Seattle
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Seattle ( [siˈætəɫ] (axuda · info)) é a cidade máis grande do noroeste dos Estados Unidos. Fundada en 1853, a cidade está localizada no estado de Washington, na rexión de Puget Sound, a 182 quilómetros da fronteira con Canadá. En 2007 tiña unha poboación de 594 210 habitantes e na súa area metropolitana vivían 3 263 497 persoas.
Lema | «The City of Flowers» (1942–) «The City of Goodwill» (1990–) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Garça-azul-grande (pt) (aves) Dalia (flor) | ||||
Alcume | Emerald City, Queen City e Jet City | ||||
Epónimo | Sealth (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Estado de Washington | ||||
Condado (pt) | Condado de King (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 737.015 (2020) (1.996,01 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 344.629 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Região Metropolitana de Seattle (pt) (Poboación:4.018.762) | ||||
Superficie | 369,243614 km² | ||||
Auga | 41,1556 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Lago Union (pt) , Baía de Elliott (pt) , Green Lake (en) , Lago Washington (pt) e Puget Sound (pt) | ||||
Altitude | 40 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 13 de novembro de 1851 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Bruce Harrell (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Seattle City Council (en) , (Escano: 9) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 98101 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 206 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Gdynia (1993–) | ||||
Páxina web | seattle.gov | ||||
Seattle é un centro comercial, cultural e de tecnoloxía avanzada para o noroeste do Pacífico estadounidense e unha das principais cidades portuarias para o comercio transpacífico e europeo. A zona metropolitana de Seattle está arrodeada por montañas e corpos de auga.
A historia de Seattle deu comezo coa chegada dunhas partidas de pioneiros as terras que arrodean a baía Elliott na enseada Puget Sound, habitadas polo ser humano dende milenios. No tempo da arribada dos occidentais estaban poboadas por indíxenas da tribo Duwamish asentados nunhas 17 aldeas espalladas pola zona[1][2].
Concretamente foi en 1851 cun primeiro asentamento en Alki Point (na outra beira da baía Elliott, a uns 10 km ao oeste do centro actual). Ao ano seguinte a maioría dos colonos trasladáronse á máis protexida beira leste e fundaron o asentamento de Duwamps. En 1853 foi renomeado Seattle (polo xefe Sealth dos duwamish) cando os lotes catastrais foron oficiais[3].
En principio nun promontorio que coa marea alta quedaba illado, cun peirao (Yesler) no norte e arrodeado de interminables bosques, a industria da madeira foi a que deu pulo ó primeiro crecemento[4]. Pronto os lotes foron vendidos e recheado o terreo intermareal[5][6] iniciando un proceso de ganancia de terreos á baía que será constante no futuro.
En 1889 un grande incendio destruíu o centro da vila. Porén, a súa puxanza era tal que nun ano fora reconstruído por un aínda maior e mellor (en ladrillo e pedra arredor de Pioneer Square)[7]; que a poboación case se duplicara (de 25 000 habitantes a 43 000, converténdose na maior do estado de Washington) polo grande afluxo de traballadores para a reconstrución; e que ademais un sistema de parques e bulevares (plan do estudio do prestixioso paisaxista Olmsted, 1903; tamén elaborou o da Feira Mundial de 1909) fora posto en funcionamento.
Poucos anos despois, a febre do ouro de Alasca (1896) converteu o porto de Seattle na base de aprovisionamento e partida, facendo da cidade un nó de comunicacións (ferrocarril tamén nestes anos) e incrementando novamente a súa poboación pola masiva inmigración (orientais e europeos convértena en cosmopolita). Coma consecuencia a partir de 1905 houbo un estoupido inmobiliario na que xa deveu a urbe líder do noroeste do país[8].
A topografía complicada de Seattle, entre a baía e o lago Washington, con numerosos outeiros e brazos de auga obstaculizaba a expansión urbana. Un gran plan de desmontes (regrades) e recheos complementarios levouse a cabo nas primeiras décadas do século XX reconfigurando a xeografía da vila. A fronte costeira, co dique (despois Alaskan Way) e peiraos do porto, ampliouse sobor de todo co recheo do fondo da baía (por onde entrou o ferrocarril) ata a foz do río Duwamish onde se creou unha illa artificial (a industrial Harbor Island, 1909).
Sobor destes novos terreos gañados ao mar cimentouse o apoxeo da industria dos estaleiros no tempo da primeira guerra mundial. Un gran plan para un moderno desenvolvemento metropolitano (Plan Bogue, 1911[9]) foi desgraciadamente rechazado en axustada votación, aínda que moitas das súas propostas foran retomadas co tempo (centro cívico no Denny Hill Regrade e sistema de transporte público).
Trala Gran Depresión (cando perdeu a puxanza portuaria en beneficio dos Ánxeles), dende a segunda guerra mundial a industria aeronáutica primeiro (da man de Boeing) e a informática despois (Microsoft) levaron a Seattle a manterse como unha das metrópoles máis desenvolvidas dos Estados Unidos.
As grandes infraestruturas (anel de autoestradas[10], monorraíl elevado) na década de 1960 acompañaron o primeiro pulo e celebrouse unha nova Feira Mundial en 1962, co Space Needle coma icona do skyline da cidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.