixo o seu mando na segunda guerra mundial.
Realízase o primeiro transplante de páncreas en España.
Irán leva a cabo unha grande ofensiva contra Iraq.
Ábrense as portas do remodelado "Palacio de El Pardo" (Madrid), destinado no futuro á residencia de Xefes de Estado estranxeiros en visita a España.
13 de febreiro - Morren sesenta e catro xoves italianos no incendio dun cine en Turín.
14 de febreiro - Ariel Sharon dimite como Ministro de Defensa de Israel, acusado de instiga-la matanza nos campos de palestinos de Sabra e Chatila (Beirut).
A dimisión de Landelino Lavilla como presidente de UCD prevese como indicio da fin dese partido.
"Venres Negro" en Venezuela: Logo dun século de estabilidade económica, o Banco Central anuncia a desvalorización do bolívar venezolano, dando comezo a unha prolongada crise económica no país petroleiro.
18 de agosto - O furacán Alicia golpea a costa de Texas, causando a morte de 22 persoas e cuantiosos danos materiais.
26 de agosto - Inundacións en Euskadi, Navarra e Burgos, causando 39 falecidos.
30 de agosto - Asasinato do intendente de Santiago de Chile, xeneral (R) Carol Urzúa, xunto cos seus dous escoltas. O atentado na súa contra reivindicouno o Movemento de Esquerda Revolucionaria.
10 de setembro - Inicio de emisións de "Televisió de Catalunya" (TV3)
23 de setembro - Na Arxentina, un operario comete un erro durante a reconfiguración dun panel de combustible, causando un accidente de criticidade, nun reactor experimental.
O Presidente Luis Alberto Monge proclama a Neutralidade Perpetua, activa e non armada de Costa Rica. Que resultaría ser unha máscara política, ante os intereses geopolíticos estadounideses na area, polo ascenso do sandinismo en Nicaragua
27 de novembro: - Accidente aéreo en Madrid, dun avión Boeing 747 da aeroliña Avianca, que estaba a cubrir o voo Charles de Gaulle París - El Dorado Bogotá.
Explosión de dúas bombas en Francia. Unha, nun tren de París, mata a 3 persoas e fere a outras 19. A outra, nunha estación de Marsella, mata a 2 e fere a 34.
12 de xullo: Nace Victoria Anna Sánchez Perea, resultado da primeira fecundación in vitro en España, no Instituto Universitario Dexeus de Barcelona[6].
19 de xullo: Data do derradeiro avistamento do barco pesqueiro galego Montrove no caladoiro canario-sahariano. Desapareceron 16 persoas.[7] A maioría dos tripulantes procedía do concello de Bueu.[8]
12 de marzo - Celébrase unha consulta por Referendo pola permanencia de España na OTAN, obtendo os seguintes resultados: votos a favor 52,49%, votos en contra 39,87%, votos en branco 6,53% e nulos 1,11% dos votos emitidos.
26 de abril: na central nuclear de Chernóbil, Ucraína, prodúcese a maior catástrofe nuclear da historia. Á 01:23 a. m. no reactor número 4 prodúcese unha explosión por mor dunha proba de seguridade, realizada de forma incorrecta sumada á inseguridade dos reactores RBMK, ceibando toneladas de combustíbel nuclear á atmosfera, polo que en días posteriores debeuse evacuar aos habitantes da cidade de Pripyat e os seus arredores. Naquel entón, Ucraína era parte da Unión Soviética.
26 de abril: en Suacilandia é coroado rei Mswati III.
20 de decembro - O buque Doña Paz afúndese após chocar contra un petroleiro, ocasionando 4.341 vítimas mortais, facendo desta traxedia a maior catástrofe marítima en tempo de paz.
Acordo entre Irán e Iraq para o intercambio de prisioneiros e a retirada de tropas ás fronteiras existentes antes da guerra nun prazo máximo de 15 días.
Augusto Pinochet é derrotado no plebiscito celebrado en Chile e perde o poder que ostentaba dende o seu golpe de Estado de 1973.
Aterraxe do transbordador espacial norteamericano "Discovery" na base aérea de Edwards (deserto de Mojave), culminando con éxito a primeira misión da NASA dende o fatal accidente do Challenger no 1986.
Fúndase Galiza Nova, organización das mocidades do BNG.
17 a 20 de marzo - Guerra de Independencia de Eritrea: A Fronte de Libertación Popular da Eritrea derrota o exército etíope e entra na cidade de Afabet.