Hussein I de Xordania

From Wikipedia, the free encyclopedia

Hussein I de Xordania
Remove ads

Hussein bin Talal (en árabe, حسين بن طلال), nado en Amán o 14 de novembro de 1935, finado o 7 de febreiro de 1999 , coñecido como Hussein I de Xordania ou Hussein de Xordania, foi o rei de Xordania desde o 11 de agosto de 1952 até a súa morte. Sucedeu ao seu pai o rei Talal aos 17 anos.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads
Thumb
O presidente dos EUA Jimmy Carter e o rei Hussein I de Xordania (dta.), nunha entrevista na Casa Branca o 25 de abril de 1977.

Hussein foi educado no Victoria College en Alexandría. Procedía da Harrow School en Inglaterra, onde fixo amizade co seu curmán Faisal II de Iraq. Posteriormente segue estudando na Real Academia Militar de Sandhurst.

Remove ads

Coroación

Sucedeu ao se avó o 11 de agosto de 1952, pola renuncia do seu pai, Talal ibn Abd Allah. O rei tiña 17 anos no momento da súa sucesión, non era maior de idade, e polo tanto, formou un Consello de Administración Fiduciaria no trono, e foi coroado o 2 de maio de 1953.

Vida persoal

Casou catro veces e con cada unha das súas mulleres tivo fillos:

  • Dina bint 'Abdu'l-Hamid (Dina), Xerifa da Meca, (1955-1957), nada no Cairo, Exipto en 1929. Dina graduouse na Universidade de Cambridge e foi a primeira profesora de literatura inglesa na Universidade do Cairo. O matrimonio só tivo unha filla, Alia (1956). Casou novamente en 1970 co Tenente Coronel Asad Sulayman Abd al-Qadir (Salah Ta'amari), nado en Belén en 1942.
  • Antoinette (Tony) Avril Gardiner (1961-1970), era inglesa (nada en Chelmondiston en 1941), e tras o seu matrimonio adoptou o nome de Muna al-Hussein (Desxeo de Hussein). Tiveron catro fillos: Abdalá (nado en 1962 e actual monarca), Faisal (1963) e as xemelgas Zein e Aisha (1968).
  • Alia Baha ed Din Toukan (Alia), (1972-1977), nada no Cairo, Exipto en 1948. Tiveron tres fillos: dous biolóxicos, Haya (1973) e Alí (1974) e unha filla adoptiva, Abir (que naceu en 1972 e foi adoptada en 1975). Este matrimonio tivo un tráxico final, pois en 1977, Alia faleceu nun accidente de helicóptero en Amán.
  • Elizabeth (Lisa) Najeeb Halaby (1978-1999) era unha norteamericana, nada en Washington en 1951. Licenciada en Arquitectura, con ascendencia siria (por parte de pai) e sueca (por parte de nai). Ao casar co monarca, Lisa adoptou o nome de Noor al-Hussein (Luz de Hussein). O matrimonio, que duraría até a morte do rei, tivo catro fillos: Hamzah (1980), Hashim (1981), Imán (1983) e Rayah (1986).
Remove ads

Liña do tempo

Abdullah II de XordaniaTalal ibn Abd AllahAbd Allah ibn HusaynAbd Allah ibn Husayn

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Talal I

Rei de Xordania

1952 - 1999
Sucesor:
Abdullah II
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads