O Ferrari 458 Italia é un modelo de automóbil deportivo producido polo fabricante italiano Ferrari dende o ano 2010 ata 2015. Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 4'5 litros ten 578 cabalos de potencia.
Fabricante | Ferrari |
---|---|
Produción | 2010-2015 |
Predecesor | Ferrari F430 |
Sucesor | Ferrari 488 |
Motor | 4.499 cc V8 |
Potencia | 578 CV |
Lonxitude | 4'527 m |
Anchura | 1'937 m |
Altura | 1'213 m |
O 458 substituíu o Ferrari F430, e foi presentado oficialmente no salón do automóbil de Fráncfort de 2009.[1][2] Foi substituído polo Ferrari 488, que se deu a coñecer no Salón do automóbil de Xenebra de 2015.[3]
Especificacións
No primeiro anuncio oficial do coche, o Ferrari 458 foi descrito como o sucesor do F430, pero xurdindo dun deseño totalmente novo, incorporando tecnoloxías desenvolvidas a partir da experiencia da compañía na Fórmula 1.[4]
O sistema body computer foi desenvolvido por Magneti Marelli Automotive Lighting.
Motor
O V8 de 4.5L naturalmente aspirado entrega 570 CV (419 kW) a 9000 rpm e rende un par máximo de 540Nm a 6000 rpm, co 80% do mesmo dispoñible a 3250 rpm. O motor incorpora a inxección directa de combustible por primeira vez nun Ferrari con configuración de motor central.
Transmisión
A transmisión é semiautomática de dobre embrague Getrag de 7 velocidades de F1, similar á do Ferrari California, que pode funcionar en modo manual ou automático.
Condución
A suspensión do automóbil é de dobre brazo na parte dianteira e sistema multilink na traseira, xunto con diferencial electrónico e control de tracción de Fórmula 1 tamén coñecido como F1-Trac[5], deseñado para mellorar o comportamento nas curvas e a aceleración lonxitudinal nun 32% en comparación cos seus predecesores.
Rendemento
A aceleración oficial de 0 a 100 km/h é de 3,4 s, mentres que a máxima velocidade é de 325 km/h, cun consumo de combustible en ciclo combinado de 13,4 L/100 km e produción de 268 g/km de CO2.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.