Active Magnetospheric Particle Tracer Explorers ou AMPTE foi unha misión espacial internacional consistente en tres satélites artificiais adicados ó estudo da interacción entre os ións do vento solar e a magnetosfera terrestre, ó transporte difusivo-convectivo, á enerxización das partículas da magnetosfera e á interacción de plasmas no espazo. Os tres foron lanzados a bordo dun foguete Delta 3924 desde o Centro Espacial Kennedy o 16 de agosto de 1984.[2][4][6][7][8]

Datos rápidos AMPTE/CCE, Tipo ...
AMPTE/CCE
Thumb
AMPTE/CCE
TipoEstudo do medio interplanetario e a magnetosfera terrestre.
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento16 de agosto de 1984[1][2][3]
Foguete portadorDelta 3924[2][4][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[2]
Duración da misión5 anos
Obxectivo da misiónEstudo da interacción entre o vento solar e a magnetosfera terrestre.[2]
NSSDC ID1984-088A
Masa242 kg[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior31 768,6 km[1]
Inclinación5,2 graos[1]
Apoapse49 759,3 km[1]
Periapse1035,9 km[1]
Pechar

Características

A misión estaba composta por tres satélites: CCE (Charge Composition Explorer), proporcionado pola NASA; IRM (Ion Release Module), proporcionado pola República Federal de Alemaña; e UKS (United Kingdom Subsatellite), proporcionado polo Reino Unido.[6]

CCE

CCE (Charge Composition Explorer) adicábase a detectar ións traza de litio e bario liberados desde o IRM e que eran transportados pola magnetosfera ata a órbita do CCE. O satélite estabilizábase por xiro a 10 revolucións por minuto, co eixo de rotación contido no plano ecuatorial. A nave utilizaba unha cinta cunha capacidade de 2x108 bits como medio de almacenamento de datos. Dispoñía de transpondedores en banda S cunha potencia de 2,5 vatios. A alimentación eléctrica procedía dun panel solar que xeraba 140 vatios de electricidade. O satélite empezou a fallar a principios de 1989, perdéndose o contacto o 12 de xullo dese mesmo ano.[2][6]

Levaba cinco instrumentos a bordo:[5]

  • Experimento de composición do plasma quente (Hot Plasma Composition Experiment, HPCE).
  • Analizador de partículas de enerxía media (Medium Energy Particle Analyzer, MEPA).
  • Espectrómetro de carga-masa-enerxía (Charge-Energy-Mass Spectrometer,CHEM).
  • Experimento de ondas de plasma (Plasma Wave Experiment, PWE).
  • Magnetómetro.
Datos rápidos AMPTE/IRM, Tipo ...
AMPTE/IRM
TipoEstudo do medio interplanetario e a magnetosfera terrestre.
Data de lanzamento16 de agosto de 1984[4][7][9]
Foguete portadorDelta 3924[7][10]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[7]
Obxectivo da misiónEstudo da interacción entre o vento solar e a magnetosfera terrestre.[7]
Decaemento8 de decembro de 1987[9]
NSSDC ID1984-088B
Masa705 kg[7][10]
Pechar

IRM

IRM (Ion Release Module) era a parte da misión construída por Alemaña e tiña a función de soltar gases cunha composición determinada que eran ionizados e detectados tanto por CCE como por UKS para estudia-lo comportamento no interior da magnetosfera e na magnetocola, así como a súa interacción co vento solar. O satélite estabilizábase mediante xiro a 15 revolucións por minuto, co eixo de xiro inicialmente no plano da eclíptica para posteriormente ser axustado a ángulos rectos con respecto daquel plano. A enerxía proporcionábaa un panel solar que produdcía 60 vatios de potencia e baterías redundantes. Dispoñía dun sistema de telemetría en banda S, podendo transmitir a 1 ou 8 kbps en frecuencias de 2103,64375 MHz (subida) e 2284,50 MHz (baixada).[7][9][10]

O satélite deixou de funcionar o 14 de agosto de 1986. Levaba os seguintes instrumentos:[10]

  • Experimento de solta de ións.
  • Magnétometro triaxial de porta de fluxo, cun rango de medicións entre 0,1 e 60 000 nT e entre 3 50 Hz.
  • Analizador de plasma tridimensional de 30 canais para electróns de entre 14 eV e 30 keV e ións de entre 20 eV/q e 40 keV/q.
  • Espectrómetro de masas para separación de ións.
  • Espectrómetro de ondas de plasma de 64 canales.
  • Analizador de cargas iónicas de enerxía supratermal.

Inicialmente IRM foi inxectado nunha órbita de 44,2 horas de período, unha inclinación orbital de 28,7 graos, un apoxeo de 119 268 km e un perixeo de 550 km. Debido ó baixo perixeo, o satélite reentrou na atmosfera o 8 de decembro de 1987.[4][9]

Datos rápidos AMPTE/UKS, Tipo ...
AMPTE/UKS
TipoEstudo do medio interplanetario e a magnetosfera terrestre.
Data de lanzamento16 de agosto de 1984[8][11][12]
Foguete portadorDelta 3924[4][8][13]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[8]
Obxectivo da misiónEstudo da interacción entre o vento solar e a magnetosfera terrestre.[7]
Decaemento8 de decembro de 1988[9]
NSSDC ID1984-088C
Masa77 kg[8]
Pechar

UKS

UKS (United Kingdom Subsatellite) era un subsatélite do IRM e foi inxectado nunha órbita inicial cun período de 44,25 horas, unha inclinación orbital de 28,696 graos, un apoxeo de 121 047,5 km e un perixeo de 6885,5 km.[11] A súa función era axudar a distinguir entre a estrutura espacial e os cambios temporais no plasma despois da liberación de ións por parte de IRM. As medicións eran similares ás de IRM e incluían campos magnéticos, ións positivos e electróns, ondas de plasma e modulacións nos fluxos de ións e electróns. O satélite estabilizábase mediante xiro a 12 revolucións por minuto e utilizaba a banda S nas súas comunicacións. Dispoñía dun sistema de propulsión mediante gas frío e un radar de VHF para permanecer a unha distancia relativamente curta de IRM, duns poucos centos de quilómetros. A alimentación eléctrica do satélite fallou o 15 de xaneiro de 1985 e reentrou na atmosfera o 8 de decembro de 1988.[6][8][12][13]

O satélite levaba os seguintes instrumentos:[13]

  • Analizador de modulación de partículas.
  • Analizador tridimensional de electróns.
  • Analizador tridimensional de ións.
  • Magnetómetro triaxial.
  • Espectrómetro de ondas de plasma.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.