Cego (anatomía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cego, no ser humano, é o primeiro anaco do intestino groso. É as máis das veces intraperitoneal. A seguir atópase o colon ascendente pasando de intra a retroperitoneal. Por iso fórmanse uns recesos no arranque do mesoapénice e unión ileocecal. A válvula ileocecal fica no lugar do íleo terminal e vai desembocar no cego. Esta desembocadura realízase por medio dunha abertura lonxitudinal arrodeada de músculo circular (o lonxitudinal continúase directamente co colon ascendente e o cego). A súa función é posibelmente atrasar o progreso do contido intestinal cara ao intestino groso.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cego (homónimos).

Véxase tamén
Bibliografía
- Enciclopedia Libre Arquivado 02 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.