A boca (pronunciación(axuda·info)), tamén coñecida como cavidade bucal ou cavidade oral, é a abertura a través da cal os animais inxiren os seus alimentos. Xeralmente está situada na cabeza e constitúe a primeira parte do tubo dixestivo. A boca ábrese a un espazo previo á farinxe chamado cavidade oral ou cavidade bucal.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Boca (homónimos).
A boca humana está cuberta por un beizo superior e inferior e desempeña funcións importantes en diversas actividades coma a linguaxe e en expresións faciais, coma o sorriso.
A boca é un gran indicador da saúde do individuo. A mucosa, por exemplo, pode verse máis clara, pálida ou con manchas brancas, indicador de proliferacións epiteliais.
Na boca pódense distinguir tres tipos de mucosa:
Simple de revestimento: presenta submucosa.
Masticatoria: con probable ausencia de submucosa, queratinizada ou paraqueratinizada e en contacto directo co tecido óseo.
Especializada: preséntase en certas rexións da lingua. Refírese á mucosa relacionada aos receptores de gusto.
Mastigar: grazas ós movementos da mandíbula e á presión dos dentes prodúcese este tratamento mecánico que esmiuza os alimentos.
Salivar: grazas á desembocadura dos condutos das glándulas salivares, prodúcese o primeiro mollo dixestivo (saliva), que realiza unha degradación química dos alimentos. No caso dos carbohidratos faino a través da amilase salivar, que se encarga de destruír os enlaces alfa-1,4 que están presentes nos polisacáridos, e despois seguirían degradándose a nivel intestinal.
Sentido do gusto: na boca atópanse os receptores sensoriais do gusto, sobre todo na lingua, chamadas papilas gustativas.
Fala: na boca atópanse gran parte das estruturas que modifican o son larínxeo e producen a voz articulada grazas ás súas cavidades especiais.
Deglutición: divídese en dúas fases:
Fase voluntaria: a lingua elévase cara ao teito da cavidade bucal, impulsando o bolo alimenticio para que entre na farinxe
Fase involuntaria: a epiglote vai cara a atrás e pecha o orificio superior da larinxe. Por causa deste reflexo, a farinxe queda convertida só nunha vía dixestiva transitoria, impedindo así o ingreso de anacos á vía aérea (á traquea).
A cavidade oral está situada na parte inferior da face, entre as foxas nasais e a rexión suprahioidea. Ten forma de óvalo con diámetro maior anteroposterior. Os arcos alveolodentarios dividen a boca en dúas partes: unha parte anterior e lateral, situada fóra destes arcos, que é o vestíbulo da boca e outra parte situada cara a dentro destes arcos que é a boca propiamente dita. A boca propiamente dita e o vestíbulo bucal comunícanse entre si por numerosos intersticios que separan os dentes uns doutros (espazos interdentarios), e tamén por un espazo máis ancho situado entre os últimos molares e a rama ascendente da mandíbula (espazo retrodentario ou trígono retromolar).
Cando a boca está pechada, é dicir, cando ambas as mandíbulas están aproximadas e non existe alimentos ou corpos estraños no seu interior, a cavidade oral é unha cavidade virtual. A boca convértese nunha cavidade real e adquire unhas dimensións considerables debido a:
A separación das fazulas, agrandando o vestíbulo bucal transversalmente, por exemplo cando se sopra.
A proxección dos beizos cara a adiante, ampliando o vestíbulo en sentido anteroposterior.
A separación da mandíbula do maxilar superior, aumentando o diámetro vertical da cavidade.
A boca pode considerarse unha estancia con seis paredes:
Por razón das terminacións nerviosas sensitivas da mucosa oral, case todas as enfermidades que afectan á cavidade bucal non relacionada cos dentes preséntanse con dor. As alteracións que afectan á mucosa presentan ulceración, vesículas e cambios de cor.
Ulceracións: son frecuentes en alerxias, infeccións, traumatismos e algunhas neoplasias