From Wikipedia, the free encyclopedia
Ariel Sharon (hebreo: אריאל שרון, nome de nacemento: Ariel Scheinermann), nado en Kfar Malal o 26 de febreiro de 1928 e finado o 11 de xaneiro de 2014, foi un político israelí.
Nome orixinal | (he) אריאל (אריק) שרון |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (he) אריאל שיינרמן 26 de febreiro de 1928 Kfar Malal, Israel (en) |
Morte | 11 de xaneiro de 2014 (85 anos) Ramat Gan, Israel (pt) |
Causa da morte | hemorraxia cerebral |
Lugar de sepultura | Giv'at ha-Kalaniyot (en) |
Minister of Religious Services (en) | |
28 de febreiro de 2003 – 31 de decembro de 2003 | |
Minister of Communications (en) | |
28 de febreiro de 2003 – 17 de agosto de 2003 | |
Minister of Health (en) | |
23 de maio de 2002 – 3 de xuño de 2002 | |
11º Primeiro ministro de Israel | |
7 de marzo de 2001 – 14 de abril de 2006 ← Ehud Barak (pt) – Ehud Olmert → | |
Ministro das Relações Exteriores de Israel (pt) | |
13 de outubro de 1998 – 6 de xuño de 1999 ← David Levy (pt) | |
Minister of Energy (en) | |
8 de xullo de 1996 – 6 de xullo de 1999 | |
Minister without portfolio (en) | |
14 de febreiro de 1983 – 13 de setembro de 1984 | |
Minister of Defence (en) | |
5 de agosto de 1981 – 14 de febreiro de 1983 | |
Minister of Agriculture and Rural Development (en) | |
20 de xuño de 1977 – 5 de agosto de 1981 | |
Membro de Knesset | |
13 de xuño de 1977 – 17 de abril de 2006 | |
Membro de Knesset | |
21 de xaneiro de 1974 – 23 de decembro de 1974 | |
Datos persoais | |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade Hebrea de Xerusalén Universidade de Tel Aviv |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xerusalén Havat Shikmim (en) |
Ocupación | político, oficial |
Período de actividade | 1945 - |
Partido político | Kadima Likud Shlomtzion (en) |
Carreira militar | |
Rama militar | Haganah |
Rango militar | major-general (pt) |
Conflito | Guerra de Suez Guerra dos Seis Días Guerra do Yom Kippur Guerra árabe-israelí de 1948 guerra de desgaste |
Outro | |
Cónxuxe | Lily Sharon (1963–2000), morte Margalit Sharon (1953–1962), morte |
Fillos | Omri Sharon () Lily Sharon Gilad Sharon () Lily Sharon |
Condenado por | apropiación indebida |
Cronoloxía | |
16 de setembro de 1982-18 de setembro de 1982 | Masacres de Sabra e Shatila |
15 de outubro de 1953 | Massacre de Qibya (pt) |
Papeis de Panamá | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Foi membro da Haganah. En marzo de 2001 foi elixido primeiro ministro do seu país. Sharon foi un dos líderes históricos do Likud; o 21 de novembro de 2005 deixou este partido e fundou o Kadima. Foi acusado de ser o responsable dos masacres de Sabra e Shatila, no Líbano.
O 4 de xaneiro de 2006 sufriu unha hemorraxia cerebral e foi declarado incapacitado temporalmente para exercer os seus poderes, substituíndoo o seu viceprimeiro ministro, Ehud Olmert, quen definitivamente asumiu o posto o 14 de abril.
O 18 de decembro de 2005, sufriu unha recaída por un leve infarto cerebral. Dous días despois recuperouse, e aínda que cunha serie de restricións médicas volveu aos seus labores diarios. O 4 de xaneiro de 2006, só días máis tarde da súa primeira recaída, Sharón sufriu unha grave hemorraxia cerebral mentres descansaba na súa residencia no Deserto do Néguev. Atendéuselle por varias semanas no Hospital Hadasa da cidade de Xerusalén. Sharón permanece en coma profundo e en virtual estado vexetativo desde entón.
Meses máis tarde, foi trasladado desde o Hospital Hadasa, a outro centro médico situado na cidade de Tel-Aviv. Tras meses sen novidades sobre a súa saúde, o 23 de xullo de 2006 informouse, desde o Hospital Tel-Hashomer de Tel-Aviv, que o seu estado de saúde empeorara a raíz dunha insuficiencia renal.
Novamente, o 14 de agosto de 2006 volveuse a informar desde o Hospital Tel-Hashomer, que o estado de saúde de Sharón empeorara. Nesta ocasión informouse que Sharón sufría dunha dobre pneumonía, e que a súa vida corría grave perigo.
O 3 de novembro de 2006, volveuse a informar que Sharon recaera novamente. Nesta ocasión, foi por unha infección que atacou o corazón. Morreu o 11 de xaneiro de 2014 despois de pasar oito anos en coma.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.