Antía Yáñez Rodríguez, nada en Burela o 9 de agosto de 1991, é unha escritora galega.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de agosto de 1991 (33 anos) Burela, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Premios | |
Traxectoria
Estudou Secundaria e Bacharelato no IES Perdouro (Burela).[1] Enxeñeira de camiños,[2] reside en Cecebre (Cambre), onde xestiona unha academia e fai obradoiros literarios para rapaces.
En 2018 gañou o premio Illa Nova con Senlleiras[3]. É a historia de dúas mulleres, Alana (moza pobre) e Alda (influencer), en tempos diferentes, comezos do século XX e comezos do século XXI, pero cun mesmo problema, o maltrato dos seus homes. Na obra hai diferentes narradores e intégranse textos xornalísticos, das redes sociais etc.
En 2020 entrou na directiva da AELG.[4] En 2022 publicou Non penses nun elefante rosa, onde trata o tema da saúde mental, en particular o TOC.[5]
Obras
- O misterio de Portomarín (2016). Galaxia. ISBN 978-84-9151-021-8, 240 p.[6]
- Senlleiras (2018). Galaxia. ISBN 978-84-9151-190-8, 356 p.[7]
- O misterio do torque de Burela (2019). Galaxia. 222 páxs. Ilustracións de Kristina Sabaite. ISBN 978-84-9151-355-1.[8]
- Be Water (2019). Cuarto de Inverno. Novela.
- Plan de rescate (2020). Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Xiana Teimoy. 176 páxs. ISBN 978-84-9121-728-2. ePub: ISBN 978-84-9121-748-0[9]. Forma parte da '2023 IBBY Selection of Outstanding Books for Young People with Disabilities' xunto a outros 39 títulos de 24 países e en 17 linguas diferentes.[10]
- Non penses nun elefante rosa (2022). Xerais. 424 páxs. ISBN 978-84-1110-069-4. ePub: ISBN 978-81-1110-065-9. Foi traducida ao castelán.[11]
- O clan das barbies (2024). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-1110-607-8. ePub: ISBN 978-84-1110-601-6.[12]
Obras colectivas
- Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[13]
Premios
- Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria, 2013.
- Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, 2014.
- Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre en 2016.
- Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, 2017.
- Premio de narrativa Illa Nova, 2018.[14]
- III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, por Plan de rescate, 2019.
- Premio dos Clubs de Lectura 2022 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.[15]
- XIX do Premio de xornalismo Johán Carballeira en 2022 pola súa crónica "A saúde mental en Galicia, en bragas", un texto publicado na revista Luzes.[16]
- XXXIII Edición do Certame Manuel Murguía de narracións breves 2024 por As regras.[17]
- 2ª edición do certame As mulleres que opinan (2024), polo artigo As leis de Newton.[18]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.