Músculo diafragma
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O diafragma únese a varias estruturas, para formar un músculo extenso con forma de paraugas. Na parte central ancórase na columna vertebral, por medio de dous grupos musculares: un central, constituído por dous piares, que se insiren na parte anterior e lateral das vértebras lumbares, ata a terceira vértebra na dereita e ata a segunda na esquerda. O grupo periférico está constituído por tres ligamentos: os ligamentos lateral e interno, que cruzan por diante dos músculos abdominais e se insiren na apófise transversa da primeira vértebra lumbar e na 12ª costela respectivamente; e o ligamento medio, que cruza por diante da aorta e se continúa a través dos piares.
Na parte máis posterior, o diafragma descende máis que por diante, relacionándose nesta área coas vísceras abdominais.
A separación do tórax e abdome non é unicamente estrutural, senón que tamén é funcional. Separa as presións negativas do tórax (precisas para realizar os movementos respiratorios) das presións positivas abdominais.
É relativamente frecuente a rotura muscular traumática, xa sexa nun accidente ou ferida intencional. Nalgúns casos existe un defecto conxénito no músculo, que impide separar correctamente as estruturas torácicas das abdominais. Nos casos de aperturas do diafragma, pódese introducir unha asa intestinal no tórax. Nalgunhas patoloxías de tipo respiratorio, de tipo EPOC, o diafragma áchase aplanado.
O diafragma está innervado polo nervio frénico, que é unha rama terminal do plexo cervical. A sección do nervio produce a inmobilización do músculo.
Procede de varios vasos: arteria pericardio-frénica, arteria músculo-frénica e outros troncos reducidos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.