clase de amniotas que se caracterizan pola súa homeotermia From Wikipedia, the free encyclopedia
Os mamíferos (en latín: Mammalia) son unha clase de amniotas que se caracterizan pola súa homeotermia. Distínguénse doutros amniotas, como o son os réptiles e as aves, pola mandíbula inferior formada por un único óso, o maxilar inferior (tamén chamado dentario), por presentaren tres ósos medios na cadea de ósos do oído, por teren os dentes moi especializados, pola presenza dun padal secundario, pola de pelaxe, un olfacto moi desenvolvido, polo seu neocórtex e pola produción de leite das femias para alimentar as súas crías. O cerebro dos mamíferos regula a temperatura corporal e o sistema circulatorio, incluído o corazón. Os mamíferos abranguen os animais máis grandes do planeta, as baleas rorcuais, así como os máis intelixentes ou con maior capacidade cognitiva; como son os elefantes, algúns primates e cetáceos. Anatomicamente, o corpo é de catro patas adaptadas aos medios terrestres, mais algúns mamíferos están adaptados á vida mariña, arbórea, no aire ou sobre dúas pernas. O grupo máis grande de mamíferos, os placentarios teñen placenta e alimentan as crias despois do remate do empreñe. O tamaño dos mamíferos vai de tan só 30 ou 40 milímetros a 33 metros de longo.
Mamíferos Mammalia Rango fósil: triásico final – actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplos de mamíferos de varias ordes. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subclases | |||||||||||||||||||
|
A ciencia que estuda os mamíferos denomínase terioloxía.
Os mamíferos apareceron a finais do Triásico, hai uns 210 millóns de anos. Abranguen aproximadamente 5 400 especies, entre as que está o ser humano.
A principal característica, que alude ó nome da clase, é a presenza de glándulas mamarias nas femias de tódalas especies. Estas glándulas segregan leite para alimentar as crías durante os seus primeiros meses de vida.
Outros caracteres son a simplificación esquelética do cranio e da mandíbula inferior (un só óso, chamado dentario) con dentes moi especializados, a presenza dun padal secundario, a aparición dos cóndilos occipitais para a articulación do cranio coa columna vertebral, a cadea de osiños do oído, que permiten a transmisión do son, un olfacto moi desenvolvido, a maior complexidade do cerebro, a aparición dun diafragma muscular para separar a cavidade torácica da abdominal, e para rematar, o revestimento de pelos que presenta toda a superficie do corpo.
A pel, xeralmente espesa, está formada por unha capa exterior ou epiderme, unha capa profunda ou derme e un estrato subcutáneo repleto de graxa que lle serve de protección contra as perdas de calor, xa que os mamíferos son animais homeotermos.
Os pelos orixínanse na epiderme e neles pódese distinguir unha parte saínte ou talo e outra parte oculta na pel ou raíz; esta raíz é máis grosa na súa parte inferior formando o bulbo pilífero. A raíz está protexida por unha especie de vaíña, de orixe epidérmica, que recibe o nome do folículo, e no que desembocan as glándulas sebáceas que lubrican o pelo. No folículo implántanse o músculo horripilador, que é o responsable do levantamento vertical do mesmo. Nos mamíferos de vida acuática e nos que viven en climas tropicais, os pelos adoitan reducirse en número e tamaño e, ás veces, desaparecen no estado adulto.
Na pel, ademais dos pelos, implántanse as glándulas mamarias e as glándulas sudoríparas, que segregan, a través de poros da epiderme, un líquido composto por substancias tóxicas para o organismo (suor).
Outras formacións cutáneas de natureza córnea que presentan os mamíferos son as unllas, cornos e o pico (no caso do ornitorrinco).
O aparello locomotor é o conxunto de sistemas e tecidos que posibilitan o mantemento do corpo do animal e o seu movemento. Está formado polo sistema óseo, o sistema muscular e o sistema articular.
O sistema óseo está formado polo esqueleto, no que se poden distinguir:
Ademais existen outras formacións óseas como o óso hioide (sostén da lingua), os ósos do oído medio, o baculum dalgúns carnívoros e mesmo os ósos cardíacos dalgúns bóvidos nos que osifica a cartilaxe cardíaca.
Está formado por unha boca, con dentes, beizos e lingua, na cal desembocan as glándulas salivais; unha farinxe curta; un esófago que atravesa o diafragma; un estómago en forma de saco e no que desembocan as glándulas gástricas; un intestino delgado moi longo, dividido en tres partes (duodeno, xexuno e íleo) e no que se produce parte da absorción da substancias alimenticias, e un intestino terminal, que comprende o cego (moi desenvolvido en herbívoros), o groso e o recto, que desemboca ao exterior polo ano.
Ademais existen unha serie de glándulas anexas, entre as que hai que destacar o fígado, moi voluminoso e provisto dunha vesícula biliar, e o páncreas, que verte a súa secreción no duodeno.
A respiración é de tipo pulmonar e lévase a cabo por dous pulmóns, libres na cavidade pleural, e que se ramifican en bronquios, bronquíolos e alvéolos pulmonares.
A circulación é dobre e completa. O corazón está dividido en dúas aurículas e dous ventrículos, levando a parte dereita sangue venoso e a esquerda arterial. Ademais, existe unha complicada rede de vasos venosos e arteriais que chegan a tódalas partes do organismo.
Ademais da circulación sanguínea, nos mamíferos existe unha abundante rede linfática.
O encéfalo acada un gran tamaño, estando particularmente desenvolvidos os hemisferios cerebrais. O cerebelo tamén aumenta de tamaño con respecto aos outros grupos de vertebrados.
A actividade psíquica é moito maior que no resto dos animais e nas formas máis evolucionada aprécianse trazos de memoria e, ás veces, de intelixencia.
En tódolos mamíferos preséntanse os sexos separados e a reprodución é de tipo vivípara, agás no grupo dos monotremas, que é ovípara.
O desenvolvemento do embrión vai acompañado da formación dunha serie de anexos embrionarios, como son o corion, amnio, alantoide e o saco vitelino. As peluxes do corion, xunto co alantoide, únense á parede do útero e dan lugar á placenta. Esta permanece unida ao embrión polo cordón umbilical, e é a través del por onde pasan a substancias nutritivas da nai ao feto e as substancias de refugo do feto á nai.
O período de xestación e o número de crías por camada varían moito segundo os grupos. Normalmente, canto maior é o tamaño do animal, máis longo é o período de xestación e menor o número de crías. A maior parte dos mamíferos proporcionan aos seus fillos coidados paternais.
Moitos mamíferos comunícanse por vocalización. A comunicación vocal serve para moitos propósitos, por exemplo nos rituais de aparellamento, como sinal de alarma,[1] para indicar fontes de comida, e por razóns sociais. Os machos chaman frecuentemente para atraer ás femias e para advertir a outros machos, como fan os leóns e os cervos cos seus ruxidos.[2] Os cantos do xibardo deben de ser sinais ás femias;[3] tendo diferentes dialectos en distintas rexións do océano.[4] As vocalizacións sociais inclúen as chamadas territoriais dos xibóns, e o uso da frecuencia por parte dos morcegos de nariz laceolada para distinguirse doutros grupos.[5] O mono verde dá distintos tipos de alarma para, polo menos, catro tipos diferentes de depredadores, e a reacción doutros monos varía de acordo á chamada. Por exemplo, se o sinal de alarma e dunha pitón, os monos soben ás árbores, mentres que se a alarma é dunha aguia, fai que o mono busque un lugar no chan onde agocharse.[6] Dun xeito similar, os cans das pradeiras teñen un complexo sistema de chamadas que indican o tipo, o tamaño e a velocidade de aproximación dun depredador.[7] Os elefantes comunícanse socialmente mediante unha ampla variedade de sons que inclúen bufidos, berros, sons de trompa, ruxidos e murmurios. Algúns destes últimos son chamadas infrasónicas, por debaixo do rango audible dos humanos, e poden ser oídas por outros elefantes a máis de 10 km nas horas próximas ao amencer e ó solpor.[8]
Os primeiros mamíferos apareceron na Terra a finais do período Triásico, hai uns 210 millóns de anos, e desenvolvéronse durante a era Terciaria. Nos máis primitivos aínda se atopan afinidades cos réptiles.
Os mamíferos viventes na actualidade pódense agrupar en dúas subclases principais:
Segundo a obra máis aceptada actualmente polos teriólogos, o Mammal Species of the World, a clase comprende as seguintes ordes:[9]
Modernos investigadores, como Montgelard, Catzeflis e Douzery, en 1997, reúnen nun clado, o dos Cetartiodactyla, as clásicas ordes dos Cetacea e os Artiodactyla.[10] Véxase tamén Euungulata.
O World Register of Marine Species dálle aos Cetartiodactyla a categoría de orde, polo que habería que considerar aos cetáceos e aos artiodáctilos como subordes.[10]
Pola súa parte, a Animal Diversity Web outorga a este grupo a categoría de superorde, incluído as ordes de cetáceos e artiodáctilos.[11]
,_______ Morganucodonta + | __| ,___ Prototheria _____ Monotremata | | |___|___ Multituberculata + | | ,__ Metatheria |___ Theria___| |__ Eutheria
Cladograma,[12] con mamíferos, grupo Mammalia, como principal.
Mammaliaformes |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A evolución dos mamíferos pasou por moitos puntos dende a aparición dos seus devanceiros sinápsidos no período de finais do Carbonífero. A metade do Triásico aparecen moitas especiesde sinápsidos que semellan mamíferos. A liña que dá lugar aos mamíferos de hoxe en día escíndese no Xurásico; unha liña que inclúe a Dryolestes, que é máis próximo as actuais placentarios e marsupiais ca aos monotremas, así como a Ambondro, máis achegado aos monotremas[13]. A continuación as liñas de eutheria e metatheria sepáranse. Destas, os metaterios serán os animais máis achegados aos actuais marsupiais mentres que os eutheria son os máis achegados aos placentarios. Xa que Juramaia, o eutherio máis recente coñecido, viviu hai 160 millóns de anos no Xurásico, esta diverxencia debeu ter ocorrido nese período.
O evento de extinción do Cretáceo-Paleoxeno provocou a extinción de todos os dinosauros non aviarios (os paxaros son unha liña que xorde dos dinosauros e a única hoxe en día viva) e é nese momento cando grupos de mamíferos, placentarios e marsupiais diversificáronse ocupando novos nichos ecolóxicos durante o Paleoxeno e o Neoxeno. Ao final deste período están xa presentes todas as ordes de mamíferos modernos.
Os mamíferos son os únicos sinápsidos que actualmente persisten[14] A liña de sinápsidos diverxeu da liña dos saurópidos no final do Carbonífero, hai entre 320 e 31 millóns de anos atrás[15]. Os sauropidos son hoxe os réptiles e aves xunto con outros animais extintos máis achegado aos mamíferos[15]. Isto non inclúe aos mamíferos semellantes a réptiles, un grupo máis achegado aos mamíferos.
Ao longo do Permiano, os sinápsidos eran principalmente carnívoros mais con varios herbívoros relevantes. No período do Triásico un grupo anterioremente non dos principais, os arcosauro, convertéronse nos vertebrados dominantes. Os mammaliaformes apareceron durante este período; cun olfacto moi sensible e cun cerebro máis desenvolto, introducíronse en nichos nocturnos e grazas a isto expuxéronse menos a predación de arcosauros. O estilo de vida nocturno puido ter contribuído a trazos característicos principais dos mamíferos como seren endotérmicos e ter pelo. Mais adiante no Mesozoico, despois de que os dinosauros terópodos desprazaran aos rauisuchianos como os carnívoros dominantes, os mamíferos conquistaron novos nichos. Como caso disto, algúns fixéronse actuáticos, algúns voadores e incluso outros chegaron a se alimentar de dinosauros xuvenís.
A maior parte das mostras da evolución dos mamíferos básase en xacementos de fósiles. Aínda que as gándulas mamais son unha característica fundamental dos mamíferos modernos, pouco se sabe acerca da evolución da lactación. Isto débese a que sendo un tecido brando non se conserva no rexístro fósil. Moita da evolución dos mamíferos céntrase, pola contra, na forma dos dentes e nas partes máis duras do corpo de tetrápodos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.