Súidos
familia de mamíferos que inclúe o porco doméstico From Wikipedia, the free encyclopedia
familia de mamíferos que inclúe o porco doméstico From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos súidos[2] (Suidae) é unha familia de mamíferos artiodáctilos da suborde dos suínos na que se inclúen o porco doméstico, o xabaril e os seus parentes máis próximos.
Súidos Suidae Rango fósil: oligoceno - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Potamochoerus porcus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Comprende 6 xéneros viventes cun total de 19 especies, todas elas distribuídas orixinariamente en Eurasia e África, aínda que Sus scrofa foi introducido nos Estados Unidos, Australia e varias illas oceánicas tanto na súa forma doméstica como na salvaxe.
Trátase de ungulados non ruminantes de alimentación omnívora e características primitivas.
Os seus parentes máis achegados son os pecarís americanos (familia dos Tayassuidae) que, canda eles, constitúen a suborde dos suínos.
Os súidos son animais de tamaño mediano e corpo xeralmente robusto, en forma de forma de barril. A pel é grosa e lixeramente pilosa. A lonxitude de cabeza e tronco varía entre os 50 cm aos 2 m, e o peso dos adultos pode chegar aos 350 kg. Os ollos son xeralmente pequenos en relación ao tamaño da cabeza, e as orellas son relativamente pequenas e rematadas en punta. O cranio é longo e ten un perfil plano.
Unha das características máis notábeis dos súídos é o fociño, moi móbil, rematado no seu extremo nun disco cartilaxinoso onde se abren as fosas nasais. Esta estrutura está apoiada nun óso prenasal situado debaixo dos ósos nasais.
Os dentes caninos, de crecemento continuo, medran para formaren grandes cairos curvados cara ao exterior.
Os únicos dedos funcionais para a locomoción son os dous centrais, rematados en pezuños.
Os súidos son omnívoros, e a súa dieta inclúe fungos, follas, raíces, bulbos, tubérculos, froitos, caracois, lesmas, vermes, pequenos vertebrados, ovos e preas.
Usan o seu musculoso e flexíbel fociño e as patas dianteiras para escavar no solo.
O estómago componse dunha cámara que superiormente presenta o divertículo gástrico.
A maioría das especies son gregarias.
Un lugar común sobre os porcos é que comen máis do que necesitan, pero isto é falso. Outro lugar común, esta vez verdadeiro, é a afección destes animais aos baños de lodo.
Os porcos e os xabarís foron introducidos polos seres humanos nun gran número de lugares. Desgraciadamente, nalgunhas zonas causaron danos considerábeis ao medio ambiente debido á súa constante busca de alimento, e outros levaron algunhas enfermidades que poden transmitirse ás persoas.
Os súidos, historicamente, estaban presentes en toda Eurasia, até as Filipinas, e en África. O home introduciu Sus scrofa, especie da que deriva o porco doméstico, en moitos lugares do planeta, entre eles en Norteamérica, Nova Zelandia e Nova Guinea.
A familia foi descrita en 1821 polo zoólogo británico John Edward Gray, na súa obra "On the natural arrangement of vertebrose animals", publicada en The London Medical Repository Monthly Journal and Review 15: 296-310.[1]
Na actualidade, segundo Wilson & Reeder, recoñécense na familia tres subfamiliass que agrupan a seis xéneros con dez especies:[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.