Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mammal Species of the World (MSW) (en galego, Especies de mamíferos do mundo) é unha publicación científica de referencia taxonómica no ámbito da zooloxía, hoxe considerada oficial por varias entidades científicas, como a estadounidense American Society of Mammalogists (Sociedade Americana de Mastozoólogos), e utilizada como base en diversas publicacións científicas.
Tres edicións foron xa publicadas (1982, 1993, 2005), mostrando a evolución da taxonomía das especies mundiais coñecidas de mamíferos, proporcionando tamén datos bibliográficos.[1]
Editado por D. E. Wilson e D. M. Reeder, o repertorio publícase en Baltimore, Maryland, EUA pola Universidade Johns Hopkins.
Desde 2008 proporciona o seu contido actualizado nunha páxina web e preséntase como estándar para as especies de mamíferos do mundo.
Son 29 as ordes recoñecidos dentro da clasificación taxonómica por MSW:[1]
Como vemos, non se admite a nova orde dos Cetartiodactyla, que moitos autores si recoñecen, e que foi creado en 1977 por Montgelard, Catzeflis e Douzery.[2]
O World Register of Marine Species dálle aos Cetartiodactyla a categoría de orde, polo que habería que considerar os Cetacea e os Artiodactyla como subordes.[2]
Pola súa parte, na Animal Diversity Web outorgan a este grupo ou clado a categoría de superorde, incluíndo as ordes dos cetáceos e os artiodáctilos.[3]
Ano | Número de especies |
---|---|
1982 | |
1993 | |
2005 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.