From Wikipedia, the free encyclopedia
O etnocentrismo é unha actitude ou doutrina de carácter relativista que considera a propia cultura como modelo ou criterio absoluto desde o que comprender e xulgar outras culturas e sociedades. Esta actitude dáse debido a que se cre que o grupo étnico ou a cultura dun mesmo son superiores ás dos demais. Os individuos xulgan os outros grupos normalmente pola linguaxe, os costumes, os comportamentos, a relixión e as crenzas consciente ou inconscientemente. Todas estas diferenzas marcan a identidade cultural.
O etnocentrismo designa a tendencia que temos os seres humanos de tomar sempre como centro de referencia o propio país, pobo ou raza rexeitando así aos que son distintos nese aspecto. Ademais, este é realmente prexudicial para todos nós porque provoca discriminación e fai que os demais comportamentos ou actitudes se consideren como estrañas, erróneas ou mesmo salvaxes. Debido a isto, pode chegar a dificultar a comunicación respectuosa entre as persoas de diferentes civilizacións ou crenzas, así como impedir a aprendizaxe de certos temas ou cousas alleos ás crenzas propias.
O antropólogo William Graham Sumner púxolle este nome á discriminación que exercen unhas persoas sobre outras. Trata disto no libro Folkways publicado en 1906. Este termo é o resultado de unir a crenza de que a propia cultura é superior ás outras e xulgar a outras culturas deixándose levar polos hábitos dunha concreta. Habitualmente valoranse positivamente os costumes, comportamentos, relixión etc. que son propios e porén ás que non nós pertencen sempre se lles atopan defectos. O etnocentrismo pode negar, en certo modo, o proceso de hominización e a historia da diversidade humana.
O relativismo cultural é unha corrente de pensamento que trata de comprender os fenómenos culturais doutros pobos en relación ao contexto ao que pertencen, e dicir, cada cultura debe entenderse dentro dos seus propios termos e así establecer un punto de vista que sexa universal. Defende a validez de calquera sistema cultural e nega as valoracións absolutistas morais ou éticas destes. É, polo tanto, o oposto ao etnocentrismo.
En ocasións, o relativismo cultural tamén pode chegar a ser negativo se é tolerante con aqueles comportamentos que atentan contra a vida ou a liberdade dos individuos que forman parte dun pobo. En resumo, segundo esta corrente de pensamento todas as culturas terían o mesmo valor.
A antropoloxía foi a ciencia que lle deu este nome á tendencia que leva a unha persoa ou grupo social a interpretar a realidade a partir dos seus propios parámetros culturais. Considérase a etnia propia superior á dos demais grupos. Por todo isto, os antropólogos deben evitar caer no etnocentrismo cando analizan culturas alleas e deben valorarse dun xeito obxectivo as diferenzas culturais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.