From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos suínos (Suina), ou dos suiformes,[2] é unha suborde de mamíferos artiodáctilos que inclúe os porcos (en sentido amplo) e os pecarís.
Suínos Suina Rango fósil: oligoceno [1] - actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Potamochoerus porcus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
A anatomía dos suinos é diferente da doutros artiodáctilos. Por exemplo, teñen dentes no seu maxilar superior, o cal lles permite mastigar adecuadamente a comida.
Polo contrario, outros artiodáctilos como as vacas, as cabras e os cervos, posúen dentes frontais só no maxilar inferior, o que non lles permite mastigar adecuadamente, polo que tragan e, dcespois, regurxitan a comida para permitir a rumia.
Moitos artiodáctilos posúen un estómago de catro cámaras (os ruminantes), e outros en tres (os tilópodos). En cambio os suinos teñen un estómago simple que lles permite dixsdriri unha dieta omnívora.
Como outros artiodáctilos, os Suina posúen pezuños nos seus dedos.
Aínda que moitos artiodáctilos teñen as patas longas e delgadas, as dos membros deste grupo son curtas e robustas.
A suborde dos Suina comprende as familias dos súidos (Suidae), os porcos, e dos taiasúidos (Tayassuidae), os pecarís.
Algúns estudos morfolóxicos antigos tamén situaron aos hipopótamos (familia Hippopotamidae) entre os Suina.[2]
Así mesmo, os oreodontes (Merycoidodontidae), unha rama dos tilópodos, foron frecuentemente considerados como suínos debido á súa descrición popular, aínda que incorrecta, de "porcos ruminantes". Os oreodontes non son suínos; de feito, eran parentes achegados dos camelos. De maneira similar, os entelodontes foron clasificados durante moito tempo como membros dos Suina. Spaulding et al., porén, determinaron que estaban máis emparentados coas balenas que cos porcos, no seu clado cetancodontamorfos (Cetancodontamorpha).[3]
Os hipopótamos, como xa se mencionou, tamén foron considerados como parte de Suina, pero un crecente corpo de evidencias morfolóxicas e xenéticas suxeriron que comparten un antepasado común non cos suínos, senón coa orde dos cetáceos. Hoxe, os cetáceos e os artiodáctilos forman un clado chamado cetartiodácilos (Cetartiodactyla).[4]
Cetartiodactyla |
| ||||||||||||||||||||||||
As máis recentes investigacións sobre as orixes dos hipopótamos suxiren que estes e as baleas compartiron un hipotético antepasado semiacuático común, que se separou doutros artiodáctilos hai cerca de 60 millóns de anos.[5] Os descendentes deste antepasado hipotético probabelmente diverxerion en dúas ramas hai cerca de 54 millóns de anos.[6] Unha rama tería evolucionado dando lugas aos cetáceos, posibelmente iniciando esta evolución coa protobalea Pakicetus, hai uns 52 millóns de anos, así como outras baleas primitivas coñecidas como arqueocetos (Archaeoceti), as cales derivarían finalmete nos cetáceos acuáticos da actualidade.[4]
Segundo o NCBI:
Segundo outras fontes:
Os taxa intermedios arriba citados non son recoñecidos por Mammal Species of the World,[7] nin polo SIIT,[8] que sitúan as familias directamente baixo os artiodáctilos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.