From Wikipedia, the free encyclopedia
A orella (do diminutivo latino de auris, auricula[1]) ( pronunciación (axuda · info)) é a parte visible do órgano do sentido do oído, e está formada polo pavillón auricular ou pavillón auditivo externo que, canda o conduto auditivo externo, constitúe o chamado oído externo.
É unha estrutura cartilaxinosa (composta por cartilaxe e pel) que ten como función captar as vibracións sonoras e dirixilas cara ao interior do oído.
Moitos animais son capaces de mover a vontade o pavillón auricular cara a dirección da que procede o son (por exemplo, os cans). En cambio, a orella humana é moito menos direccional, pois non posuímos este control voluntario sobre a súa orientación.
Na especie humana, é unha lámina pregada sobre ela mesma en diverso sentidos, oval, cunha grosa extremidade superior, e tendo no seu conxunto aparencia dunha corneta acústica.
O pavillón ten un esqueleto de cartilaxe elástica que lle permite volver á súa posición normal despois dunha deformación. Cuberto de pel, non existe tecido celular subcutáneo. A parte inferior é o lobo (ou lóbulo) da orella, na que a parte central é adiposa, pouco innervada e ricamente vascularizada.
As partes que se distinguen na orella humana son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.