profesora e escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Ana Belén Rodríguez Rodríguez, coñecida polo pseudónimo Anna R. Figueiredo,[1] nada en Ourense o 17 de setembro de 1979, é unha profesora e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1979 (45 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora |
Sitio web | annafigueiredo.gal |
Estudou secundaria no Colexio Marista Santa María de Ourense e licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela. Viviu durante 5 anos a cabalo entre Gran Bretaña e Santiago de compostela[2] e doutorouse en 2009 na Universidade de Sheffield coa tese: The structure of all-polymer field effect transistors (O efecto da estrutura nos transistores poliméricos de efecto campo)[3]. Exerceu como profesora de Física e Tecnoloxía no ensino secundario en Santiago no Colexio La Salle e en 2020 no IES As Barxas de Moaña e noutros centros.
Colaborou tamén en banda deseñada a través de BD Banda (2008) e na publicación trimestral Contos estaños (2012).
En 2018 gañou o Premio Viadutos de Novela con Os bicos feridos. Na novela unha moza que emigra a Londres sostén unha trama en que “se van debullando temas de fondo calado como a importancia das redes sociais na vida moderna, a complexidade das relacións familiares, a maternidade ou o medo á morte”.[4] Segundo Ramón Nicolás: "as páxinas de Os bicos feridos constrúense grazas a unha serie de diversas voces narrativas, tratadas con solvencia na súa singularidade, onde a presenza de recursos como son o uso das redes sociais ou ese continuo, e marabilloso, pano de fondo musical sempre presente, conforman unha novela intensa...".[5]
En marzo de 2019 a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia presentou Feminismos. A historia cóntana as vencedoras no que Anna R. Figueiredo fai un percorrido da situación das mulleres dende a prehistoria ata o día de hoxe.[6] A obra tamén fai un repaso do feminismo en Galicia, as vangardas e a loita polo apoderamento da muller no resto de España.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.