Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Somalilandia ou República de Somalilandia (en somalí: Jamhuuriyadda Soomaaliland; en árabe جمهورية أرض الصومال Jumhūrīyat Arḍ aṣ-Ṣūmāl) é un país independente de facto, pero non recoñecido por todas as nacións, xa que a consideraban como unha rexión autónoma de Somalia.[1]
Jamhuuriyadda Somaliland (so) JSL (so) | |||||
Himno | Samo ku waar (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Hargeisa | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.171.898 (2020) (23,57 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua somalí lingua árabe lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 177.000 km² | ||||
Punto máis alto | Shimbiris (2.460 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 18 de maio de 1991 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
• President of Somaliland (en) | Muse Bihi Abdi (pt) (2017–) | ||||
Órgano executivo | Government of Somaliland (en) | ||||
• President of Somaliland (en) | Abdirahman Mohamed Abdullahi (pt) (2024–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Somaliland (en) , | ||||
Moeda | Xelim somalilandês (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +252 | ||||
Sitio web | govsomaliland.org | ||||
Situado ao noroeste da península de Somalia, no chamado Corno de África, limita ao norte co golfo de Adén, ao leste con Somalia (e hoxe, con Puntlandia, que se separou dela), ao sur e ao suroeste con Etiopía e ao oeste con Djibuti.
A República de Somalilandia constituíuse co territorio da antiga Somalia británica, que formou parte do imperio Británico desde 1884 até o 26 de xuño de 1960, cando obtivo a independencia da Gran Bretaña.
Cando o 1 de xullo de 1960 obtén a independencia de Italia a antiga Somalia italiana, que fora, desde 1889 a 1908, un protectorado italiano, e desde este ano até 1936 o seu estatuto pasou a ser o de colonia.
Ambos os territorios unínronse daquela para formaren a República Federal de Somalia.
Porén, a unión non funcionou segundo as aspiracións da poboación desta rexión, polo que se desencadeou unha feroz guerra civil en 1991, que conduciu ao completo colapso de Somalia, o que permitiu a Somalilandia declarar a súa independencia.
Despois do derrubamento da República Somalí, a poboación de Somalilandia celebrou un Congreso no que se tomou a decisión de retirarse da unión con Somalia, atribuíndose unha soberanía autónoma.
Abdirahman Ahmed Ali Tur foi o primeiro presidente de Somalilania; sucedeuno, en 1993, Mohamed Ibrahim Egal. Egal foi confirmado en 1998 e permaneceu no poder até a súa morte, o 3 de marzo de 2002, sendo substituído polo vicepresidente Dahir Rayale Kahin. Kahin foi elixido presidente en 2003, converténdose no primeiro presidente de Somalilandia, elixido en eleccións libres; porén foi derrotado en 2010 por Ahmed Mohamed Haroun Silanyo.
O 5 de outubro de 2003, en Borama, foi morta Annalena Tonelli, misioneira italiana, natural de Forlì, no hospital que ela fundara.
Somalilandia, do mesmo xeito que Puntlandia, non se viu implicada nos eventos relacionados coa vitoria dos Tribunais Islámicos na guerra civil de Somalia en xuño de 2006 e na posterior reconquista das rexións meridionais polas tropas somalís e etíopes.
O 15 de outubro de 2007 as forzas armadas de Somalilandia tomaron o control da cidade de Las Anod, nunha batalla contra o exército de Puntlandia. Os gobernos de ambos os dous países preparéronse para declarar a guerra polo control da rexión, aínda que mantiveron conversacións e contaron coa mediación por parte de Etiopía, así como de representantes das Nacións Unidas.
Somalilandia mantén relacións políticas co Reino Unido, Ruanda, Noruega, Kenya, Etiopía, Irlanda e a Unión Europea. Esta última, o 17 de xaneiro de 2007, enviou unha delegación para os asuntos africanos para discutir unha futura cooperación entre a UE e Somalilandia.
A Unión Africana enviou, o 29 e o 30 de xaneiro de 2007, ao seu ministro de relacións exteriores para discutir, por primeira vez, un posíbel recoñecemento internacional. Durante tod o ano de 2007 Somalilandia recibiu delegados da Unión Europea, Ghana, Ruanda, Italia, Etiopía, Reino Unido, Kenya e a República Checa.
O 21 de novembro de 2007 Somalilandia, por primeira vez desde a súa independencia, foi oficialmente invitada ao cumio da Commonwealth en Uganda.
O 27 de novembro de 2007, Annemie Neyts-Uyttebroeck, eurodeputada do Partido da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (ALDE), un dos tres primeiros da Unión Europea, enviou unha carta a Javier Solana (Alto representante da Política Exterior e de Seguridade Común da UE) e ao presidente de Somalia Dahir Rayale Kahin, na que se fai o recoñecemento oficial da petición de Somalilandia por parte da Unión Europea.[2]
Somalilandia ten unha superficie de 137 600 km². Limita con Djibuti ao oeste, con Etiopía ao sueste e ao suroeste, e con Somalia ao leste. Os territorios do leste de Somalilandia foron proclamados en 1998 como o estado de Puntlandia. Ao norte, Somalilandia limita co golfo de Adén.
Poesteriormente establecéronse novas rexións en Somalilandia:
O 22 de marzo de 2008, o presidente de Somalilandia Dahir Riyale Kahin, anunciou a creación de 6 novas rexións, oas súas respectivas capìtais.[3]
As 6 novas rexións:
Rexión | Capital | Rexión anexionada |
---|---|---|
Gabiley | Gabiley | Hargheisa |
Baran | Baran | Sanag |
Buhoodle | Buhoodle | Tug Dair |
Salal | Zeila | Adal |
Sarar | Ainabo | Sol |
Odweyne | Odweyne | Tug Dair |
Por outra parte, o presidente Riyale Kahin anunciou tamén a creación de 16 novos distritos:
Provincia | Rexións da nova Provincia | Rexión anexioanda |
---|---|---|
Haji Salax | Odweyne | Tug Dair |
Kalabaydh | Sol | - |
Wajale | Gabile | Hargheisa |
Widh-widh | Buhoodle | Sol |
Qorulugad | Buhoodle | Tug Dair |
Go'Da Weyne | Sahel | - |
Harasheekh | Odweyne | Tug Dair |
Raydab Khatumo | Odweyne | Tug Dair |
Garba Dardar | Salal | Adal |
Boon | Salal | Adal |
Harirad | Salal | Adal |
Las Idle | Sahel | - |
War Idad | Sarar | Sanag |
Elal | Sarar | Tug Dair |
War Imran | Tug Dair | - |
Magalo Ad | Adal | - |
Dúas rexións están en disputa entre Somalilandia e Puntlandia:
As maiores cidades da República de Somalilandia son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.