Ferdinand de Lesseps

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ferdinand de Lesseps

Ferdinand-Marie de Lesseps, vizconde de Lesseps, nado en Versalles o 19 de novembro de 1805, e finado en La Chênaie, preto de Guilly, Indre o 7 de decembro de 1894, foi un diplomático e empresario francés.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ferdinand de Lesseps
Thumb
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1805
Versalles (Primeiro Imperio Francés)
Morte7 de decembro de 1894 (89 anos)
Guilly, Francia
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 6 48°51′32″N 2°23′40″L
Guilly (Sangue)
Grave of Lesseps (en)
Cadeira 38 da Academia Francesa (pt)
21 de febreiro de 1884 – 7 de decembro de 1894
 Henry MartinAnatole France 
Presidente Sociedade de Geografia de Paris (pt)
1881 
Embaixador de França em Espanha (pt)
1848 – 1849
Consul General of France in Barcelona (en)
1842 – 1848
Consul General of France in Alexandria (en)
1835 – 1837
Datos persoais
ResidenciaItalia
EducaciónLycée Henri-IV
Q3268939
Actividade
Ocupacióndiplomático, emprendedor, escritor
Membro de
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloVizconde
FamiliaLesseps' Family (en)
CónxuxeLouise-Hélène Autard de Bragard (1869–1894)
Agathe Delamalle (1837–1853)
FillosVictor de Lesseps
 () Agathe Delamalle
Ismaël de Lesseps
 () Louise-Hélène Autard de Bragard
Marie-Solange de Lesseps
 () Louise-Hélène Autard de Bragard
Jacques de Lesseps
 () Louise-Hélène Autard de Bragard
Gisèle de Lesseps
 () Louise-Hélène Autard de Bragard
PaisMathieu de Lesseps   e Marie Catherine Barbe de Grévignée
IrmánsAdélaïde Marie de Lesseps
Jules de Lesseps
Théodore de Lesseps
ParentesBarthélemy de Lesseps, tío paterno
Eugénie de Montijo, curmán segundo
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
WikiTree: Lesseps-9
Pechar

Traxectoria

Proveniente dunha familia de diplomáticos, iniciouse dende novo na profesión, feito que o levou a traballar en diferentes misións en Europa e África. Durante os primeiros anos da súa carreira foi destinado en Exipto, onde ostentou diversos cargos diplomáticos en Alexandría e O Cairo. Posteriormente foi cónsul de Barcelona (1842-48) e embaixador en Madrid (1848-49). Da súa estadía en Barcelona cabe destacar a súa mediación durante o bombardeo de 1842, motivo polo cal anos despois se lle dedicaría unha praza.

Despois dunha controvertida misión en Roma, que provocou a fin da súa carreira diplomática, e co apoio de diversos contactos políticos e empresariais, liderou o proxecto de construción da Canle de Suez que uniría o mar Mediterráneo e o mar Vermello. Malia unha serie de atrancos, a empresa contou co apoio das elites políticas tanto de Exipto como de Francia e o proxecto inaugurouse en 1869.

Despois do éxito que supuxo a construción da canle de Suez, gozou dun gran respecto e influencia entre a sociedade francesa e europea do seu tempo, recibindo diversas condecoracións e converténdose en membro, entre outras, da Academia das Ciencias Francesa. Durante un tempo matinou sobre a súa entrada en política, pero finalmente en 1879 convocou un cumio para estudar a viabilidade de construír a Canle de Panamá, para unir o océano Atlántico e mais o Pacífico, e creou unha sociedade que iniciaría a súa construción durante a seguinte década. Porén, diversos problemas técnicos e financeiros, así como a presión de gobernos estranxeiros, fixeron que a compañía fose liquidada en 1889, provocando un gran rebumbio e un forte descrédito persoal. Xunto co seu fillo e diversos empresarios e políticos foron xulgados e condenados no que se coñecería como o Escándolo de Panamá.

Morreu na súa casa en La Chênaie en 1894 á idade de 89 anos. O seu legado, en forma das dúas grandes infraestruturas que proxectou e axudou a construír, ten aínda unha gran relevancia no mundo actual.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.