Invasión, división territorial, colonización e anexión de territorios africanos durante o período do Novo Imperialismo From Wikipedia, the free encyclopedia
A repartición de África ou repartimento de África, tamén chamado a disputa por África ou a carreira por África, foi a invasión, división territorial, colonización e a anexión de territorios africanos durante o período do Novo Imperialismo, entre a década de 1880 e o comezo da primeira guerra mundial, que involucrou á Terceira República Francesa, o Imperio alemán, o Imperio británico, o Reino de Italia, o Reino de Portugal, Bélxica e o Imperio español, xustificada por distintas reclamacións destes países.[1][2]
A segunda metade do século XIX, no ano 1877, viu a transición do imperialismo "informal" que exercía o control a través da influencia militar e da dominación económica a aquel de dominio directo.[3] Os intentos para mediar a competencia imperial, tal como a Conferencia de Berlín (1884 - 1885) entre o Imperio británico, a Terceira República Francesa e o Imperio alemán non puideron establecer definitivamente as reclacións de cada unha das potencias involucradas. Estas disputas sobre África estiveron entre os principais factores que orixinaron a primeira guerra mundial.
A apertura de África á exploración occidental a súa explotación comezaran seriamente ao final do século XVI. Contra 1835, os europeos trazaran mapas da maior parte do noroeste de África. Entre os exploradores europeos máis famosos estaban David Livingstone, que trazou planos do vasto interior, e Alexandre de Serpa Pinto, que a cruzou nunha complicada expedición, trazando mapas do interior do continente. Arduas expedicións nas décadas de 1850 e 1860 por Richard Burton, John Speke e James Grant descubriron os grandes lagos centrais e o nacemento do río Nilo. Ao final do século, os europeos cartografaran o Nilo desde o seu nacemento, o percorrido do río Níxer, os ríos Congo e Zambeze foranm xa trazados, e o mundo descubrira os grandes recursos de África.
De calquera modo, nos comezos da loita pola posesión de África, as nacións occidentais controlaban unicamente o 10 % do continente. En 1875 os territorios controlados máis importantes, tanto pola su extensión como pola súa riqueza eran Alxeria, baixo o dominio de Francia; a Colonia do Cabo, controlada polo Reino Unido, e Angola, que estaba dominada por Portugal.
Os adiantos tecnolóxicos facilitaron a expansión a grandes distancias. A industrialización provocou rápidos avances en transporte e comunicacións, especialmente na navegación con barcos de vapor, os ferrocarrís e os telégrafos. Os avances médicos tamén foron de importancia, en especial as medicinas para as enfermidades tropicais. O desenvolvemento das aplicacións da quinina, un efectivo tratamento contra a malaria, permitiu que a vasta rexión dos trópicos puidera ser accesíbel para os europeos.
A África subsahariana, unha das últimas rexións do mundo en gran parte sen afectar polo "imperialismo informal" e a "civilización", tamén resultaba atractiva para as potencias europeas por razóns económicas e raciais. Durante unha época onde a balanza comercial do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda mostraba un crecente déficit, cos mercados continentais encolléndose e cada vez máis proteccionistas debido á Gran Depresión entre os anos 1873 e 1896, África ofrecía ao Reino Unido, Alemaña, Francia e outros países un mercado aberto do que se colleitaría un grande excedente: un mercado que comprara máis da metrópole do que vendía en total.[3] O Reino Unido, ao igual que a maioría dos outros países industriais, empezara a ter un desfavorábel balance de comercio (que era contrarrestado, de todos os modos, polo ingreso das inversións das súas colonias).
Debido a que o Reino Unido se desenvolveu como a máis importante nación postindustrial do mundo, os servizos convertéronse nun importante sector da súa economía. As exportacións financeiras, como se mencionou, mantiñan a economía do Reino Unido en pé, especialmente as inversións de capitais fóra de Europa, particularmente para o desenvolvemento de mercados abertos en África (predominantemente asentamentos coloniais), o Medio Oriente, o sur e o sueste de Asia e Oceanía.
Ademais, o capital excedente era polo xeral máis rendíbel ao investirse no estranxeiro, onde a man de obra era barata, e a limitada competencia e as abundantes materias primas subministraban unha maior ganancia posébel. Outro aliciente para o imperialismo, desde logo, foi a demanda de recursos non dispoñíbeis en Europa, especialmente cobre, algodón, caucho, té e folla de lata, recursos aos que os consumidores europeos se acostumbraran e dos que a industria do vello continente se volvera dependente.
De calquera maneira, en África —excluíndo ao que se convertería na Unión Surafricana en 1909— a cantidade de capital investido polos europeos era relativamente baixa, comparada con outros países, antes e despois da Conferencia de Berlín. En consecuencia, as compañías implicadas no comercio tropical africano eran relativamente poucas, á parte da Compañía Mineira De Beers de Cecil Rhodes. Estas observacións poden restar mérito dos argumentos proimperialistas dalgúns lobbies (grupos de presión) coloniais como o Alldeutscher Verband, ou como Francesco Crispi ou Jules Ferry, que argumentaban que algúns mercados protexidos en África resolverían os problemas de prezos baixos e a sobreprodución causados polos mercados continentais en diminución. Porén, de acordo coa clásica tese de John A. Hobson, exposta na súa obra Imperialismo de 1902, que influiría en autores tales como Lenin, León Trotsky ou Hannah Arendt, esta diminución nos mercados continentais foi un factor clave no novo período neoimperialista a nivel global. Historiadores posteriores sinalaron que tales estatísticas só ocultaron o feito de que o control formal da África tropical tiña gran valor estratéxico nunha era de rivalidade imperial, mentres o Canal de Suez permaneceu como unha localización estratéxica. A febre do ouro de Witwatersrand de 1886, que levou á fundación de Johannesburgo e foi un factor importante na segunda Guerra dos Bóer en 1889, contou para a "conxunción do superfluo diñeiro e da superflua man de obra, que se deron a man entre si para abandonar xuntos o país", que é por si só, de acordo con Hannah Arendt, o novo elemento da era imperialista.
Mentres a África tropical non era unha zona de grandes investimentos, outras rexións si o eran. O vasto interior, entre Suráfrica, rica en ouro e diamantes, e Exipto, que tiña un valor estratéxico importante para asegurar o fluxo do comercio exterior. O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda estaba desta maneira baixo intensa presión política, especialmente debido a partidiarios do Partido Conservador, para protexer os mercados lucrativos no Raj Británico (India), a Dinastía Qing (China) e América Latina dos rivais usurpadores. Desta forma, protexer a importante vía marítima entre o leste e o oeste (o Canal de Suez) era crucial. A rivalidade entre o Reino Unido, Francia, o Imperio alemán e outras potencias europeas estivo presente durante gran parte da colonización. Deste modo, mentres Alemaña, que fora unificada baixo o dominio do reino de Prusia despois da batalla de Sadowa en 1866 e a guerra franco-prusiana en 1870, dificilmente era unha potencia colonial antes do período neoimperialista, e participaría ansiosamente na disputa. Sendo un poder industrial en crecemento, que lle pisaba os talóns ao Reino Unido, aínda non tivera a oportunidade de controlar territorios extracontinentais, principalmente debido á súa tardía unificación, á súa fragmentación en varios estados, e á súa falta de experiencia en navegación moderna. Isto cambiaría baixo o liderado de Bismarck, que implementou a Weltpolitik (política mundial) e, despois de dispoñer as bases do illamiento de Francia coa alianza entre o Imperio alemán e o Imperio Austrohúngaro, e máis tarde coa Tripla Alianza, cando o Reino de Italia se uniu á aliaza dos dos imperios anteditos, exixiu a Conferencia de Berlín que fixou as regras para un control efectivo dos territorios estranxieros.
O expansionismo alemán conduciría ao plan Tirpitz, implementado polo almirante von Tirpitz, que tamén redactaría os Decretos de Frota en 1898, importantes para nunha loita armada co Reino Unido. En 1914, estes Decretos lle deran ao Imperio alemán a segunda forza naval do mundo (aproximadamente un 40 % máis pequena que a Mariña Real Británica). De acordo con von Tirpitz, esta agresiva política naval estaba respaldada máis polo partido Nacional Liberal de Alemaña que polos conservadores, demostrando que os principais soportes do imperialismo das nacións europeas eran as crecentes clases burguesas.[4]
O Imperio alemán iniciou a súa expansión mundial na década de 1880 baixo o liderado de Otto von Bismarck, alentado pola burguesía nacional. Algúns destes burgueses, afirmando ser do pensamento de Friedrich List, defenderon a expansión en Filipinas e en Timor; outros decidiron establecerse en Formosa (a actual Taiwán) etc. A finais da década de 1870, estas voces illadas empezaron a seren relevadas por unha verdadeira política imperialista, coñecida como a Weltpolitik (política mundial), que foi respaldada pola tese mercantilista. En 1881 Hübbe-Schleiden, un avogado, publicou Deutsche Kolonisation, na cal dicía que "o fomento duna conciencia nacional demandaba unha política exterior independente".[5] O panxermanismo foi así ligado ás xoves campañas imperialistas da nación. Ao principio dos anos da década de 1880 creouse o Deutscher Kolonialverein, que tivo a súa propia revista en 1884, a Kolonialzeitung. Este grupo colonial foi relevado polo grupo nacionalista Alldeutscher Verband.
Así, O Imperio alemán converteuse na terceira potencia colonial en África, adquirindo un imperio de 2,6 millóns de quilómetros cadrados en total, con 14 millóns de individuos, principalmente nas súas posesións africanas (África do Suroeste, Togolandia, Camerún e Tanganica). A disputa por África levou a Bismarck a propoñer a Conferencia de Berlín, que se realizaría entre 1884 e 1885.
Despois da Entente Cordiale de 1904 entre Francia e o Reino Unido, Alemaña tratou de illar a Francia en 1905 coa Primeira Crise Marroquí. Isto levou á Conferencia de Alxeciras en 1905, na que a influencia de Francia sobre Marrocos foi compensada polo intercambio doutros territorios, e despois á Crise de Agadir, ou Segunda Crise Marroquí, en 1911. Xunto co Incidente de Fachoda de 1898 entre Francia e o Reino Unido, esta sucesión de crises internacionais proba a amargura da loita entre os diferentes imperios, que finalmente levou á primeira guerra mundial.
Mentres Pierre de Brazza estaba explorando o Reino do Congo para Francia, Henry Stanley tamén o explorou a principios dos anos de 1880 en nome de Leopoldo II de Bélxica, que obtería o seu propio Estado Libre do Congo. Ao pretender avogar humanitarismo e denunciar a escravitude, Leopoldo II usou as tácticas máis inhumanas para explotar as súas recentemente adquiridas terras. Os seus crimes foron revelados en 1905, pero permaneceu ao mando até 1908, cando foi obrigado a ceder o control a goberno belga.
Francia ocupou Tunisia en maio de 1882 (e Guinea en 1884) e, en parte, convenceu a Italia para unirse en 1882 á Alianza Dual entre o Imperio alemán e o Imperio Austrohúngaro, que formaron así a Tripla Alianza. Ese mesmo ano, o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda ocupou o Exipto otomán, que non se circunscribía ao Exipto propiamenrte dito, senón que comprendía tamén o Sudán e parte de Somalia. Entre 1870 e 1882, o Reino de Italia tomou posesión das primeiras partes de Eritrea, mentres que Alemaña declarou a Togolandia, Camerún e África do Suroeste baixo o seu dominio en 1884. A África Occidental Francesa (AOF) foi fundada en 1895, e a África Ecuatorial Francesa (AEF), en 1910.
O Reino de Italia continuou a súa conquista para gañar o seu "lugar no Sol". Despois da derrota na Primeira guerra italo-etíope (1895-1896), adquiriu Somalilandia en 1899 e toda a Eritrea nese mesmo ano. En 1911 viuse envlvido nunha guerra co Imperio Otomán, na que adquiriu a Tripolitania e a Cirenaica (a actual Libia). Enrico Corradini, que financiara a guerra na súa totalidade, máis tarde uniu o seu grupo ao novo Partido Nacional Fascista (PNF), desenvolveu en 1919 o concepto de Nacionalismo Proletario, imaxinou lexitimar o imperialismo do Reino de Italia cunha sorprendente mestura de socialismo con nacionalismo: "Debemos empezar por recoñecer o feito de que hai tanto nacións proletarias como clases proletarias; é dicir, hai nacións cuxas condicións de vida están suxeitas (...) ao modo de vida doutras nacións, como hai clases. Unha vez que isto sexa comprendido, o nacionalismo debe insistir firmemente nesta verdade: Italia é, material e moralmente, unha nación proletaria".[6] A Segunda Guerra italo-etíope entre 1935 e 1936, ordenada por Benito Mussolini, sería en realidade unha das últimas guerras colonizadoras, ocupando Etiopía, que se mantivera como o último territorio independente de África, durante 5 anos. A Guerra Civil Española, para algúns o inicio da Guerra Civil Europea, empezaría en 1936.
Por outro lado, os británicos abandonaron o seu illamento en 1902 coa Alianza Anglo-Xaponesa, que permitiría ao Imperio do Xapón saír vitorioso da súa guerra contra Rusia (1904-1905). O Reino Unido asinou entón a Entente Cordiale con Francia en 1904, e, en 1907, a Tripla Entente, que incluía ao Imperio ruso, que se opuxo á Tripla Alianza que Bismarck formara tan pacientemente.
Os Estados Unidos tomaron parte, marxinalmente, nesta empresa a través da Sociedade Americana de Colonización (ACS), establecida en 1816 por Robert Finley. A ACS ofrecía a emigración a Liberia ("Terra dos libres"), unha colonia fundada en 1820, a algúns escravos negros liberados; o escravo emancipado Lott Carry converteuse no primeiro misioneiro estadounidense en África. A este intento de colonización opúxose a poboción nativa.
Liderados polos sureños dos Estados Unidos, o primeiro presidente da Sociedade Americana de Colonización foi James Monroe, de Virxinia, que se converteu no quinto presidente dos Estados Unidos (1817- 1825). Desta forma, un dos principais partidarios da colonización estadounidense de África foi o mesmo home que proclamou, no seu Discurso do Estado da Unión de 1823, a opinión de que as potencias europeas xa non debían colonizar América ou interferir nos asuntos das nacións soberanas americanas. A cambio, o Estados Unidos planeaban permaneceren neutrais nas guerras entre potencias europeas e en guerras entre unha potencia europea e as súas colonias. Porén, se estas guerras posteriores ocorreran en América, os Estados Unidos verían tal acción como hostil cara a si mesmos. Este famoso estatuto é coñecido como a Doutrina Monroe, e foi a base da neutralidade dos Estados Unidos atñe finais do século XIX.
Aínda que a colonia de Liberia nunca chegou a ser tan grande como foi prevista, tan só foi o primeiro paso na colonización estadounidense de África, segundo os seus primeiros defensores. Así, Jehudi Ashmun, un dos primeiros líderes da ACS, visualizou un imperio estadounidense en África. Entre os anos de 1825 e 1826, fixo o posíbel por arrendar, anexionar ou comprar terras tribais ao longo da costa e preto de importantes ríos que conduciran ao interior. Igual que o seu predecesor, o tenente Robert Stockton, quen en 1821 estableceu o sitio para Monrovia "persuadindo" a un xefe local ao que se referían como o "Rei Peter" para que vendera Cabo Montserado (ou Mesurado) apuntando cunha pistola á súa cabeza, Ashmun estaba preparado para usar a forza para estender o territorio da colonia. Nun tratado de maio de 1825, o "Rei Peter" e outros reis nativos acordaron vender terras a cambio de 500 barras de tabaco, tres barrís de ron, cinco barrís de pólvora, cinco paraugas, dez postes de aceiro e dez pares de zapatos, entre outros obxectos. En marzo de 1825 a ACS iniciou unha publicación trimestral, a Revista Colonial do Repositorio Africano, editada polo reverendo Ralph Randolph Gurley, que encabezou a Sociedade até 1844. Concibido como o órgano promocional da Sociedade, o Repositorio prometeu tanto a colonización como a Liberia.
A Sociedade controlou a colonia de Liberia até 1847 cando, temendo que os británicos anexionaran o asentamento, Liberia foi proclamado un estado libre e independente, convirténdose así na primeira nación africana descolonizada. A altura de 1867 a Sociedade mandara a Liberia a máis de 13 000 emigrantes. Despois da Guerra Civil Estadounidense (1861-1865), cando moitas persoas de raza negra querían ir a Liberia, o soporte financeiro para a colonización diminuíra. Durante os seus últimos anos a Sociedade enfocouse en proxectos educativos e misioneiros en Liberia máis que na emigración.
As exploracións de David Livingstone, continuadas por Henry Morton Stanley, excitaron a imaxinación dos europeos. Pero, ao principio, as ostentosas ideas de colonización de Stanley encontraron pouco apoio debido aos problemas e á escala de acción requirida, excepto por Leopoldo II de Bélxica, que, en 1876, organizara a Asociación Internacional Africana. De 1879 a 1884, Stanley foi enviado en segredo por Leopoldo II á rexión do Congo, onde concerou acordos con varios xefes africanos ao longo do río Congo e, en 1882, tiña suficiente territorio como para formar as bases do Estado Libre do Congo. Leopoldo II foi o dono oficial da colonia desde 1885, explotándoa polo seu marfil e o seu caucho.
Mentres Stanley estaba explorando o Congo en nome de Leopoldo II de Bélxica, o oficial da mariña francesa Pierre de Brazza viaxou cara á conca do Congo occidental e izou a bandeira francesa sobre a recentemente fundada Brazzaville en 1881, ocupando así a actual República do Congo.
Portugal, que tamén reclamou a zona debido a vellos tratados co nativo Reino do Congo, concertou un tratado co Reino Unido o 26 de febreiro de 1884 para cortar o acceso ao océano Atlántico á Sociedade do Congo.
En 1890 o Estado Libre do Congo consolidara o control do seu territorio entre Leopoldville e Stanleyville e estaba considerando abarcar o sur do río Lualaba en Stanleyville.
Ao mesmo tempo, a Compañía Británica de Suráfrica (BSAC) de Cecil Rhodes estábase expandindo cara ao norte desde o río Limpopo, e a atención centrábase na terra onde as súas expansións se encontrarían, Katanga, sitio do Reino de Yeke de Msiri. Ademais de ser o poder militar máis forte da zona, Msiri comercia grandes cantidades de cobre, marfil e escravos, e os rumores de ouro chegaban aos oídos dos europeos. A disputa por Katanga foi un exemplo perfecto deste período. Rhodes e a Compañía Británica de Suráfrica mandaron dúas expedicións a Msiri en 1890 baixo o mando de Alfred Sharpe, quen foi desairado, e Joseph Thomson quen non logrou chegar a Katanga. En 1891 Leopoldo II mandou catro expedicións. A expedición Le Marinel só puiddo conseguir unha carta. A expedición Delcommune foi desairada. A ben armada expedición Stairs tiña ordes de tomar Katanga con ou sen o consentimento de Msiri; este negouse, foi fusilado, e a expedición cortoulle a cabeza e a cravaron nun poste como unha "lección barbárica" á xente. A expedición Bia culminou o labor de establecer unha administración e unha "presenza policíaca" en Katanga.
O medio millón de quilómetros cadrados de Katanga entraron na posesión de Leopoldo II e formou parte do seu reino africano de máis de 2 300 000 km², ao redor de 75 veces o tamaño de Bélxica. O Estado Libre do Congo impuxo tal réxime de terror na xente colonizada, incluíndo asasinatos masivos con millóns de vítimas, e traballo de escravitude, que Bélxica, baixo a presión da Asociación de Reforma do Congo, terminou o mandato de Leopoldo II e anexionou o Estado Libre do Congo en 1908 como unha colonia de Bélxica, coñecida como o Congo Belga.
Ferdinand de Lesseps obtivera concesións de Isma'il Paxá, líder de Exipto entre os anos de 1854 a 1856, para construír o Canal de Suez.[7] Algunhas fontes estiman a forza de traballo en 30 000 obreiros,[8] pero outros estiman que até 120 000 traballadores morreron durante os dez anos que levou a construción do canal debido á desnutrición, a fatiga e a diferentes enfermidades, especialmente o cólera.[9]
Pouco despois de ser terminado o canal, en 1869, Isma'il Paxá, o gobernador de Exipto, tomou prestadas grandes sumas de diñeiro de banqueiros franceses e ingleses con grandes taxas de interese. En 1875 Paxá estaba enfrontando graves dificultades financeiras, e foi obrigado a vender a súa parte do Canal de Suez. Estas partes foron repartidas polo primeiro Ministro do Reino Unido, Benjamin Disraeli, que buscaba darlle ao seu país o control práctico desta vía marítima estratéxica. Cando Isma'il Paxá negououse a reconocer a débeda externa de Exipto en 1879, Francia e o Reino Unido asumiron o control financeiro conxunto sobre o país, forzando ao mandatario exipcio a abdicar.
As clases dirixentes exipcias aceptaron con agrado a intervención estranxeira. A Revolta de Urabi desatouse contra o khedive e a influencia europea en 1882, un ano despois da Revolta Mahdista. Muhammad Ahmad, que se autoproclamara en 1881 como o Mahdi, o redentor do islam, liderou a rebelión, e foi derrotado só en 1898 por Horatio Kitchener. O Reino Unido, a continuación, asumiu a administración do país.
A ocupación de Exipto e a adquisición do Reino do Congo foron os primeiros acontecementos importantes do que se convertería nunha precipitada disputa polo territorio africano. En 1884 Otto von Bismarck convocou a Conferencia de Berlín para discutir o problema de África. Os diplomáticos asistentes enmascaráronse cunha fachada humanitaria condenando o tráfico de escravos, prohibindo a venda de bebidas alcohólicas e armas de fogo en certas rexións, e expresando a súa preocupació polas actividades misioneiras. Pero o que foi máis importante foi que os diplomáticos en Berlín estableceron as regras de competencia polas que as grandes potencias debían guiarse na súa busca de colonias. Tamén acordaron que o territorio ao longo dd río Congo serían administrados por Leopoldo II de Bélxica como unha área neutral, coñecida como o Estado Libre do Congo, na cal o comercio e a navegación serían libres. Ningunha nación reclamaría ningún territorio africano sen notificar as súas intencións aos demais países involucrados. Ningún territorio podería ser formalmente reclamado antes de ser eficazmente ocupado. Porén, os competidores ignoraron as regras cando lles foi conveniente e, en varias ocasións, a guerra foi evitada por moi pouco.
As ocupacións de Exipto e da Colonia do Cabo por parte do Reino Unido contribuíron á preocupación de asegurar o nacemento do río Nilo. Exipto foi ocupado polas fuorzas británicas en 1882 (aínda que non foie declarado formalmente un protectorado até 1914, e nunca foi propiamente unha colonia); os territorios do Sudán, Nixeria, Kenya e Uganda foron subxugados na década de 1890 e principios da década de 1900, e no sur, a Colonia do Cabo (adquirida en 1795) proveu a base para a subxugación dos Estados africanos veciños, e os poboadores holandeses que abandonaran O Cabo para evitar aos británicos, máis tarde fundarían as súas propias repúblicas. En 1877, Theophilus Shepstone anexionóu a daquela chamada República de Suráfrica (ou Transvaal —independente de 1857 a 1877—) aos dominios británicos. O Reino Unido consolidou o seu poder sobre a maioría das colonias de Suráfrica en 1879, despois da Guerra Anglo-Zulú. Os Bóers (descendentes dos holandeses) protestaron e, en decembro de 1880, subleváronse, o que levou á Primeira Guerra dos Bóer (1880-1881). O primeiro ministro británico William Gladstone asinou un tratado de paz o 23 de marzo de 1881, outorgándolles un goberno libre aos Bóers en Transvaal. A Segunda Guerra dos Bóer desenvolveuse entre 1899 e 1902; as repúblicas independentes dos Bóers do Estado Libre de Orange e a República do Transvaal, foron derrotadas esta vez e absorbidas polo Imperio británico.
O incidente de Fachoda de 1898 foi un dos conflitos cruciais no camiño para que Europa consolidara as súas posesións no continente africano. Levou ao Reino Unido e a Francia ao bordo da guerra, pero culminou nunha gran vitoria estratéxica para o Reino Unido, e dispuxo as bases para a Entente Cordiale de 1904 entre estas dúas nacións rivais. O conflito derivou dalgunhas batallas sobre o control de certas seccións do Nilo, o que causou que o Reino Unido se expandira cara ao Sudán.
O avance francés caera ao interior de África foi principalmente desde África occidental (hoxe en día Senegal) cara ao leste, a través do Sahel, ao longo do bordo sur do Sáhara, un territorio que hoxe en día cobren o Senegal, Malí, o Níxer e o Chad. O seu principal obxectivo era obter unha unión ininterrompida entre os ríos Níxer e o Nilo, controlando desta forma todo o comercio da rexión do Sahel, en virtude do seu existente control sobre as rotas de caravanas que atravesaban o Sáhara. Os británicos, por outra parte, querían enlazar as súas posesións na África austral (actuais Suráfrica, Botswana, Zimbabue, Lesoto, Eswatini e Zambia) cos seus territorios en África oriental (actual Kenya) e estas dús áreas co naceimento do Nilo. Sudán (que neses días incluía a actual Uganda) era obviamente a clave para a realización destas ambicións, especialmente desde que Exipto estivo baixo o control británico. Esta "liña vermella" a través de África foi feita máis famosa por Cecil Rhodes. Xunto con Lord Milner (o ministro colonial británico en Suráfrica), Rhodes abogou tal imperio de "O Cabo ao Cairo" unindo con vías férreas o Canal de Suez coa parte rica en minerais do sur do continente. Aínda que obstaculizado pola ocupación alemá de Tanganica até o final da primeira guerra mundial, Rhodes exerceu presión exitosamente en nome de tan extenso imperio africano. Se se debuxa unha liña desde a Cidade do Cabo até O Cairo (o soño de Rhodes), e outra desde Dakar até o Corno de África (o que é Etiopía, Eritrea, Djibuti e Somalia actualmente), (a ambición francesa), estas dúas liñas interceptaríanse nalgunha parte do leste do Sudán, cerca de Fachoda, explicando a súa importancia estratéxica. En resumo, o Reino Unido buscara estender o seu imperio de África oriental continuamente desde O Cairo ao cabo da Boa Esperanza, mentraes Francia buscaba estender as súas propias posesións de Dakar até Sudán, o que lle permitiría ao seu imperio abarcar o continente desde o océano Atlántico até o mar Vermello.
Un exército baixo o mando de Jean-Baptiste Marchand chegou primeiro ao forte estratexicamente localizado en Fachoda, seguido moi de cerca polo batallón británico comandado por Lord Kitchener, comandante en xefe do exército británico desde 1892. Os franceses retiraráronse despois dun encontro sen vencedorres, e continuaron presionando as reclamacións noutros postos da rexión. En marzo de 1899 os franceses e os británicos acordaron que os nacementos dos ríos Nilo e Congo marcaran a fronteira entre os seus dominios.
A pesar de que a Conferencia de Berlín establecera as normas para o repartimento de África, non abrandara aos imperios rivais. O incidente de Fachoda de 1898, que puxera a Francia e ao Reino Unido ao bordo dunha guerra, finalmente conduciu á sinatura da Entente Cordiale en 1904, que revirteu a influencia de varias potencias europeas. Como resultado, o novo poder alemán decidiuó poñer a proba a solidez da súa influencia, usando o territorio de Marrocos como campo de batalla.
Así, o 31 de marzo de 1905 o káiser Guillerme II de Alemaña visitou Tánxer, no norte de Marrocos, e pronunciou un discurso a prol da independencia dese país, retando a influencia francesa en Marrocos. A influencia gala en Marrocos fora reafirmada polo Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e España en 1904. O discurso tomou unha actitude desafiante. A crise alcanzou o seu auxe a mediados de xuño de 1905, cando Delcassé foi forzado a saír do ministerio por Maurice Rouvier. Pero en xullo dese ano Alemaña estaba sendo apartada, e os franceses accederon a convocar unha conferencia para resolver a crise. Antes de celebrar a conferencia, porén, Alemaña seguiu mobilizando reservistas do seu exército en decembro, e Francia movendo tropas nas fronteiras durante xaneiro de 1906.
A Conferencia de Alxeciras de 1906 foi convocada para acabar coa disputa. Das trece nacións presentes, os representantes do Imperio alemán só foron apoiados por Austria-Hungría. A Terceira República Francesa recibiu o apoio do Reino Unido, o Imperio ruso, o reino de Italia, o de España e os Estados Unidos de América. Os alemáans aceptaron eventualmente un acoerdo, asinado o 31 de maio de 1906, no que Francia cedía certos cambios domésticos en Marrocos, pero retiña o control das áreas clave.
Porén, cinco anos despois, a segunda crise marroquí (ou crise de Agadir) iniciouse pola chegada do canoneiro alemán Panther ao porto de Agadir o 1 de xullo de 1911. Alemaña estaba comezando a intentar superar a supremacía naval do Reino Unido (a mariña británica tiña daquela a norma de ser de maior tamaño que as dúas seguientes frotas navais do mundo combinadas). Cando os británicos escoitaron a nova da chegada do Panther a Marrocos, erroneamente creron que os alemáns querían converter Agadir nunha base naval no Atlántico.
Porque o propósito do movemento alemán era reforzar as reclamacións de compensacións para aceptar o control francés deste Sultanato de África do Norte, onde a supremacía de Francia asegurárase na Conferencia de Alxeciras. En novembro de 1911 asinouse unha convención segundo a cal Alemaña aceptaba a posición de Francia en Marrocos a cambio de territorios na colonia do Congo Medio (hoxe a República do Congo), localizada na África Ecuatorial Francesa.
Subsecuentemente, Francia estableceu un protectorado pleno sobre Marrocos o 30 de marzo de 1912, terminando o que quedaba da independencia formal do país. Pouco despois, segundo os acordos franco-españois asinados o 27 de novembro de 1912, Frnacia cedeu partes, no norte e no sur do seu protectorado, a España, que constituíu o Protectorado Español de Marrocos que exerceu até os anos 1956 (zona norte) e 1958 (zona sur).
O apoio británico a Francia durante as dúas crises marroquís reforzó a Entente entre ambos os países e, sumado ao distanciamento anglo-xermano, afondou as divisións que culminarían na primeira guerra mundial.
Nas súas etapas iniciais, o neoimperialismo era basicamente a acción de exploradores individuais e algúns mercadores aventureiros. Varios líderes políticos importantes, como Gladstone, opoñíanse a esta colonización nos seus primeiros anos. Porén, durante o seu segundo mandato, de 1880 a 1885, non puido resistir o lobby colonial, e por iso non executou a súa promesa electoral de retirarse de Exipto. Aínda que Gladstone se opoñía personamente ao imperialismo, as tensioóns sociais causadas pola Gran Depresión fixérono cambiar a favor do jingoísmo, termo xurdido nunha carta enviada polo político radical británico George Holyoake ao xornal Daily News o 13 de marzo de 1878.[11] Para creiar o termo "jingoísmo", Holyoake inspirouse na expresión "by Jingo", presente no refrán dunha canción de guerra composta por G. H. MacDermott e G. W. Hunt e moi popular nos pubs e nos music halls da Gran Bretaña, na época da guerra ruso-turca de 1877–1878.[12][13][14] Os imperialistas convertéranse nos "parasitos do patriotismo".[15]
En Francia, o político daquela radical Georges Clemenceau tamén opoñíase ao imperialismo: pensaba que a colonización era un desvío da "liña azul dos montes Vosgos", que era o revanchismo e a urxencia patriótica de reclamar a rexión de Alsacia-Lorena que fora anexionada ao Imperio alemán polo tratado de Frankfurt de 1871. Clemenceau, de feito, fixo caer ao gabinete de Jules Ferry de Jules Ferry despois do desastre de Tonkín de 1885. De acordo co clásico de Hannah Arendt As orixes do totalitarismo (1951), esta ilimitada expansión da soberanía nacional en territorios estranxeiros contradicía a unidade da nación-estado que lle provía a cidadanía á súa poboación.
Así, unha tensión entre a necesidade universal de respectar os dereitos humanos da xente colonizada, xa que debían de ser considerados "cidadáns" da nación-estado, e os impulsos imperialistas para a desmedida explotación das poboacións consideradas inferiores empezou a xurdir. Algunhas voces nas metrópoles opuxéronse ao que consideraban como crueldade innecesaria da administración colonial, descrita na obra de Joseph Conrad O corazón das tebras (1899) —contemporáneo de A carga do home branco de Rudyard Kipling— ou na Viaxe á fin da noite de Louis-Ferdinand Céline (1932).
Desta maneira, os lobbies foron erixidos progresivamente para lexitimar o repartimento de África e outras aventuras expansivas no estranxeiro. En Alemaña, en Francia e no Reino Unido, a burguesía empezou a demandar fortes normas políticas exteriores para asegurar o crecemento do mercado. En 1916, Lenin publicaría o seu famoso Imperialismo, fase superior do Capitalismo para explicar este fenómeno. Aínda en potencias menores, persoas como Corradini empezaron a reclamar un "lugar no sol" para as presuntas "nacións proletarias", reforzando o nacionalismo e o militarismo nun prototipo anticipado do fascismo.
Porén, ao final da primeira guerra mundial os imperios colonizadores fixéranse moi populares case en todas partes: a opinión pública fora convencida da necesidade dun imperio colonial, aínda que moitos dos metropolitanos nunca o verían. As exhibicións coloniais foran instrumentais neste cambio de mentalidades populares provocado pola propaganda colonial, mantida polo lobby colonial e por varios científicos. Así, a conquista de territorios foi inevitabelmente seguida por exhibicións públicas dos indíxenas por motivos científicos e de lecer. Karl Hagenbeck, un comerciante alemán de animais salvaxes e futuro empresario de moitos zoolóxicos de Europa, decidiu desta maneira exhibir en 1874 a xente de Samoa e Saamis como poboacións "puramente naturais". En 1876 mandou a un dos seus colaboradores ao recentemente conquistado Sudán Anglo-Exipcio para que conseguira algunhas bestas salvaxes e Nubas. Presentados en París, Londres e Berlín, estes Nubas foron un éxito. Tales "zoolóxicos humanos" podían encontrarse en Hamburgo, Anveres, Barcelona, Londres, Milán, Nova York, Varsovia etc., e entre 200 000 e 300 000 visitantes asistindo a cada exhibición. Os Tuaregs foron exhibidos despois da conquista francesa de Tombouctou (descuberto por René Caillé, disfrazado como musulmán, en 1828 e que, desta forma, ganou o premio ofrecido pola Société de Géographie francesa); os malgaxes despois da ocupación de Madagascar; as mulleres amazonas de Abomey, despois da derrota nos medios de Behanzin contra os franceses en 1894... Non acostumados ás condicións climáticas, algúns dos indíxenas exhibidos morreron, como uns Galibis en París en 1892.[16]
Albert Geoffroy Saint-Hilaire, director do Xardín de Aclimatación de París, decidiu en 1877 organizar dúas "exhibicións etnolóxicas", presentando Nubas e Inuits. O público do xardín parisiense duplicouse, cun millón de entradas pagadas nese ano, un gran logro para eses tempos. Entre 1877 e 1912, aproximadamente trinta "exhibicións etnolóxicas" foron presentadas no Jardin zoologique d'acclimatation.[17]As "vilas de negros" serían presentadas na Feira Mundial de París de 1878 e 1879; a Feira Mundial de 1900 presentou o famoso diorama "vivindo" en Madagascar, mentres que as Exhibicións Coloniais en Marsella (1906 e 1922) e en París (1907 e 1931) presentarían tamén seres humanos en gaiolas, frecuentemente epidos ou semiespidos.[18] As "vilas senegalesas" nómades tamén foron creadas, mostrando así o poder do imperio colonial a toda a poboación.
Nos Estados Unidos, Madison Grant, director da Sociedade Zoolóxica de Nova York, expuxo ao pigmeo Ota Benga no Zoolóxico de Bronx xunto con simios e outros animais en 1906. A instancias de Grant, un prominente científico racista (chamado así por ser seguidor das teorías antropolóxicas do século XIX) e euxenecista, o director Hornaday, puxo a Ota Benga nunha gaiola cun orangután e marcouno como o "elo perdido" nun intento de demostrar o darwinismo e, en particular, que africanos como Ota Benga eran máis próximos aos monos que os europeos.
Tales exhibicións coloniais, nas que se inclúen a Exhibición do Imperio Británico de 1924 e a exitosa Exposición Colonial de París de 1931, foron indudabelmente un elemento clave do proxecto de colonización e lexitimaron a desapiadada disputa por África, dol mesmo modo que o popular cómic As aventuras de Tintín, cheo de clixés, foron obviamente portadores dunha ideoloxía etnocéntrica e racista que foi a condición de consentimento das masas para o fenómeno imperialista. O traballo de Hergé alcanzou a cima con historias como Tintín no Congo (1930-1931). (Aínda que cabe dicir que paradoxalmente, Hergé criticou o colonialismo europeo en Shanghai durante o período de entreguerras en O Loto Azul).
Mentres as bandas deseñadas cómicas xogaban o mesmo papel que os westerns para lexitimar as guerras indias nos Estados Unidos, as exhibicións coloniais eran tanto populares como científicas, sendo unha interface entre as masas e a investigación científica seria. Así, antropólogos como Madison Grant ou Alexis Carrel formaron o seu racismo pseudocientífico, inspirados por Un ensaio sobre a inequidade das Razas Humanas de Joseph Arthur de Gobineau (1853-1855). Os zoolóxicos humanos provían laboratorios para estas hipóteseis raciais e ademais unha demostración de validez: ao etiquetaren a Ota Benga como o "elo perdido" entre os simios e os europeos, o darwinismo social e a pseudoxerarquía das razas foron simultaneamente "probados", e o leigo podía observar esta "verdade científica".
A antropoloxía, a filla da colonización, participou neste presunto racismo científico baseado no darwinismo social respaldando, xunto co positivismo social e o cientifismo, as reclamacións de superioridade das civilizacións occidentais sobre as "culturas primitivas". Porén, o descubrimento de culturas antigas levaría dialecticamente á antropoloxía a criticarse a si mesma e a revalidar a importancia das culturas estranxeiras.
Así, a Expedición Punitiva de 1897 comandada polo almirante británico Harry Rawson capturou, incendiou e saqueou a cidade de Benin City, incidentalmente levando ao seu fin ao altamente sofisticado Reino de Benín de África occidental. Porén, o saqueo de Benín introduciu os famosos bronces de Benín e outras obras de arte ao mercado europeo de arte, xa que o Almirantado Británico poxou o patrimonio confiscado para custear os gastos da expedición. A mayioría dos bronces de Benín foron adquiridos por compradores alemáns, aínda que un grupo numeroso permanece no Museo Británico. Os bronces de Benín marcaron o inicio da lomga revalorización do valor da cultura da África occidental, que tivo grandes influencias na formación do modernismo.
Moitos estudos contemporáneos enfocáronse na construción do discurso racista no século XIX e a súa propaganda como unha condición previa do proxecto de colonización e do repartimento de África, feita totalmente sen o coñecemento da poboación local, como exemplificu Stanley: "os salvaxes só respectan a forza, o poder, a audacia e a decisión." A antropoloxía, que estaba relacionada coa criminoloxía, prosperou nestas exploracións, ao ter a xeografía ante ela e a etnoloxía —que, xunto cos estudos de Claude Lévi-Strauss, teorizaría a ilusión etnocéntrica— fíxoo tamén pouco despois. Segundo varios historiadores, a formación deste discurso racista e as súas prácticas tamén serían unha condición previa do "racismo de estado" (Michel Foucault) como foi o encarnado no Holocausto. A invención dos campos de concentración durante a Segunda Guerra Bóer tamén sería unha innovación usada polo Terceiro Reich.
En 1985 un informe da ONU recoñeceu o intento de Alemaña de exterminar os pobos Herero e Nama do suroeste de África como un dos primeiros intentos de xenocidio do século XX. En total, uns 65 000 Herero (o 80 % da súa poboación total) e 10 000 Nama (o 50 % da súa poboación total) oueron asasinados entre 1904 e 1907. Unha característica deste xenocidio foi a morte por inanición e o envenlenamento de pozos das poboacións Herero e Nama que estaban atrapadas no deserto de Namib.
Durante o período neoimperialista, a finais do século XIX, Europa adquiriu case 23 millóns de km² —un quinto da superficie terrestre total— en posesióness coloniais. As posesióons formais de Europa nesa época incluían o continente africano enteiro excepto Etiopía, Liberia e Saguia el Hamra (territorio este último que despois integraríase no Sáhara Español. Entre 1885 e 1914 o Reino Unido tomou cerca do 30 % da poboación de África baixo o seu control, un 15 % foi de Francia, un 9 % de Alemaña, un 7 % de Bélxica e tan só un 1 % para Italia. Tan só Nixeria achegou 15 millón de individuos, máis que os de toda a África Occidental Francesa ou o Imperio colonial alemán enteiro. Foi paradoxal que o Reino Unido, o incondicional defensor do libre comercio, emerxeu en 1914 non só co imperio de ultramar máis extenso grazs á súa prolongada presenza na India, senón tamén coas maiores ganancias no repartimento de África, refleectindo a súa vantaxosa posición no seu principio. En termos de superficie ocupada, os franceses foron os marxinais vencedores, pero moito do seu territorio consistía no escasamente poboado deserto do Sáhara.
Ao imperialismo político seguiu a expansión económica, cos "lobbies coloniai" apoiando ao chauvinismo e ao jingoísmo en cada crise a fin de legxitimar a empresa colonial. As tensións entre as potencias imperiais levaron a unha sucesión de crises, que finalmente explotaron en agosto de 1914, cando as rivalidades previas e as alianzas crearon un efecto dominó que levóua ás máis importantes nacións europeas á guerra. O Imperio Austrohúngaro atacou Serbia para vingar o asasinato do príncipe austríaco Francisco Fernando por parte de axentes serbios, o Imperio ruso mobilizaríase para asistir aos seus irmáns eslavos en Serbia, o Imperio alemán interviría para axudar a Austria-Hungría contra Rusia. Xa que Rusia tiña unha alianza militar con Francia contra Alemaña, o exército alemán, comandado polo xeneral von Moltke decidiu realizar o ben preparado Plan Schlieffen para invadir Francia e, rapidamente, sacala da guerra antes de enfrontarse a Rusia no que se esperaba que fora unha longa campaña. Isto requiriu unha invasión de Bélxica, o que levou ao Reino Unido á guerra contra Alemaña, Austria-Hungría e os seus aliados. As campañas U-Boot de Alemaña contra os barcos fixo que o Reino Unido eventualmente arrastrara aos Estados Unidos ao que xa se convertera na primeira guerra mundial.
Ademais, usando a Alianza Anglo-Xaponesa como excusa, Xapón aproveitou esta oportunidade para conquistar os intereses alemáns na China e no Pacífico para converterse na potencia dominante no Pacífico Oeste, establecendo o motivo para a Segunda Guerra Sino-xaponesa (que comezou en 1937) e, eventualmente, para a segunda guerra mundial.
Os británicos estaban principalmente interesados en manter liñas de comunicación seguras coa India, que os levaron a interesárense por Exipto e Suráfrica. Unha vez que estas dúas áreas estaban seguras, foi o intento de colonizadores británicos como Cecil Rhodes de establecer o ferrocarril de O Cabo-O Cairo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.