Menachem Begin

From Wikipedia, the free encyclopedia

Menachem Begin

Menachem Begin, nado en Brest, Belarús o 16 de agosto de 1913 e finado en Xerusalén o 9 de marzo de 1992, foi un político israelí e 6º primeiro ministro de Israel en maio de 1977. Baixo o acobillo do entón presidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter, Begin negociou en 1978 os acordos de Camp David co presidente de Exipto, Anwar Sadat, polos que Israel devolveu a península de Sinaí a Exipto. Por estes acordos Begin e Sadat recibiron o Premio Nobel da Paz en 1978.[1]

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Menachem Begin
Thumb
(1978)
Nome orixinal(he) מנחם בגין
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1913
Brest (Imperio Ruso)
Morte9 de marzo de 1992 (78 anos)
Tel Aviv, Israel
Causa da morteinfarto agudo de miocardio
Lugar de sepulturaCemiterio xudeu do Monte das Oliveiras
Minister of Agriculture and Rural Development (en)
19 de xuño de 1983 – 10 de outubro de 1983
 Simha Erlich (pt) Pesah Grupper (pt)  
Membro do gabinete: Nineteenth government of Israel (en)
Minister of Defense of Israel (en)
14 de febreiro de 1983 – 23 de febreiro de 1983
 Ariel SharonMoshe Arens (pt)  
Membro do gabinete: Nineteenth government of Israel (en)
Membro de Knesset
20 de xullo de 1981 – 13 de agosto de 1984
Minister of Defense of Israel (en)
28 de maio de 1980 – 5 de agosto de 1981
 Ezer WeizmanAriel Sharon 
Membro do gabinete: Eighteenth government of Israel (en)
6º Primeiro ministro de Israel
20 de xuño de 1977 – 10 de outubro de 1983
 Yitzhak RabinYitzhak Shamir 
Minister of Communications (en)
20 de xuño de 1977 – 24 de outubro de 1977
 Aharon Uzan (pt) Meir Amit (pt)  
Membro do gabinete: Eighteenth government of Israel (en)
Membro de Knesset
13 de xuño de 1977 – 20 de xullo de 1981
Membro de Knesset
21 de xaneiro de 1974 – 13 de xuño de 1977
Membro de Knesset
17 de novembro de 1969 – 21 de xaneiro de 1974
Minister without portfolio (en)
5 de xuño de 1967 – 6 de agosto de 1970
Membro de Knesset
22 de novembro de 1965 – 17 de novembro de 1969
Membro de Knesset
25 de maio de 1965 – 22 de novembro de 1965
Membro de Knesset
4 de setembro de 1961 – 25 de maio de 1965
Membro de Knesset
30 de novembro de 1959 – 4 de setembro de 1961
Membro de Knesset
15 de agosto de 1955 – 30 de novembro de 1959
Membro de Knesset
20 de agosto de 1951 – 15 de agosto de 1955
Membro de Knesset
14 de febreiro de 1949 – 20 de agosto de 1951
Datos persoais
RelixiónXudaísmo
EducaciónFacultade de Dereito e Administración da Universidade de Varsovia
Actividade
Lugar de traballo Xerusalén
Ocupaciónpolítico
Partido políticoLikud
Gahal (en)
Herut
Carreira militar
Rama militarExército de Anders (pt)
Rango militarcabo (pt)
Conflitosegunda guerra mundial
Invasión de Polonia
Familia
CónxuxeAliza Begin (1939–1982), morte
FillosBenny Begin
PaisZeev Dov   e Hassia Biegun
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteObálky knih,
WikiTree: Begin-70
Pechar

Traxectoria

Beguin naceu en Brest-Litovsk (entón en Polonia, hoxe en Belarús), educado no sionismo polo seu pai. Estudou nun colexio hebreo e nun liceo polaco, e aos 16 anos entrou no movemento sionista Betar, creado por Vladimir Jabotinski. Dende 1939 foi líder da organización polaca de Betar.

Thumb
Menachem Begin

Ao comezo da segunda guerra mundial refuxiouse en Vilnius, ata que en 1940 a NKVD soviética arrestouno e enviouno a un campo de traballo de Siberia. Liberado en 1941, despois do acordo Sikorski-Mayski, uniuse ás forzas polacas libres establecidas na URSS e baixo o mando de Wladyslaw Anders, en 1942 como soldado desa unidade chega a Palestina. Alí incorpórase ao Irgún, o brazo armado e clandestino do sionismo revisionista, converténdose no seu líder en 1947. Coma tal foi o máximo responsable da destrución do hotel Rei David, cuartel xeral das forzas británicas en Palestina, no que morreron case 100 persoas, así coma do ataque á aldea palestina de Dir Yassin. Trala creación do Estado de Israel funda o partido político Herut, que máis tarde se convertería no partido dominante do Likud, que quedou fóra da corrente xeral do sionismo, defendendo un Israel antisocialista e territorialmente máis grande.

Como primeiro ministro, Begin, foi o artifice do acordo de paz con Exipto que supuña a devolución do Sinaí a Exipto e do desmantelamento dos asentamentos xudeus da zona. A pesar do que o plan de paz establecera unha autonomía palestina, Begin non a aplicou, o que supuxo a dimisión dos ministros Moshé Dayán e Ezer Weizman.

En 1982 Begin autorizou a entrada das Forzas de Defensa Israelís no Líbano. Esta incrusión dividiu fondamente á opinión pública israelí, e propicióu a dimisión de Begin en agosto de 1983, xunto coa morte da súa dona, Aliza.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.