Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos notorictemorfos (Notoryctemorphia) é unha pequena orde de mamíferos marsupiais australidelfos coñecidos vulgarmente na bibliografía como toupas marsupiais debido a que presentan un asombroso parecido tanto morfolóxico como etolóxico coas chamadas toupas douradas, placentarios pertencentes á familia dos crisoclóridos (Chrysochloridae), aínda que se trate de especies moi afastadas filoxeneticamente.
Notorictemorfos Notoryctemorphia Toupas marsupiais Rango fósil: mioceno - actualidae | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Debuxo da especie Notoryctes typhlops | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
De feito, estes estraños e antigos mamíferos comezaron a súa evolución independentemente de calquera outro marsupial hai máis de 50 millóns de anos.
A orde comprende unha soa familia actual, a dos notoríctidos (Notoryctidae),[1] que inclúe un só xénero, Notoryctes, con tan só dúas especies.[1][2] que viven no deserto australiano e pasan a maior parte do tempo baixo terra e raramente soben á superficie.
A orde foi creada en 1977 polo biólogo estadounidense John A. W. Kirsch, como se recolle no traballo publicado polo seu colega Don Hunsaker II.[1][3]
A orde comprende unha soa famlia, monotípica,[4] e o único xénero conta con dúas especies:[2][5][6]
Orde Notoryctemorphia
A orde tamén se coñece co sinónimo Syndactyliformes.[1]
E o xénero, polos sinónimos:[7]
Morfometría | Masa (g) |
Lonxitude (cm) | |
Cabeza e tronco | Cola | ||
Notoryctes typhlops | 40 - 70 | 9 - 18 | 2 - 3 |
O corpo é do tamaño dunha toupa placentaria, aplanado e cun aparello locomotor moi desenvolvido. Está cuberto de abundante pelo sedoso que cor que varía de branca a dourada. Ás veces, se o terreo en que habitan é rico en ferro, o pelo pode tornarse ferruxento debido a este metal.
É unha característica propia destes animais teren fusionadas as cinco últimas vértebras cervicais, o que lle confire rixidez ao corpo de tal modo que poida desenvolver máis potencia empuxando coa cabeza a area durante a escavación.
A cabeza é grande e robusta. O fociño está cuberto por unha protuberancia córnea espida. Os ollos están cubertos pola pel, miden menos de 1 mm de diámetro e o seu desenvolvemento é escaso, de tal xeito que son escasamente funcionais. A cada lado da cabeza ábrese un burato como único resto das orellas.
Os dentes están dexenerados e a fórmula dentaria varía duns exemplares a outros. Unha fórmula media estaría composta segundo se indica na táboa aquí debaixo.
Fórmula dentaria | |||||||
incisivos | 3-4 | caninos | 1 | premolares | 2 | molares | 4 |
3 | 1 | 3 | 4 |
Os molares superiores son zalambdodontes, e os inferiores perderon a conca do talónido. Non pode considerarse que sexan propiamente diprotodontes nin poliprotodontes.
As extremidades son poderosas, especialmente as anteriores, cuxo terceiro e cuarto dedos están dotados de poderosísimas uñas de sección triangular. A diferenza doutros marsupiais australianos, non se presentan fenómenos de sindactilia (dedos fusionados) e cada extremidade presenta cinco dedos.
A cola é curta, cilíndrica, e está sucada por aneis. Está cuberta por unha grosa pel parecida ao coiro. Pode medir até 2,5 cm e parece estar dotada de gran sensibilidade táctil.
As dúas especies actuais habitan en desertos areosos da metade occidental de Australia. (Ver mapa máis arriba).
Estas especies aliméntase de todo tipo de invertebrados terrestres, que capturan tanto na superficie como baixo terra, nun incesante ir e vir.
A fisioloxía reprodutiva destes animais non é moi coñecida. Non se describiron os períodos de xestación, lactación, nin da esperanza de vida das especies.
Os machos non presentan escroto, os testículos áchanse entre a pel e a cavidade abdominal.
As femias posúen un marsupio pequeno pero ben desenvolvido, aberto cara a atrás para manter a hixiene durante a escavación. No seu interior, dúas mamilaa serven para amamentar as crías, que nacen cerca do mes de novembro en número de 1 a 2 por camada.
Estas especies desprázanse baixo a area do deserto como se estivesen mergullándose, empuxando coa cabeza e apartando a area coas mans. Os traxectos en que permanecen baixo a area non son excesivamente longos, desprazándose pola superficie coa axuda das extremidades posteriores, deixando unha característica pegada formada por tres puntos que se corresponden con ambas as extremidades posteriores e o rabo.
As dúas únicas especies vivas de toupas marsupiais están catalogadas pola UICN como DD (datos deficientes).[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.