From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cetartiodáctilos (Cetartiodactyla) son un clado de mamíferos placentarios que reúne as antigas ordes dos cetáceos (Cetacea) e dos artiodáctilos (Artiodactyla).
Cetartiodáctilos Cetartiodactyla | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un xibardo saltando sobre a auga
| |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Ordes | |||||||||||||||
|
Os cetáceos son os golfiños, baleas e semellantes. Os artiodáctilos identifícanse cos animais ungulados de pezuños fendidos, como os camelos, as vacas, os cervos, o porcos e os hipopótamos, entre outros.
O clado contén os seguientes taxons, que figuran aquí coa categoría que recibiron clasicamente:
Durante moito tempo, a hipótese dominante sobre a orixe dos cetáceos situábaos nos mesoniquios (Mesonychia), unha orde extinta de ungulados carnívoros estreitamente emparentados cos artiodáctilos.
Fósiles recentes encontrados en Paquistán e asignados aos xéneros Pakicetus e Ambulocetus, viñeron a confirmar que os cetáceos evolucionaron a partir de artiodáctilos, cando estes xa se diferenciatan dos seus antepasados mesoniquios.
Os primeiros indicios desta relación xurdiron contra 1990, pola comparación de moléculas e xenes entre mamíferos actuais. As probas dun parentesco específico cos hipopótamos, que son artiodáctilos, non son, porén, concluíntes. En calquera caso, os hipopótamos ofrecen unha imaxe aproximada de como deberon ser as primeiras formas dos cetáceos. O cladograma seguinte mostra estas supostas relacións:[3]
Cetartiodactyla |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O seguinte cladograma baséase na análise de Gatesy et al. de 2013, e tan só difire do anterior no seguinte:[4]
Ruminantia |
| ||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.