escritora cubana From Wikipedia, the free encyclopedia
Nancy Morejón, nada na Habana o 7 de agosto de 1944[1], é unha poeta, dramaturga, ensaísta e tradutora cubana. Contribuíu moito á escritura en Cuba e ten posicións literarias importantes, como directora de revísta Unión, membro da Academia Cubana, e Presidente da Asociación de Escritores da Unión de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC).[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1944 (80 anos) A Habana, Cuba |
Educación | Universidade da Habana |
Actividade | |
Ocupación | escritora, poetisa |
Período de actividade | 1962 - |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dictionary of Caribbean and Afro–Latin American Biography (en) |
O seu pai era de ascendencia africana e a súa nai de raíces africanas. Destacando desde moi nova nos estudos, escribía poemas aos trece anos e en 1959, con apenas quince, chegou a titularse de profesora de inglés; obtivo o bacharelato en letras en 1961. Aos dezaoito anos publicou o seu primeiro libro de versos, Mutismos. Entre 1963 e 1964 foi profesora de francés na Academia Gustavo Ameijeiras da Habana e traballou como tradutora para o Ministerio do Interior. Obtivo o premio «Rubén Martínez Villena» en 1964 e militou entre 1963 e 1965 no Comité de Base da Unión de Mozos Comunistas da Escola de Letras; licenciouse en lingua e literatura francesas pola Universidade da Habana (1966) e doutorouse cunha tese sobre o poeta martiniqueño Aimé Césaire. Entre 1986 e 1993 foi directora do Centro de Estudos do Caribe de Casa das Américas, labor que reasumiu en 2000. Desde 1991 é Membro da Academia de Ciencias de Cuba.[4]
Elaborou unha Recompilación de textos sobre Nicolás Guillén (A Habana, Edicións Casa das Américas, 1974) e dedicouse principalmente á tradución simultánea en eventos e congresos; tamén realizou traducións para o Instituto do Libro, sobre todo de poesía afrocaribeña. Participou no Encontro do Centenario de Rubén Darío, celebrado en Varadero (1967) e en moitos outros actos literarios, relacionados coa poesía e a cultura. En 1980 recibiu o Premio Nacional de Ensaio "Enrique José Varona" da Unión de Escritores e Artistas de Cuba polo seu libro Nación y Mestizaje en Nicolás Guillén, que en 1983 recibiu tamén o Premio Mirta Aguirre; en 1986 recibiu o "Premio da crítica" cubano por Piedra Pulida e en 2001 o Premio nacional de Literatura. A Elogio y paisaje e La Quinta de los Molinos foilles outorgado tamén o Premio da Crítica en l997 e 2000, respectivamente.[5] A Universidade de Nova York conferiulle o Premio Yari-Yari de Poesía Contemporánea polo conxunto da súa obra no 2004. En agosto de 2006, durante a VLª edición do Festival Noites de Poesía, recibiu o Premio Coroa de Ouro de Struga 2006 de Macedonia xa proclamado o 21 de marzo de 2006, na sede da UNESCO, en París, polo Día Mundial da Poesía. En maio de 2007, no marco do XII Festival Internacional de Poesía da Habana, recibiu o Premio Rafael Alberti. posúe as Insignias de Oficial da Orde ao Mérito da República de Francia e a réplica do Machete de Máximo Gómez, entre outros. É membro de número da Academia Cubana da Lingua desde 1999.
Escribiu colaboracións para Unión, Cultura'64, El Caimán Barbudo, La Gaceta de Cuba, Casa de las Américas. Foi seleccionada para a antoloxía Novísima poesía cubana (1962) de Reinaldo Felipe e Ana María Simo.
A súa obra abrangue unha grande amplitude de temas. A mitoloxía da nación cubana e a relación integracionista dos negros con esta nación mediante a mestizaxe de culturas españolas e africanas nunha identidade nova, cubana. A maior parte da súa obra apoia o nacionalismo, a revolución e o actual réxime cubano. Ademais, declara o seu feminismo respecto da situación das mulleres dentro desta nova sociedade e a integración racial facendo a mulleres negras protagonistas centrais nos seus poemas. Finalmente, o seu traballo tamén trata a historia da escravitude e os malos tratos na relación de Cuba e os Estados Unidos, aínda que a súa obra non está dominada polos temas políticos. Críticos sagaces fixeron notar xocosas observacións sobre a súa propia xente, un particular e moi cubano emprego da ironía e o humor, así como a calidade intrínseca dunha poesía sumamente lírica, íntima, espiritual, e mesmo erótica, até bucólica.
Nancy Morejón foi traducida ao inglés, ao francés, ao alemán, ao portugués, ao italiano, ao ruso, ao polaco e ao holandés e é especialmente coñecida nos Estados Unidos, onde a súa obra é moi apreciada e foi traducida e reimpresa en numerosas ocasións.
A paixón pola escritura e a lectura naceu por medio dos seus pais. Ambos os dous pais inculcáronlle os bos valores e a importancia da formación. A nai foi un exemplo a seguir para Nancy Morejón. O seu pai tamén a involucrou no mundo das noticias cotiás ao redor do mundo a través de revistas ou xornais. Aos nove anos, Nancy xa escribía a súa propia poesía no seu propio diario, tamén estaba a aprender inglés. A tan curta idade Nancy axudaba aos analfabetos escribindo e lendo para eles. Nancy Morejón non só foi moldeando o seu coñecemento por medio das escolas ou as universidades, tamén lle constaba que a instrución das rúas ensinaba e daban moito que aprender. Morejón dálle vida, cor, e son á súa poesía lembrando as rúas do seu barrio onde naceu e creceu, o barrio dos Sitios. Os seus pais, o seu fogar, a súa contorna onde creceu foron importantes influencias cara á súa afección á literatura e a poesía.[6]
Un dos poemas máis populares de Nancy Morejón onde representa a historia negra e a feminidade é coñecido como Mujer Negra. Morejón é a voz dos seus antepasados. O pasado dos seus devanceiros quen sufriron por escravitude por ser raza negra influíu tanto na súa voz poética. O poema visualiza imaxes moi fortes e impactantes. Ten un ton intenso, forte, e valente. Tamén fai unha alegoría cara á revolución cubana.[7]
Críticos das obras de Morejón, como Caroline A. McKenzie e William Luís, ven a conexión coa revolución de Cuba como a razón do seu éxito. Aínda que a revolución foi moi importante na vida e obra de Morejón, o seu traballo cos temas de escravitude, a identidade afrocubana e o feminismo teñen unha gran parte da súa influencia na sociedade actual. O poema “Muller negra” é un bo exemplo da mestura de influencias na súa vida. Ela loita coas súas palabras polos dereitos humanos para persoas de herdanza africana e todas mulleres. No poema, usa a historia colectiva das escravas negras para crear a forza do sentimento nos lectores, especialmente por mor das referencias a experiencias normais de mulleres. Tamén se trata da revolución en Cuba e sen dúbida mostra apoio ao comunismo e aos revolucionarios como Castro.[8]
Nunha entrevista de Bomb Magazine, Nancy Morejón dixo que non hai elementos de marxismo nalgúns dos seus poemas.[9] Con todo, en “Muller Negra” hai un verso que ten a palabra ‘comunismo.’ Morejón non é membro do partido comunista, pero ten ideais que están relacionados co marxismo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.