From Wikipedia, the free encyclopedia
Potamochoerus larvatus é unha especie de mamífero súido africano, unha das dúas especies do xénero Potamochoerus, xeralmente chamados potamóqueros.[2]
Os adultos miden de 66 a 100 cm de alto e pesan de 55 a 150 kg.[3] Aseméllanse ao porco doméstico, e poden ser identificados polo seu fociño, ollos pequenos, orellas peludas e dedos dobrados. A súa cor varía desde marrón avermellado a marrón escuro e volvese máis escuro coa idade. Ambos os sexos teñen unha melena de cor máis clara que se ergue cando o animal se altera. As partes superiores da face e das orellas tamén son de cor máis clara. Os seus cairos afiados son bastante curtos e pouco visibles. A diferenza dos facóceros (Phacochoerus), corren co rabo cara a abaixo. Os machos son xeralmente máis grandes que as femias.
Adoitan vivir en grupos de 12 individuos e son animais nocturnos.
Son omnívoros e a súa dieta inclúe raíces, cultivos ou prea, así como años neonatos. Gruñen suavemente mentres se alimentan e emiten un gruñido longo e resoante como chamada de alarma. Son unha molestia significativa nas rexións agrícolas do sur de África, e cázanse bastante. Porén, a súa poboación nas zonas agrícolas segue crecendo malia os esforzos de caza, debido ao terreo en gran parte innaccesible onde viven, a abundancia de alimentos, falta de depredadores e á súa rápida capacidade de adaptación aos métodos de caza.
Distribúese nunha ampla área, que comprende Etiopía, Somalia, sueste da República Democrática do Congo e cara ao sur ata Suráfrica (ver mapa).[3] Tamén os hai en Madagascar e posiblemente no arquipélago das Comores. Non se sabe como chegou a estas illas, pero seguramente foi levado alí polos seres humanos, probablemente despois dun período de domesticación.[4]
Recoñéncense seis subespecies:[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.