Remove ads
xornalista mexicana From Wikipedia, the free encyclopedia
Lydia Cacho Ribeiro, nada o 12 de abril de 1963 na Cidade de México, é unha xornalista mexicana, activista feminista e defensora dos dereitos humanos.[1]
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1963 (61 anos) Cidade de México |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, Activista polos dereitos humanos, escritora |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
En 2023 foi nomeada Escritora Galega Universal de 2023, unha distinción outorgada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Cacho, con raíces galegas, é recoñecida "desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra".[2]
Así escribe en 1980 desde Galicia, terra de parte da súa familia: "Estou moi emocionada de coñecer a terra dos meus devanceiros, sinto que cando pisas un lugar novo todas as historias que che contaron vólvense máis reais e entón xa non ves o mundo da mesma forma ca antes (traducido do castelán)".[3]
Comezou a súa carreira na sección cultural do xornal, Novedades de Cancún, e uns anos despois comezou a publicar artigos sobre a prostitución de nenas arxentinas e cubanas na cidade de Cancún, que é un destino moi frecuente para estudantes americanos durante as vacacións de primavera. En 2003, no xornal Por Esto, escribiu artigos sobre abusos sexuais cometidos contra menores.
No seu libro, Los Demonios del Edén, denuncia a mafia pederasta en México, na que participan varias figuras públicas, incluído Jean Succar Kuri, filmado por unha cámara oculta.[4] Tamén acusa a Emilio Gamboa Patrón, Miguel Ángel Yunes e Kamel Nacif Borge de traballar para tratar de cubrir a Kuri. Nacif Borge demándaa por difamación. Mentres tanto, é arrestada e despois extraditada dun estado a outro sen ser acusada de ningún cargo. Finalmente será liberada despois do pago dunha multa.
O 14 de febreiro de 2006, varias conversas telefónicas entre Nacif Borge e o gobernador do estado de Puebla, Mario Marín, son publicadas por La Jornada, un diario da Cidade de México. Revelan conversas que tiveron lugar antes da detención de Lydia Cacho entre Marín e Nacif Borge nas que planifican a detención do xornalista, así como varias malleiras físicas que tería que sufrir no cárcere para silenciala.[5] A publicación destas conversas creou un gran rebumbio nos medios mexicanos e tamén o interese público. O 29 de novembro de 2007, o Tribunal Supremo mexicano, o máximo órgano xudicial do país, decide, por 6 votos contra 4, que Marín non podería ser responsábel da detención de Cacho nin da intimidación que sufriu.[6] [7]
Exiliouse en España en 2021, temendo pola súa vida en México.[8] Obtivo a nacionalidade española por carta de natureza.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.