mamífero carnívoro doméstico da familia Canidae From Wikipedia, the free encyclopedia
O can (Canis lupus familiaris) é un mamífero carnívoro que pertence á familia Canidae, ao igual que os lobos, raposos e coiotes. En xeral, o termo 'can' emprégase para referirse á raza doméstica (Canis familiaris), a cal crese que descende dun antergo similar ó lobo, segundo distintos indicios, a secuencia do ADN e outros estudos xenéticos.[2]. Con todo, algúns científicos sosteñen que o can é unha subespecie de lobo.
Can Rango fósil: Plistoceno – Actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Labrador retriever, a raza máis rexistrada no 2009 polo American Kennel Club | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Domesticado | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Canis lupus familiaris[1] | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Sinonimia de especies
|
As probas arqueolóxicas demostran que o can estivo en convivencia próxima cos humanos desde hai polo menos 9.000 anos, pero posiblemente desde hai 14.000 anos.[3] As probas fósiles demostran que os antepasados dos cans modernos xa estaban asociados cos humanos hai 100.000 anos.[4] Neste tempo o can desenvolveu diferentes razas que poden variar moito en tamaño e cor. Por exemplo, están os cans chihuahuas, que miden apenas unhas polgadas, en oposición aos grandes cans San Bernardo ou ao mastín. As cores dos cans varían de branco a negro, con vermello, café ou gris. De igual xeito que os humanos, son unha especie moi sociable e cazan en grupo.
A media de vida é de 12 anos, cada ano do can semella uns sete anos humanos, aínda que non é unha fórmula exacta.
Os sentidos máis desenvoltos nos cans son o olfacto e o oído, sendo estes utilizados polo ser humano de moitas maneiras, tanto na caza como na detección de certos elementos como drogas ou mesmo persoas.
O campo de audibilidade dos cans é de aproximadamente de 40 a 60.000 Hz, detectan sons tan graves coma 16–20 Hz (en contraste co 20–70 Hz que detecta o oído humano) e tamén tan agudos coma sons de 45 KHz (polos 13-20 KHz do ser humano), ademais teñen un grao de mobilidade da orella tan elevado que lles permite determinar rapidamente a fonte exacta dun son. Esta mobilidade está determinada polos dezaoito ou máis músculos que permiten o seu movemento. Porén, os cánidos silvestres, coma os raposos ou os cans cunha forma da orella máis natural xeralmente escoitan moito mellor que os cans cunhas orellas máis flexíbeis, típicos das razas domésticas.
O cerebro canino está dominado principalmente por unha gran codia olfactiva, o tamaño relativo do bulbo olfactivo con respecto ao tamaño total do cerebro é unhas corenta veces maior que no caso do ser humano. Dependendo da raza os cans teñen entre 125 e 220 millóns de células olfactivas estendidas nunha superficie do tamaño dun pano de peto, no caso dos cans de raza Bloodhound o animal pode contar con aproximadamente 300 millóns de receptores olfactivos.
Os cans poden distinguir olores en concentracións case cen millóns de veces inferiores que as que poden distinguir os humanos.
De tódolos sentidos o do gusto é o que menos se ten estudado nos cans, relacionándoo moitas veces co do olfacto. Os cans poden diferenciar os sabores básicos dunha maneira similar aos humanos, porén case non distinguen o sabor salgado.
As apetencias en canto a sabores poden diferir moito dun can a outro, xa que se cre que non escollen a comida en función do gusto senón da súa intensidade, sabor forte ou sabor suave.
Ao igual que moitos outros animais, os cans teñen a capacidade de asociar determinados sabores cos problemas de saúde, así se un alimento os fai enfermar ou fai que se atopen mal no futuro evitarán o sabor deste alimento. Este é un mecanismo instintivo de defensa, que protexe ao animal de envelenarse pola inxestión frecuente de substancias tóxicas.
Os cans son apreciados pola súa intelixencia.[5] Esta refírese á habilidade dun can de procesar a inormación que recibe a través dos seus sentidos para aprender, adaptarse e resolver problemas. A etoloxía cognitiva é a disciplina que se encarga de estudar esta área dentro da cognición animal.
Algúns estudos de antropoloxía evolutiva céntranse tamén na identificación das capacidades cognitivas especiais que o can posúe, e que desenvolveu debido ao seu estreito contacto co ser humano; como é a habilidade de recoñecer un vocabulario extenso. Nun exercicio para observar o seu nivel de comprensión pasivo do vocabulario humano, pediuse a un humano sentado detrás dunha barreira transparente que sostivese un xoguete e, con voz monótona, lle dese ao can a orde «trae» (bring). O can dirixiuse a un círculo onde estaban dispersos obxectos diferentes —dende un xoguete exactamente igual ao que o humano solicitou, ata outro tipo de cousas con texturas e olores diferentes—, o animal observou por un momento o círculo de obxectos para dirixirse a coller o xoguete exacto que se lle pedira e despois presentarllo ao humano. Tamén se lle pediu que trouxese determinados obxectos empregando só a fotografía ou réplica en miniatura do oxecto. O estudo foi complementado con dúas condicións de control adicionais para evitar que o animal actuase por preferencias preestablecidas. O exemplar empregado, un Border collie, puido recoñecer ata 200 palabras do vocabulario humano.[6]
A habilidade de aprender rápido foi empregada como un dos parámetros para medir a intelixencia entre as razas caninas, outras probas teñen que ver co desexo e a habilidade de responder ante diversas situacións. Os cans guías, por exemplo, deben de aprender un número enorme de ordes, entender como comportarse nunha gran variedade de situacións e recoñecer riscos ou perigos para o seu compañeiro humano —fronte a algún dos que nunca se enfrontaron con anterioridade—, actuando mesmo baixo o comportamento coñecido como desobediencia intelixente que significa que o animal de asistencia irá en contra do desexo do seu dono para evitar unha equivocada.[7][8]
Certas razas foron continuamente seleccionadas ao longo de centos ou de miles de anos pola súa capacidade de aprendizaxe rápida, mentres que noutras razas, esta calidade foi relegada en favor doutras características, como son: a habilidade de correr, perseguir, cazar ou pelexar con outros animais. Non obstante, a capacidade de aprender obediencia básica e eventualmente comportamentos complexos é inherente en todos os cans. Mesmo o can máis tímido ou distraído responde máis facilmente ao adestramento que, por exemplo, un gato. Os propietarios deben de ser simplemente máis pacientes con algunhas razas que con outras.
Tamén nos cans, o termo socialización emprégase para caracterizar o proceso polo que o animal se relaciona coa súa contorna, coñece as súas regras, entende a estrutura social e percibe os límites. Os cans novos adoitan aprender rapidamente como comportarse con outros membros do grupo, xa sexan cans ou humanos. Os cans adultos modelan os seus cachorros mediante correccións (auditivas ou físicas) cando non se comportan da forma esperada, e con premios se teñen comportamentos aceptables (xogando con eles, alimentándoos, limpándoos...).
O proceso de socialización lévase a cabo especialmente de xeito intenso durante os primeiros meses de vida, e a primeira etapa esténdese aproximadamente dende a terceira ata a décimo segunda semana de vida, tempo en que se basea a maduración dos órganos sensoriais e o desenvolvemento das habilidades motoras.[9]
Cando son cachorros deberán experimentar:
Un can ben socializado aprende a estar tranquilo e receptivo á hora de facer fronte aos estraños, aos nenos, a outras mascotas e a situacións non previstas. O desenvolvemento futuro de cada can está determinado principalmente pola súa socialización e educación. Cans mal socializados terán dificultades para adaptarse á súa contorna e tenderán a presentar condutas e actitudes temerosas ou agresivas, xunto con outros trastornos do comportamento.[9] Os procesos de socialización que non se producen nas primeiras catorce semanas de vida non poden ser substituídos. Un cachorro sen socialización con catorce semanas de vida será moi difícil de educar e/ou adestrar.[9] En que medida se traduce isto en trastornos da conduta dependerá da avaliación do can de xeito individual.[9]
Debido a que son animais con tendencia a empregar goridas no momento do parto e para criar os seus cachorros, poden aprender facilmente comportamentos como manter o seu lugar limpo e aceptar estar nunha área pechada como é o caso dunha gaiola temporal para o transporte ou outro lugar cercado.
Os trastornos da conduta canina clasifícanse en tres tipos:
Segundo a tese de zoopsiquiatría desenvolvida por Patrick Pageat:
Cómpre sinalar tamén que moitas dos malos costumes son a mostra de comportamentos desenvolvidos por razóns tales como falta de actividade (como pode ser camiñadas ou deportes caninos), ausencia de socialización, disciplina, adestramento ou educación irresponsable por parte dos propios donos.
Un estudo feito en Budapest, Hungría, descubriu que os cans son capaces de saber o tamaño doutro can só con escoitar o seu gruñido. Tamén que un gruñido específico se emprega para protexer a súa comida. A investigación amosou que os cans non menten sobre o seu tamaño, e foi a primeira vez que unha investigación puxo de manifesto que os animais poden determinar o tamaño doutro polo son que producen. A proba utilizou imaxes de moitos tipos de cans, mostrando un can pequeno, despois un grande e reproducindo o gruñido de cada tipo. O resultado demostrou que vinte dos 24 cans do esnaio miraban primeiro a imaxe do can de tamaño apropiado durante os períodos máis longos de tempo.[11]
Hai numerosas razas de cans, as organizacións cinolóxicas recoñecen máis de 400.[12][13] Moitos cans, especialmente fóra dos Estados Unidos e de Europa occidental, non pertencen a ningunha raza recoñecida. Uns cantos tipos de can básicos evolucionaron gradualmente durante a relación do can doméstico cos humanos ao longo dos últimos 10 000 anos ou máis pero todas as razas modernas teñen unha orixe relativamente moderna. Moitas delas son o resultado dun proceso deliberado de selección artificial como no caso dos terriers ou dos schnauzers. Debido a isto, algunhas razas están altamente especializadas e hai unha diversidade morfolóxica extraordinaria entre razas diferentes. A pesar destas diferenzas, os cans son quen de distinguir os outros cans doutros tipos de animal.
A definición do que é unha raza de can é tema dunha certa polémica. Dependendo do tamaño da poboación fundadora orixinal, as razas cun acervo xénico reducido poden ter problemas de consanguinidade, concretamente debido ao efecto fundador. Os criadores de cans toman cada vez máis conciencia da importancia da xenética de poboacións e de manter patrimonios xénicos diversos. As probas de saúde e ADN poden contribuír a evitaren problemas, ofrecendo un substituto da selección natural. Sen selección, os patrimonios xénicos consanguíneos ou pechados poden aumentar o risco de graves problemas de saúde ou de comportamento. Algunhas organizacións definen unha raza menos estritamente, de modo que un exemplar pode ser considerado dunha raza sempre que o 75% da súa ascendencia sexa desta raza. Estas consideracións afectan tanto aos animais de compaña coma ós cans que participan en exposicións caninas. Incluso cans con pedigree que foron premiados sofren de defectos xenéticos debido ao efecto fundador ou consanguinidade.[14] Estes problemas non se limitan aos cans de pedigree e poden afectar a exemplares cruzados. Pódese predicir en certa medida o comportamento e a aparencia dun can dunha raza determinada, mentres que os cruzamentos presentan un abano máis amplo de aparencia e comportamento innovadores.
Os cans mestizos son aqueles que non pertencen a ningunha raza determinada, senón que teñen ascendencia de diferentes razas. Tanto os cans de pedigree coma os cruzados son aptos como animais de compaña, cans de carga ou competidores en deportes cinófilos. Ás veces se cruzan deliberadamente cans de dúas razas diferentes para crear unha raza cruzada como o Cockapoo, que é unha mestura de cocker spaniel e caniche en miniatura. Estes cruzamentos deliberados poden presentar un certo grao de vigor híbrido e outras características desexables, pero non é seguro que herden características desexables dos seus pais, como o temperamento ou unha determinada cor ou pelaxe. Se non se fan probas xenéticas aos pais, os cruzamentos poden acabar herdando defectos xenéticos presentes nas dúas razas parentes.
Unha raza é un grupo de animais que ten un conxunto de características herdadas que os distinguen doutros animais da mesma especie. O cruzamento deliberado de dúas ou máis razas tamén é unha maneira de crear novas razas, pero só será unha raza cando os descendentes presenten de forma fiable este conxunto de características e cualidades.
A Federación Cinolóxica Internacional (FCI) clasifica os cans en dez grupos de razas[15] considerando "os cans que realizan o mesmo tipo de traballo ou que teñan a mesma aparencia, a fin de que os cinófilos poidan ter mecanismos facilitados para julgar a estrutura e dinámica dos exemplares de cans presentados en exposicións de beleza e, fundamentalmente, organizar aquelas razas que, con particularidades e utilidades similares, sexan facilmente identificadas pola sua función":[16][17]
|
|
|
|
|
|
A seguinte lista está baseada na relación de razas de cans potencialmente perigosas elaborada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia:[18]
|
|
|
Tamén son considerados cans potencialmente perigosas os cruzamentos en primeira xeración destas razas entre si ou cruzamentos destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente enumeradas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.