From Wikipedia, the free encyclopedia
A cintura escapular é a primeira parte do membro superior humano, formada por dous ósos, a clavícula e a escápula. A cintura mantén unido o brazo ao tronco e polo tanto estabiliza o ombreiro.
A cintura escapular participa en tres articulacións anatómicas do ombreiro:
A articulación esternoclavicular é a articulación máis interna do ombreiro e artella a clavícula co esterno, a través dun menisco articular. A cápsula articular mantén unidos a ambos ósos.
A articulación acromioclavicular artella o acromion da escápula coa parte máis lateral ou externa da clavícula. Ten unha mobilidade reducida e ten numerosos ligamentos de reforzo.
A articulación glenoumeral é a máis móbil do ombreiro. Artella o úmero coa cavidade glenoide da escápula.
Á marxe das articulacións entre ósos existen dous tipos de unións miotendíneas, que contribúen á integridade do membro superior.
É a unión fisiolóxica da escápula e as costelas. Contribúen a ela o músculo trapecio, o músculo romboide maior, o músculo romboide menor e o músculo serrato anterior. Recibe unha pequena achega do músculo pectoral menor.
É unha unión entre a cabeza umeral co ligamento acromiocoracoide. Participa o tendón do músculo supraespiñal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.