asociación profesional galega From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituíse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega | |
---|---|
Acrónimo | AELG |
Tipo | asociación profesional e organización de escritores e escritoras |
Data de fundación | 3 de maio de 1980 |
Presidente/a | Cesáreo Sánchez Iglesias (-) |
País | España |
Na rede | |
https://www.aelg.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participou na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea foi o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.
Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña.[1] A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios,[2] nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.[3]
Sucesivamente:
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aquelas autoras e autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana, honrando cada ano unha escritora ou escritor.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.