Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A operación chumbo fundido[2] (en hebreo: מבצע עופרת יצוקה, transliterado: Mivtza Oferet Yetsuká) é unha ofensiva militar realizada polo Exército de Israel (tamén coñecidas por Tzahal) na Franxa de Gaza contra os militantes de Hamas e maila súa infraestrutura e contra a poboación civil en xeral[3][4][5][6][7][8][9][10][11], que comezou o 27 de decembro de 2008 e desenvolveuse até o 18 de xaneiro. As accións causaron grande controversia en todo o mundo (sendo incluso fortemente rexeitada por persoeiros e agrupacións xudías[12]), producíndose manifestacións de protesta en moitos países, considerándose en boa parte do mundo como un masacre[13][14][15][16][17][18][19] e mesmo un xenocidio[20][21][22][23][24]. Tamén houberon algunhas mostras de apoio á acción israelí nalgunhas cidades, como Londres ou Nova York. O goberno israelí defendeu o seu ataque militar por ser contra o "terrorismo" e en autodefensa, en resposta ó lanzamento de mísiles Qassam por parte de milicianos de Hamas[25][26], durante a tregua de 6 meses asinada o 19 de xuño de 2008. Porén, esta tregua fora violada por Israel ó realizar na franxa de Gaza unha incursión, o 4 de novembro de 2008, contra militantes de Hamas na que mataron a 6 deles e deixaron decenas de feridos[27]. Esta acción foi respondida co lanzamento de 35 mísiles que non deixaron feridos. De novo o 14 de novembro, as forzas israelís lanzaron mísiles ferindo a dous palestinos[28]. Cómpre subliñar que a franxa de Gaza se atopaba en situación de bloqueo por parte do estado israelí e mailo exipcio dende xuño de 2007, o que provocou unha grave crise humana ó limitarse a entrada de axuda, alimentos e medicamentos[29], e afogándose a por de si precaria economía da franxa[30]. O cesamento deste bloqueo era condición imprescindible para que Hamas asinara unha nova tregua, que ofreceu poucos días antes do masacre cometido por forzas israelís[31], aínda que uns días antes de ofrece-la renovación da tregua Hamas déraa por finalizada por non a ter respectado[32].
Operación chumbo fundido | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Conflito árabe-israelí | |||||||
Mapa da franxa de Gaza (Palestina) | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Israel (Exército de Israel) | Hamas Jihad Islámica de Palestina Brigadas dos Mártires de Al Aqsa Comités de resistencia popular Frente Popular para a Liberación de Palestina | ||||||
Líderes | |||||||
Ehud Barak (Ministro de Defensa) Gabi Ashkenazi (Xefe das Forzas Armadas) Yoav Galant (Comandante militar da rexión sur) |
Ismail Haniyeh Mahmoud az-Zahar Ahmed al-Ja'abari | ||||||
Forzas en combate | |||||||
176.500 (10 mil homes participan da ofensiva, resguardados por tanques, artillaría, navíos de guerra e avións de combate) | 15.000 - 20.000 | ||||||
Baixas | |||||||
Civís: 3 Militares: 10 Totais: 13 |
Totais: Entre 1.387 e 1.417[1] |
O primeiro día da operación israelí, o 27 de decembro de 2008, comezou cun bombardeo aéreo da franxa que rematou con aproximadamente 225 palestinos mortos[33] e ó redor de 700 feridos[34]. En resposta, os mísiles lanzados dende a franxa, acabaron coa vida dun israelí en Netivot. Os bombardeos israelís tiveron coma obxectivos as oficinas e cuarteis de Hamas[35], campos de adestramento, túneles para introducir mercadorías de contrabando, infraestruturas civís así como mesquitas, casas e escolas en tódalas principais cidades[36]: Cidade de Gaza, Beit Hanoun, Khan Younis e Rafah. Ademais do bloqueo preexistente, a Mariña de Israel procedeu a bombardear e a realizar un bloqueo por mar á franxa, da que unha mostra é o ataque a un barco que levaba 4 toneladas de axuda médica a Palestina[37]. Pola súa banda incrementáronse os lanzamentos de mísiles por parte de forzas palestinas cara ó sur do territorio israelí, causando en varios días 3 mortos, varios feridos e danos materiais. O 3 de xaneiro iníciase a ofensiva por terra do territorio palestino, coa entrada da artillaría canda os soldados e mailos tanques[38], sumando estes ataques ós aéreos e ós navais.
O saldo de vítimas é de cando menos 1.314 palestinos mortos[39][40] (1.417 segundo o Centro Palestino pro Dereitos Humanos[41], 1.387 segundo datos da oenegué B'Tselem[42] e 1.444 segundo as autoridades de Gaza[1]) e 13 israelís (4 deles como consecuencia de fogo amigo)[43]. O número de feridos na franxa de Gaza foi de ó redor de 5.300 persoas (algúns deles con feridas moi graves, dos que algúns presentan queimaduras interpretadas como consecuencia da utilización de fósforo branco[44][45]). Outros datos[46][47] do masacre falan de 4.000 fogares destruídos en Gaza, máis de 20.000 gravemente danados, 50.800 gazatís sen fogar e 400.000 sen auga corrente, ademais de aumenta-los traumas psicolóxicos nos nenos[48].
O 17 de xaneiro Israel anunciou un alto ó fogo de xeito unilateral que entraría en vigor ás dúas da mañá (hora local) do 18 de xaneiro. Un día despois Hamas declarou a súa propia tregua unilateral durante unha semana para que Israel retirara as súas tropas e finalizase a ofensiva[49]. Aínda así producíronse algunhas accións máis, como a morte dun soldado israelí polo estoupido dunha bomba ó paso dunha patrulla militar. En resposta o exército israelí matou un granxeiro palestino[50][51]. O 21 de xaneiro os derradeiros militares israelís retiráronse da franxa de Gaza[52]. Pese a todo, o bloqueo da franxa de Gaza continúa por parte de Israel, como demostra o feito de que Israel impedira a un buque libanés entregar axuda humanitaria na franxa de Gaza[53].
A franxa de Gaza é unha das zonas máis densamente poboadas do mundo, xa que ten unha poboación de 1.500.202 habitantes nunha área de 360 quilómetros cadrados, nos que case a metade da poboación ten menos de 14 anos (44,7 en xuño de 2007)[54].
As eleccións lexislativas palestinas de 2006 deron como gañador á organización islámica Hamas, posteriormente denominada terrorista pola Unión Europea[55] e mailos Estados Unidos de América[56]. Hamas acadou o 44,45% dos votos (74 escanos) e Fatah, a segunda forza recibiu o 41,43% (45 escanos). Tralo conflito militar entre Hamas e Fatah, Hamas asumiu o control administrativo e Exipto pechou o paso fronteirizo de Rafah e Israel pechou os demais pasos fronteirizos e impuxo un bloqueo ó territorio en xuño de 2007. A situación de desesperación e de crise humana obrigou ós palestinos a racha-lo bloqueo mediante túneles subterráneos que conectaban a franxa de Gaza con Exipto, para levar comida e obxectos de primeira necesidade, así como produtos de contrabando. Israel afirmou que a través dos túneles Hamas estaba procedendo a armarse.
De acordo coa Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios, entre 2005 e 2008 116 israelís, incluíndo civís e membros das Forzas de Defensa Israelí, resultaron mortos tanto en Israel coma en Territorios palestinos e 1.509 resultaron feridos[57]. Durante este mesmo período de tempo, 1.735 palestinos, incluíndo civís e militantes de diversos grupos foron asasinados mentres que 8.308 resultaron feridos en ataques israelís[57].
O 19 de xuño de 2008 entrou en vigor un cesamento do fogo entre Hamas e o goberno israelí, mediado polo goberno exipcio[58]. En rigor, este acordo nunca se chegou a cumprir, xa que o cesamento das hostilidades non se produciu na súa totalidade[59]. Entre a materia do acordo atopábanse a apertura dos pasos entre a franxa de Gaza e Israel, así como a apertura do paso de Rafah, entre a franxa e Exipto. Tamén se comtemplaba o inicio das negociacións para a liberación do soldado israelí secuestrado por Hamas Gilad Shalit[60]. Ademais, a parte palestina, agardaba a fin do bloqueo que Israel impuxera sobre Gaza, e que provocou unha verdadeira catástrofe humanitaria. Nun documento[60] do Intelligence and Terrorism Information Center israelí a tregua divídese en dous períodos:
por organizacións terroristas non controladas, en certos casos en desafío a Hamas (especialmente por militantes ou simpatizantes de Fatah e Al-Qaeda). Hamas foi coidadosa en mante-la tregua.Intelligence and Terrorism Information Center at the Israel Intelligence Heritage & Commemoration Center[60]
A ONU rexistrou entre o 19 de xuño e 26 do mesmo mes 8 violacións da tregua por parte das forzas israelís e 3 por forzas palestinas, non asociadas a Hamas[61].
Trala non renovación da tregua por parte de Hamas, aducindo que Israel non cumprira cos termos do acordo, a propia Hamas pescudou un novo achegamento para renova-la tregua mediante o cumprimento dos termos do acordo orixinal. Así pois, o 23 de decembro, un dos líderes de Hamas, Mahmou az-Zahar, instou a renova-la tregua neses mesmos termos[66]. Ese mesmo día as Forzas de Defensa Israelís (FDI) mataron un membro de Hamas e feriron outros dous que supostamente estaban a lanzar foguetes[67].
Ó día seguinte máis de 60 morteiros e foguetes Qassam foron lanzados sobre Israel sen causar ningún ferido[68]. O ministro de defensa israelí, Ehud Barak, asegurou que ían responder ós foguetes, e que Hamas ía paga-lo prezo como responsables dos ataques. Na mesma liña o primeiro ministro Ehud Olmert afirmou a unha canle árabe esas ameazas: "estoullo dicindo agora, pode se-lo derradeiro minuto, estou dicindo que paren. Nós somos máis fortes"[69]. Xa daquela oficiais da defensa aseguraban estar a piques de lanzar unha operación de ataques aéreos contra as lanzadeiras de foguetes, que continuaría cunha invasión terrestre[69].
A planificación da operación iniciárase seis meses antes, e incluíu unha campaña de desinformación para dar unha falsa sensación de seguridade a Hamas e provocar o meirande número de vítimas posibles co seu primeiro ataque aéreo[70][71].
O argumento empregado de xeito público polo goberno israelí é o do autoproclamado dereito á defensa, que está por riba de calquera resolución das Nacións Unidas[72]. Porén, xúntanse moitos intereses máis:
Matan Vilnai[76].
Ás 11:30 hora local (9:30 UTC) do 27 de decembro de 2008 Israel lanzou a súa operación chumbo fundido, cunha primeira vaga de ataques aéreos, a primeira delas desenvolveuse en menos de 4 minutos e consistiu no bombardeo de aproximadamente 100 instalacións gobernamentais por parte de 88 avións[88] F-16[89]. Trinta minutos máis tarde unha segunda vaga de 60 jets e helicópteros atacou outras 60 instalacións: cuarteis de Hamas, oficinas do goberno e 24 comisarías de policía[1]. Nun dos obxectivos, na Cidade de Gaza, mataron cando menos 40 persoas nunha cerimonia de graduación para policías[90]. Finalmente estímase que neste primeiro día morreron uns 235 policías (a maioría do total da ofensiva)[91], incluído o xefe de policía Tawfiq Jabber. Ó final do día xa se calculaban os mortos en máis de 200 e os feridos en máis de 700[92]. Porén, lonxe da inmediatez dos cálculos no día, calculouse o número en 334[93]. Os palestinos rapidamente alcumaron o día como sábado negro[94][95]. As morgues estaban cheas e os mortos apilábanse á espera do enterro[96].
O domingo 28, Israel continuou o ataque aéreo con obxectivos diversos: edificios, túneles para contrabando, unha mesquita e o edifico da televisión Al-Aqsa TV[97]. Milleiros de palestinos tentaron fuxir ó Exipto pola fronteira, no medio de enfontamentos coa policía exipcia[98]. Nun dos incidentes consecuentes dos bombardeos deste día morreron 5 irmás palestinas, de entre 4 e 17 anos: Tahrir (17), Ikram (15), Samar (12), Dina (8) e Jawaher (4). O seu pasamento produciuse mentres elas durmían, en Jabaliyah[99][100][101]. O Concilio de Seguridade das Nacións Unidas clamou polo cesamento do ataque, a fin do bloqueo e a apertura da fronteira[102]. A cifra de mortos ergueuse a cando menos 282 mortos e 600 feridos[103].
Incidente Dignity |
O 29 de decembro o iate Dignity do movemento Free Gaza partiu de Chipre cun cargamento de 3,5 toneladas de axuda médica[104]. No barco ían 15 persoas: a activista irlandesa pro dereitos humanos Caoimhe Butterly, a congresista estadounidense Cynthia McKinney, a cirurxiá e membro do parlamento chipriota Elena Theoharous, canda outros dous cirurxiáns, e xornalistas como Karl Penhaul da CNN[105]. Aínda a 90 millas da costa[106], en augas internacionais, a embarcación foi interceptada por embarcacións militares israelís, unha delas batendo contra ela causando graves danos, e despois disparando con metralladora contra a auga para impedi-lo seu avance.
Un portavoz israelí indicou que o barco si que se atopaba en augas pertencentes a Israel, e que os pasaxeiros do barco non responderan ó contacto por radio dos buques da armada. Ningún dos pasaxeiros resultou gravemente ferido. O barco non puido acudir en axuda de Gaza, e volveu, seriamente danado, ó Líbano. |
O ataque aéreo continuou sobre a franxa. A aviación israelí bombardeou a Universidade Islámica de Gaza, considerada un símbolo cultural de Hamas[35], por sospeitaren que funcianaba como almacén de explosivos. Tamén foi albo dos mísiles israelís o edificio do ministerio do interior palestino[35]. Ámbolos dous obxectivos atópanse no mesmo barrio, Tel al-Hawa.
Na cidade israelí de Ashkelon un traballador da construción árabe morreu[107] e outros 17 traballadores, tamén árabes, resultaron feridos polo lanzamento dun foguete BM-21. Na comunidade de Nahal Oz, tamén no sur de Israel, un morteiro matou un soldado e en Ashdod foi unha muller a que resultou morta. Estas tres mortes meteron presión ó goberno para adiantar canto antes a invasión terrestre[108]. Pola súa banda, un portavoz das Forzas de Defensa Israelís confirmou que a Mariña estaba a tomar parte do ataque a Gaza, mediante ataques con mísiles terra-terra e mediante o sistema Typhoon[109].
Israel procedeu a declarar zona militar pechada unha área de entre dous e catro quilómetros, alén de Gaza, e obrigaron a marchar ós xornalistas. En Cisxordania, a carraxe dalgúns palestinos pola sorte dos palestinos da franxa fixo que saíran ás rúas armados con pedras, ante o cal o exército de Israel disparou contra a poboación, matando a dous cisxordanos. A situación era crítica (xa o era mesmo antes dos bombardeos) e a Cruz Vermella indicaba que os hospitais non daban de si[110]. Os mortos ascendían os 300 e os feridos os 1.400.
O ataque aéreo israelí tivo como albos cinco edificios ministeriais, unha estrutura propiedade da Universidade Islámica, un recinto deportivo, e varios obxectivos de Hamas, como Abdel-Karim Jaber, cuxa casa nun campo de refuxiados de Jalabiya foi atacada sen estar el presente, matando 7 persoas[111]. Tamén as oficinas da Fronte Popular para a Liberación de Palestina foron esnaquizadas[112]. O número de mortos ascendía a 384[113] e Amnistía Internacional indicaba que non había sitios seguros en Gaza para os civís[114].
Nun radio de 50 quilómetros da fronteira con Gaza Israel pechou as escolas por temor ós foguetes. Desta vez eses foguetes acadaron Be'er Sheva, o punto máis afastado cara ó leste ó que chegaran[115]. Nesta e outras cidades caeron máis de 40 foguetes, sen causar vítimas.
Xornalistas estranxeiros demandaron acceso a Gaza[116]. A secretaria de Estado estadounidense Condoleezza Rice, o ministro de exteriores ruso Sergei Lavrov, o secretario xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon e o xefe da política exterior da UE Javier Solana pediron o cesar do fogo[117]. Asemade, o ministro de exteriores do Reino Unido pediu unha solución política ó conflito[118]. O ditador exipcio Hosni Mubarak dixo que non abriría totalmente o paso da fronteira mentres o posto fronteirizo non estivese baixo a autoridade da Autoridade Nacional Palestina[119].
Israel rexeitou a proposta francesa dun alto o fogo de 48 horas para o paso de axuda humanitaria a Gaza[120]. Hamas mostrouse receptivo a negociar un alto o fogo de se elimina-lo bloqueo económico[121].
O Exército israelí continuou co bombardeo: volvéronse atinxi-lo Ministerio do Interior, o porto de Gaza, unha mesquita e os túneles fronteirizos entre Gaza e Exipto, neste último caso coa utilización de bombas sísmicas, que deixaron furados de 30 metros de profundidade[122]. Un médico palestino foi asasinado mentres tentaba axudar ós feridos por mor dun proxectil, deixando ademais outros dous feridos[122]. Tamén se bombardeu a oficina do primeiro ministro Ismail Haniyeh.
A resistencia palestina lanzou foguetes a territorio israelí sen causar vítimas. Dous caeron en Beersheba, causando severos danos nunha escola que estaba baleira[123]. Outros dous caeron en Ashkelon e outras cidades[124].
Os mortos palestinos alancaban até os 393 (un 40% deles civís), e os feridos superaban os 1.900[125].
Os ataques israelís bateron en Gaza contra o edificio do Parlamento e as oficinas do ministerio de xustiza, deixando catro mortos e vinte e cinco feridos[126]. Rexistráronse danos nun hospital infantil[127].
Foi asasinado un dos líderes de Hamas, o profesor da Universidade Islámica Nizar Rayan, nun ataque na súa casa que resultou na morte a maiores de 9 mulleres, incluíndo 4 esposas e 11 dos seus fillos[128]. Cinco persoas resulatron mortas nun ataque da aviación en Rafah, outra morreu no sur, e unha muller morreu tras un ataque a unha mesquita en Jabaliya.
Os foguetes lanzados dende territorio palestino seguiron caendo nas cidades próximas israelís, sen causar feridos.
Os mortos palestinos seguían medrando: 417 mortos e sobre 2.000 feridos[129].
Hamas arengou un "día da ira" e enchéronse as rúas de Gaza e Cisxordania de protestas. Os ataques aéreos israelís alcanzaron as casas de 20 militantes de Hamas e, en resposta, militantes palestinos lanzaron máis de 60 foguetes lesionando a catro persoas en Ashkelon. Noutro dos ataques israelíns resultaron mortas cinco persoas, entre elas tres menores[130]. Abriuse brevemente o paso de Erez para deixar saír de Gaza a unhas 440 persoas con pasaporte estranxeiro[131], o cal se interpretou como un indicio da ceda invasión terrestre de Gaza. Os xornalistas continuaron a ter prohibida a súa entrada na franxa, pese a que a corte suprema os autorizou. En Gaza unha ambulancia do Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella que levaba axuda despois dun primeiro ataque israelí foi bombardeada, ferindo ós seus dous ocupantes. Nas protestas en Cisxordania polo masacre de Gaza, tamén foron atacados persoal de ambulancias, manifestantes e xornalistas[132]. Os mortos palestinos chegaron os 428 e os feridos superaban os 2.100[132].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.