Maria Teresa Horta

escritora portuguesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Maria Teresa Horta

Maria Teresa de Mascarenhas Horta Barros, nada en Lisboa, o 20 de maio de 1937 e finada o 4 de febreiro de 2025[1], foi unha escritora e xornalista portuguesa.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Maria Teresa Horta
Thumb
Biografía
Nacemento(pt) Maria Teresa de Mascarenhas Horta Barros
20 de maio de 1937
Lisboa, Portugal
Morte4 de febreiro de 2025 (87 anos)
Lisboa, Portugal
EducaciónUniversidade de Lisboa - título de grao
Actividade
Ocupaciónnovelista, xornalista, poetisa, escritora, activista polos dereitos das mulleres
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLuís de Barros
Premios

Pechar

Traxectoria

Thumb
Vila Nova de Cerveira, Mulheres da Revoluçâo (Elton Hipolito, 2019).

Licenciouse na facultade de letras da Universidade de Lisboa e acabou dedicándose ao xornalismo. Participou no movemento feminista de Portugal xunto con Maria Isabel Barreno e Maria Velho da Costa (chamadas as Três Marias) en torno ás Novas Cartas Portuguesas (1972), obra en que se manifesta unha aberta oposición aos valores femininos tradicionais. Esta publicación claramente antifascista e altamente provocadora para o réxime, levou as súas tres autoras ante un tribunal (proceso con grande impacto internacional[2]), tendo o 25 de Abril interrompido as sancións a que estaban suxeitas as denominadas Tres Marias: Maria Velho da Costa, Maria Teresa Horta e Maria Isabel Barreno.[3] Tamén formou parte do grupo Poesia 61.

Publicou varios textos en xornais como Diário de Lisboa, A Capital, República, O Século, Diário de Notícias ou Xornal de Letras e Artes, e foi redactora xefe da revista Mulheres.

Premios e distincións

  • Prémio D. Dinis 2011 da Fundação Casa de Mateus pola súa obra "As Luzes de Leonor"[4], aceptouno mais recusou recibilo das mans do Primeiro-Ministro Pedro Passos Coelho, alegando que estaba "a destruír o país"[5].
  • Escitora Galega Universal pola AELG, 2019.[6]

Obra

Poesía

  • Espelho Inicial (1960)
  • Tatuagem (1961)
  • Cidadelas Submersas (1961)
  • Verão Coincidente (1962)
  • Amor Habitado (1963)
  • Candelabro (1964)
  • Jardim de Inverno (1966)
  • Cronista Não é Recado (1967)
  • Minha Senhora de Mim (1971)
  • Educação Sentimental (1975)
  • As Mulheres de Abril (1976)
  • Poesia Completa I e II (1960-1982) (1982)
  • Os Anjos (1983)
  • Minha Mãe, Meu Amor (1984)
  • Rosa Sangrenta (1987)
  • Antologia Poética (1994)
  • Destino (1998)
  • Só de Amor (1999)
  • Antologia Pessoal - 100 Poemas (2003)
  • Inquietude (2006)
  • Les Sorcières - Feiticeiras, edición bilingüe (2006)
  • Cem Poemas + 21 Inéditos (2007)
  • Palavras Secretas (Antoloxía) (2007)
  • Poemas do Brasil (2009)
  • Poesia Reunida (1960-2006) (2009)
  • As Palavras do Corpo (Antoloxía de poesía erótica) (2012)
  • Poemas para Leonor (2012)

Prosa

  • Ambas as Mãos sobre o Corpo (1970)
  • Novas Cartas Portuguesas, con Maria Velho da Costa e Maria Isabel Barreno (1971)
  • Ana (1974)
  • O Transfer (1984)
  • Ema (1984)
  • A Paixão Segundo Constança H. (1994)
  • A Mãe na Literatura Portuguesa (1999)
  • As Luzes de Leonor (2011)

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.