Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Johns Hopkins University Press, tamén coñecida como JHU Press ou JHUP, é a división editorial da Universidade Johns Hopkins. Foi fundada en 1878 e é a editorial universitaria de funcionamento continuo máis antiga dos Estados Unidos.[1][2]
Johns Hopkins University Press | |
---|---|
Fundación | 1878 |
Matriz | Johns Hopkins University |
Localización | Baltimore, Maryland, USA |
Fundador | Daniel Coit Gilman |
Industria | Editorial |
Produtos | Libros, revistas, bases de datos electrónicas |
Na rede | |
http://www.press.jhu.edu e https://www.press.jhu.edu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Publica libros, revistas e bases de datos electrónicas. Tendo en conta todos os recursos publicados é unha das editoriais universitarias máis grandes dos Estados Unidos.
A súa sede está na zona de Charles Village, en Baltimore, Maryland.
Daniel Coit Gilman, o primeiro presidente da Universidade Johns Hopkins, inaugurou a editorial en 1878,[3] que comezou a funcionar como a axencia de publicacións da universidade. As súas actividades na prensa científica comezaron co lanzamento do American Journal of Mathematics no seu primeiro ano, e do American Chemical Journal no segundo. A axencia publicou o seu primeiro libro en 1881, Sidney Lanier: A Memorial Tribute, en honor ao poeta que foi un dos primeiros escritores residentes da universidade. En 1891, a axencia converteuse na Johns Hopkins Press e, desde 1972, coñécese como a Johns Hopkins University Press.
Despois de varios movementos dentro e fóra do Campus Homewood, o principal centro académico e administrativo da universidade, a editorial adquiriu unha sede permanente en 1993, nunha antiga igrexa reformada situada no barrio de Charles Village en Baltimore. A estrutura de granito e ladrillo, construída en 1897, era a igrexa católica dos santos Filipe e Santiago, e agora alberga nos seus cinco andares as oficinas da editorial. Nos seus máis de cen anos de publicacións académicas, a editorial tivo unicamente seis directores: Nicolás Murray (1878-1908), Christian W. Dittus (1908-1948), Harold E. Ingle (1948-1974), Jack G. Goellner (1974-1996), Willis G. Regier (1996-1998), James D. Jordan (1998-2003) e Kathleen Keane (2003– ).
A JHU Press publica 65 revistas científicas e máis de 200 novos libros cada ano. Desde 1993 promove o proxecto MUSE, un provedor en liña de máis de 550 revistas académicas e máis de 20.000 libros electrónicos.
A editorial ten tres divisións:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.