Río Zambeze
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O río Zambeze é un longo río da África Austral, o cuarto pola súa lonxitude de todo o continente africano (tras o Nilo, o Congo e o Níxer) e o máis longo dos que desembocan no océano Índico.
Remove ads
Ten unha lonxitude total de 2.574 km. Nace en Zambia, no límite con República Democrática do Congo e Angola, cruza Angola, Zambia Namibia, Zimbabwe e Mozambique, e desemboca no océano Índico, formando un enorme delta.
A súa conca hidrográfica ten unha superficie de 1.390.000 km², a 16ª conca primaria maior do mundo, comprendendo gran parte dos territorios de Malawi, Zambia, Zimbabwe, Angola e Mozambique.
O curso do río Zambeze vese interrompido por numerosos rápidos e fervenzas, polo que soamente é navegable con normalidade dende a cidade de Tete, en Mozambique, ata a súa desembocadura. As maiores interrupcións no seu curso son as Cataratas Chavuma, na fronteira entre Zambia e Angola, as Cataratas Ngonye, preto de Sioma, no oeste de Zambia, e as Cataratas Victoria, as maiores do mundo, con 1.708 metros de extensión e que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1989. A pesar da súa gran lonxitude, só é atravesado por seis pontes: en Chinyingi, Katima Mulilo, as Cataratas Victoria Chirundu, Tete e Caia
Hai dous grandes encoros no río, dedicadas principalmente á produción de enerxía hidroeléctrica: a Presa de Kariba, construída na garganta de Kariba, onde conflúen os ríos Sanyati e Kafue, afluentes do Zambeze, que prové de electricidade a Zambia e a Zimbabwe; e a Presa de Cahora Bassa, que proporciona enerxía á subrexión da África Austral. Hai tamén unha pequena estación hidroeléctrica nas Cataratas Victoria.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads