From Wikipedia, the free encyclopedia
Mike Wilds (nado o 7 de xaneiro de 1946 en Chiswick, Londres) é un ex piloto de carreiras de Inglaterra. Participou en oito Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 20 de xullo de 1974. Non anotou puntos de campionato.
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1946 (78 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Logo de gañar algunhas carreiras en Fórmula 3 a principios dos 70, Wilds trasladouse á Fórmula 5000. Ao mesmo tempo, participou nalgúns Grandes Premios de Fórmula Un, primeiro cun March privado, logo cun Ensign e BRM. Despois de que non cualificar no Gran Premio de casa, cun Shadow privado, concentrouse noutras categorías do deporte de motor, incluíndo as carreiras de coches deportivos e carreiras históricas.
Wilds gañou a clase da Fórmula Dúas no Campionato Aurora AFX de 1978, pilotando un Ralt e terminou noveno na clasificación xeral.[1] Tamén gañou o campionato de coches deportivos Thoroughbred (pura sangre) en 1984 pilotando un Aston Martin DB4.[2]
Wilds gañou o campionato RJB Mining Historic Sports Car en 1992, '93, '96 e 98.[2]
A andaina de carreiras de autos deportivos de Wilds incluíu pilotar en Le Mans 8 veces, incluíndo os coches C2 de Ecurie Ecosse (Campión do Mundo C2, 1986), e Grupo C con Nissan en 1988 co seu compañeiro Win Percy.
Wilds gañou o 2008 Campionato de pilotos Britcar xunto con Ian Lawson e o fillo de Mike, Anthony Wilds no ING Sport BMW. O equipo tamén volveu gañar outra vez en 2013 e tamén gañou en 2008 o Grupo C Enduro Trophy no Porsche 962 con Henry Pearman.
Aínda pilota de cando en vez en eventos para coches históricos. Competiu cun Porsche 962 e un Elva Mk5 no Silverstone Classic de 2008. Volveu á grella da Britcar Endurance en maio de 2016 logrando a súa primeira vitoria como unidade compartida co seu fillo Anthony nun Ferrari 458.[3]
Ademais da súa andaina nas carreiras de coches, Wilds é un piloto activo e instrutor de helicópteros comerciais. é afectuosamente coñecido como 'The Honorific' Mike Wilds. [Cómpre referencia]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1974 | Dempster Racing | March 731 | Ford V8 | ARX | BRA | RSA | ESP | BEL | MON | SWE | NED | FRA | GBR NSC |
ALE | NC | 0 | |||||
Team Ensign | Ensign N174 | Ford V8 | AUT NSC |
ITA NSC |
CAN NSC |
USA NC |
|||||||||||||||
1975 | Stanley BRM | BRM P201 | BRM V12 | ARX Ret |
BRA Ret |
RSA | ESP | MON | BEL | SWE | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | USA | NC | 0 | ||
1976 | Team P R Reilly | Shadow DN3 | Ford V8 | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR NSC |
ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | xPN | NC | 0 |
fonte:[1] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.